Solicitude servizo de comedor curso 2024/25
Publicada a Instrución 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de Xestión directa no curso escolar 2024-25, ábrese o prazo para que as familias que desexen solicitar servizo de comedor para o vindeiro curso presenten presencialmente ou por vía telemática (ao correo electrónico do centro) cuberto a solicitude e o anexo II que se achegan.
As persoas que non teñan posibilidade de imprimir na casa poden pasar a recoller os impresos en papel que estarán á súa disposición no vestíbulo do centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
instrución comedores | 419.71 KB |
anexoII-comedores.pdf | 114.42 KB |
Solicitude Comedor Escolar 2024-2025.docx_.pdf | 117.62 KB |