Skip to Content

Saídas

1ª XORNADA EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

IMG-20230522-WA0022.jpg

Xa temos as primeiras imaxes da excursión de fin de curso de 6º de primaria no Grove. E, polo que podemos comprobar, estano a pasar de marabilla!

- Galería de fotos.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Mens sana in corpore sano

O noso alumnado de 5º e 6º de primaria, xunto con máis de 400 escolares da zona, tomarán as rúas do casco urbano da Estrada o vindeiro martes 25 de abril co gallo da celebración do Día da Educación Física na Rúa, unha iniciativa que naceu co fin de expoñerlle á sociedade os beneficios desta materia, dándolle visibilidade nos espazos públicos.

A proposta parte da Agrupación Deportiva Escola da Estrada, contando co apoio de todos os centros escolares do municipio, tanto de primaria como de secundaria.


A xornada comezará ás 11.00 e estenderase ata as 13.00 h.
Os centros escolares dividiranse por zonas, ocupando a praza do Concello, os xardíns municipais, a rúa Serafín Pazo e a rúa Calvo Sotelo, nas cales os escolares realizarán diferentes actividades deportivas.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

XORNADA DE BÁDMINTON

IMG-20230420-WA0032.jpg

O alumnado de 4º de primaria participou onte, 20 de abril, no pavillón Coto Ferreiro, nunha xornada de bádminton organizada pola Agrupación Deportiva Escola da Estrada, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA).

O alumnado de 5º de primaria colaborou na organización e arbitraxe do evento.

En total participaron uns 180 nenos e nenas de diferentes colexios do municipio, que utilizaron sete pistas de xogo. 

Ademais, agasalláronos con cadansúa camiseta de recordo deste animada mañá, na que o pasaron fenomenal.

- Galerías de fotos.

XORNADA DE PIRAGÜISMO

IMG-20230417-WA0008.jpg

O alumnado de 6º de primaria gozou hoxe, 17 de abril, dunha xornada de familiarización co piragüismo no encoro de Verducido (Pontevedra).

Navegaron en dragóns, embarcacións de vinte prazas cun tambor e un timonel que axudan a dirixir e coordinar o ritmo das paladas.

Esta actividade enmárcase no Plan de Vida Activa e Deportiva (PVAD) na modalidade de Xogade.

Botádelle un ollo ás fotos nas Galerías.

-Faro de Vigo.

-La Voz de Galicia.

TEATRO E PASEO POR SANTIAGO

IMG-20230413-WA0016.jpg

Onte, 12 de abril, o alumnado de infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria viaxou a Santiago de Compostela para asistir no auditorio Abanca ao espectáculo de Caramuxo Teatro Feo!, inspirado en O patiño feo de Hans Christian Andersen.

Unha pequena fábrica de parrulos de goma  produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, pero un día sae un diferente... Ao final, démonos conta de que todos os patiños de todas as cores son bonitos e válidos.

Feo! é un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia. Tamén obtivo o Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil.

Despois do teatro, tocou merendar na praza de Mazarelos e xogar na alameda de Santiago.

Mirase as fotos nas Galerías.

- FARO DE VIGO.

- VOZ DE GALICIA.

NINA NINETTE

IMG-20230322-WA0002.jpg

Este mércores, 22 de marzo, o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria asistiu a un espectáculo de danza moderna titulado Nina Ninette no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Tamén visitaron a Cidade da Cultura.

Tedes fotos da saída nas Galerías.

- Faro de Vigo.

VÍDEO DÍA DE ROSALÍA

Velaquí o vídeo do Día de Rosalía, que se acaba de facer público, gravado cunha cámara 360º.
Podedes velo xirando o móbil ou desprazando a imaxe cos dedos/rato para acceder así ás tomas que máis vos gusten.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA E Á CIDADE DA CULTURA

IMG-20230302-WA0012.jpg

Onte, 2 de marzo, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria viaxou a Santiago para asistir no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela ao concerto Minimozart, da Real Filharmonía de Galicia, e para visitar a Cidade da Cultura.

Pasaron un día xenial!

- Fotos.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

ATRANQUES NA BAÑA

IMG-20230215-WA0021.jpg

O mércores 15 de febreiro o noso alumnado trasladouse ao CPI San Vicente da Baña para amosar os Atranques dos Xenerais da Ulla, personaxes típicos do entroido da nosa zona. 

A cambio nós degustamos e axudamos na elaboración das súas famosísimas filloas da pedra. 

A intención era intercambiar cultura e tradicións das diferentes comarcas.

Foi un día xenial!

Ollade nas Galerías que ben o pasaron.

VÍDEO DE ROSALÍA NA PRAZA DO CONCELLO

Jacqui Reimóndez enseñando la coreografía al alumnado de primaria de los centros estradenses.   | // BERNABÉ/ BÁRBARA CUIÑA
 
Este venres, 10 de febreiro, todo o alumnado de primaria viaxou á Estrada para participar na gravación dun vídeo do Día de Rosalía organizado polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Por se alguén non coñece os vídeos que desde o concello levan facendo desde o 2016 para festexar o Día de Rosalía, deixámosvos un enlace onde poderedes velos todos:
Día de Rosalía ->  https://youtube.com/playlist?list=PL09qJadSQ9_cGbbth_BrPpEQAdcTsMe76
 
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración.
Distribuir contido


by Dr. Radut