Skip to Content

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

Un ano máis o alumnado e profesorado do CPI O Cruce conmemoramos o día Internacional contra a violencia de xénero. A canción de Rozalem serviunos de fío conductor para reflexionar na titoría,en educación plásticae gravar este video que compartimos con todos e todas.

 

 

Anexo ao plan de continxencia ante peches de aulas ou do centro no contexto da COVID

Publicamos o anexo ao plan de continxencia que inclúe os horarios do centro para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas, ou do propio centro, como consecuencia da pandemia da COVID-19 de ser o caso.

Participamos na Maker Faire Galicia co proxecto Erasmus+ Ocean Connections

Mañá, 20 de novembro, participaremos xunto co CESGA, na xornada adicada a educación da Maker Faire Galicia 2020 co noso proxecto europeo Erasmus+ Ocean Connections.

Ao longo do día faremos varias conexións en directo para explicar pormenorizadamente o desenvolvemento do proxecto e os seus resultados, non o perdades!

Máis información | Ocean Connections e Maker Faire Galicia

Titorial acceso aulavirtual

III Maratón de astropartículas en Cerceda

O xoves 15 de outubro celebrouse no CPI O Cruce a III Maratón de Astropartículas, organizada pola profesora M. Dolores R. Frías da Universidade de Alcalá de Henares e cofinancidada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT), con ponencias de Ramón Iglesias Marzoa, do observatorio astronómico de Javalambre en Teruel; Mario Gómez profesor na Universidade de Huelva e Luis del Peral profesor na Universidade de Alcalá de Henares.

Máis infor e fotos | Club de Ciencia, La Voz de Galicia e FECyT

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

  • Actualización setembro: está publicada a resolución de fondo libros de ESO. Pódese consultar a través da aplicación ou en versión impresa no taboleiro do interior do centro. 


  • Recordamos que para 1º e 2º ESO non hai que comprar libros, o centro presta os necesarios. O centro tamén conta con libros de 3º ESO para préstamo ademais dos concedidos oficialmente, polo que se recomenda agardar ao inicio das clases para mercalos.

 

Achégase, no ficheiro adxunto, a información relacionada coa publicación das listaxes do fondo solidario de libros de texto e coas datas de entrega dos vales de axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar, para Educación primaria e secundaria.

Máis información | Fondo Libros

Modelo Declaración Responsable para descarga

Distribuir contido


by Dr. Radut