Skip to Content

Curso SVB e DEA no CPI Plurilingüe O Cruce

O pasado luns 20 de marzo o profesorado do CPI Plurlingüe O Cruce participou nun curso de soporte vital básico e uso de desfibrilador externo automático organizado polo Concello de Cerceda no centro. Unha formación moi interesante para estar preparados no caso de ter que actuar ante unha emerxencia.

POÑENDO EN VALOR O NOSO

Para completar os traballos realizados polo alumnado de 2ºB hoxe percorremos Cerceda na procura de máis información sobre Sogama, os cruceiros do concello, o carballo gordo e o río Lengüelle.

Comezamos por visitar as instalacións de Sogama, onde nos concienciaron sobre a necesidade da reducir, reciclar e reutilizar.

A continuación iniciamos un roteiro polos cruceiros do concello comezando polas Encrobas, seguindo por Meirama, Cerceda, Queixas, Xesteda e Rodís. Desgraciadamente, por problemas de horario tivemos que deixar de visitar os da Silva.

Tamén por problemas, pero neste caso mecánicos, non puidemos achegarnos ao carballo gordo de Cerdeira.

Por último, completamos o día percorrendo a Vía verde dende a estación de Fosado (Ordes) ata a de Xesteda (Cerceda).

Un día longo pero diferente no que aprendemos moito.

La Chandeleur

Le tour du monde de Nellie Bly

O alumnado de francés de 3º e 4º de ESO asistiu o pasado 28 de febreiro á obra de teatro "Le tour du monde de Nellie Bly", no Centro Cívico Os Mallos na Coruña.

A obra está baseada na historia orixinal A volta ó mundo en 80 días de Xulio Verne (Jules Verne) e foi en francés (70%) e en español (30%).

 

 

Podcast do 8M Día da Muller

Co gallo da celebración do Día da Muller, o vindeiro mércores 8 de marzo, o equipo de biblioteca do centro entrevistou na radio escolar do CPI Plurilingüe O Cruce a dúas mulleres de Cerceda: María e Marta de edades diferentes. Falaron de estudos, traballo, sociedade no seu conxunto... reflexionando sobre os tempos de antes e os de agora no día a día das mulleres, esperamos que vos guste e que sirva como punto de partida de bos debates o podcast que elaboraron e que compartimos a continuación:

Grazas ao equipo de biblioteca polo seu traballo e a Marta e María por visitar a nosa radio e por compartir con nós as súas vivencias.

Simulador de voo de Polos Creativos para celebrar o Entroido

 

No marco do programa Polos Creativos, o venres 17 de febreiro, antes do Entroido, organizouse unha actividade de simulación de voo con croma coa colaboración de alumnado de 1º ESO do Club de Ciencia. Pasámolo pipa!

Premio para o alumnado de 3º ESO no concurso escolar sobre RCP do Colexio Oficial de Médicos

Premio RCP

No día de hoxe o alumnado de 3º ESO recibiu na Cidade de Cultura un premio pola súa participación no concurso escolar sobre reanimación cardiopulmonar do Colexio Oficial de Médicos. Os centros premiados foron xunto co noso, Centro Público Integrado CPI O Cruce, o instituto IES Perdouro de Burela, o colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e o colexio CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros. 

Distribuir contido


by Dr. Radut