Skip to Content

Club de lectura 2º Trimestre

Este trimestre, seguimos avanzando co noso club de lectura, lendo libros novos en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

En 3º lemos o libro ‘Rapunzel con piollos’, escrito polo Hematocrítico, un famoso escritor coruñés. Esta historia pareceunos moi entretida e divertida, xa que colle un conto clásico para darnos una perspectiva nova sobre os problemas da princesa. Neste conto aparecen distintos personaxes de contos clásicos tratando de solucionar o problema de Rapunzel, así que nos animámonos a pensar como o farían os nosos personaxes de series, películas e videoxogos favoritos.

 

En 4º de Primaria lemos o libro ‘Agus y los Monstruos: Llega el Sr Flat’’, o primeiro dunha saga de libros. Nesta historia coñecemos a Agus, un neno moi normal que descobre o amor pola lectura gracias ao Sr Flat, un monstruo que chega a súa vida por sorpresa. Por isto mesmo, quixemos investigar un pouco mais acerca do autor e da ilustradora, Jaume Copons y Liliana Fortuny. Por isto, vimos un video que nos enviaron os mesmos autores, xogamos ao xogos da súa páxina web e decidimos participar no concurso de monstruos da saga. Desexádenos moita sorte!

 

En 5º de Primaria o libro escollido foi ‘’Contos por teléfono’’ do autor Gianni Rodari. Este libro, de historias curtas, sen relación entre elas e moi divertidas suscitou diversas opinións entre os estudantes, xa que a moitos nenos/as gustoulles, pero outros non conseguiron engancharse. A actividade que fixemos, creouna tamén o autor, Gianni Rodari, e chámase o binomio fantástico. Consiste en crear historias, usando dúas palabras que non teñan ningunha relación entre elas. As historias que creamos, por grupos, foron moi divertidas e despois de compartilas puidemos disfrutar dun pequeño premio pola nosa participación.

 

Finalmente, no curso de 6º de Primaria, adentrámonos no mundo dos mangas lendo o libro ‘Komi-San no puede comunicarse’. Esta historia fala de Komi, unha nena moi popular, pero que e incapaz de falar cos seus compañeiros/as debido ao medo escénico. Por isto, pide axuda a Tadano, que pouco a pouco consegue acercala ao resto. Esta historia, que reflexiona sobre a timidez, as dificultades e inseguridades para relacionarse entre os adolescentes, e as amizades mais alá dos roles sociais. Como actividade, este trimestre, fixemos uns marcapáxinas usando imaxes do manga por un lado, e o noso nome en xaponés polo outro.



story | by Dr. Radut