Skip to Content

De Cerceda ao Parlamento Europeo. O Cruce na CRTVG

Como sabedes a iniciativa do alumnado de 4º ESO para que as linguas cooficiais, catalán, euskera e galego, sexan recoñecidas como tales no Parlamento Europeo tivo moita repercusión mediática nestes días e moitos apoios traducidos en xa máis de 3000 sinaturas en Change.org.

Moitos foron os medios, de prensa escrita e de radio, que se fixeron eco da proposta e tamén a CRTVG veu ao centro a gravar unha reportaxe para saber máis do papel de alumnas e alumnos como embaixadoras e embaixadores do Parlamento Europeo e da iniciativa das linguas cooficiais en particular.  Podedes ver o vídeo completo premendo na imaxe sobre estas liñas.

Parabéns nenas e nenos, bo traballo!

Video de presentación do CPI O Cruce como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

Bo nadal e feliz 2021

Contos Samaín

Hecho con Padlet

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

Un ano máis o alumnado e profesorado do CPI O Cruce conmemoramos o día Internacional contra a violencia de xénero. A canción de Rozalem serviunos de fío conductor para reflexionar na titoría,en educación plásticae gravar este video que compartimos con todos e todas.

 

 

Anexo ao plan de continxencia ante peches de aulas ou do centro no contexto da COVID

Publicamos o anexo ao plan de continxencia que inclúe os horarios do centro para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas, ou do propio centro, como consecuencia da pandemia da COVID-19 de ser o caso.

Distribuir contido


by Dr. Radut