Skip to Content

Blogue de admin

True true aterrando!

A programación de robots é unha das actividades que máis chaman a atención ao alumnado pois a tecnoloxía leva implícita motivación. Partindo desta premisa, esta semana iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de secuencias de programación cun interesantísimo kit de robots TRUE TRUE!

O alumnado de primaria atópase inmerso na exploración e aprendizaxe do funcionamento destes aparellos. Están resultando ser unha forma moi atractiva de achegar aos máis pequenos ao mundo da robótica e ademais, están poñendo a proba as súas habilidades de pensamento computacional, o que pode espertar neles capacidades, competencias e coñecementos que se afastan do estritamente curricular. Ademais resultan un xeito de aprender moi manipulativo e lúdico, que é o que máis nos gusta!!! Proximamente seguiremos vendo o que se lles ocorre facer con estes bechiños!

Hugo: Diversidade, convivencia e beleza

O pasado luns 11 de marzo o alumnado de Educación Primaria foi ao Auditorio de Ourense para ver a obra de teatro "Hugo" que aborda o trastorno do espectro autista na infancia dende a empatía e a sensibilidade, falando de diversidade, de convivencia e da beleza de ser diferentes.

Aprendemos que ser diferentes nos fai moi grandes! Ademais, compartimos novamente a xornada cos nosos compañeiros e compañeiras do CPI Laureano Prieto da Gudiña e pasámolo en grande! E que mellor xeito de convivir que construíndo relacións positivas e intereaccionando con outros nenos e nenas cos que pouco a pouco imos establecendo relacións de amizade.


Concurso De Recitado Poético: Rosalía sempre viva

O alumnado da clase de 1º e 2º de Educación Primaria participou no VIII Concurso De Recitado Poético “Rosalía sempre viva” convocado pola casa-museo de Manuel María. Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e de Manuel María.

Na primeira fase, que se levou a cabo no centro, resultaron gañadores Arón, David e Mía. Os tres seleccionados foron o pasado sábado 2 de marzo a Outeiro de Rei para participar na fase final. E aínda que a gañadora da fase final foi Daniela do CPI de Xanceda. Arón, David e Mía tamén o foron porque foron os protagonistas dunha xornada única na que brillaron con luz propia. Ademais tiveron a sorte de visitar a Casa Museo de Manuel María que é unha caixa de lembranzas tanto da súa persoa coma da súa obra. Puidemos ver os seus libros, as súas fotos, a súa maquina de escribir, unha colección de navallas...

Só nos queda agradecer a Arón, David e Mía e as súas familias a súa total colaboración para que a xornada decorrese con tanto éxito e que os/nos acompañaran con tanto agarimo, así como polo trato que nos dispensaron Antón e todas as persoas da casa-museo do poeta.

"Non hai barreira, pechadura nin parafuso que poida impoñer a liberdade da miña mente" Virxinia Woolf

Este mes na Biblioteca quixemos aproveitar o recuncho de recomendacións de Toni para conmemorar o 8M, o día internacional da Muller. Por iso, este mes, podemos atopar nestes andeis libros sobre mulleres valentes e fortes da historia que no seu día, por mor das desigualdades, non foron recoñecidos os seus logros e traballos como se debería.

Tamén queremos igualmente por en valor a todas as mulleres que están nas nosas vidas, nais, irmás, avoas, tías, amigas... para que se sigan sentindo orgullosas do que son, do que fan, e dos seus logros e obxectivos.

EXTRA! EXTRA!

Que paren as rotativas! o novo xornal "MINIREPORTEIROS DO NOSO" está en marcha, e os nosos xornalistas non paran de escribir artigos contándonos cousas sobre as novidades, acontecementos e celebracións da nosa escola e da contorna. Con motivo da Semana da Prensa, o alumnado está aprendendo moitas cousas sobre as noticias en soporte físico e dixital, e coa intención de recuperar neles o interese por este último, decidimos comezar a crear o noso propio xornal/revista, que esperemos podamos desfrutar todos proximamente.

Travelling by hot air balloon

Experimenting with watercolours is one of our favourite painting techniques. We can mix colours and create amazing effects. Last month we discovered many nice and important places in our hot air balloon journey around the world. Here are some pictures we made to represent them. We hope you like them!

 

 
 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 1 ao 20 de marzo de 2024, ámbolos dous incluídos para todo o alumnado que se matricula por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos/as que desexen cambiar de centro escolar sempre que existan prazas vacantes.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

-Solicitude Modelo ED550B-G asinado obrigatoriamente polos dous proxenitores.

-Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do alumno/a).

-Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

-Para acreditar o criterio  "Familia monoparental" deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas. 

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

Prazas vacantes curso 2024-2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 26 de febreiro celebramos o aniversario de Rosalía de Castro, escritora ilustre da nosa cultura galega, á que homenaxeamos con orgullo como muller valente, loitadora e icona da nosa tradición. Moitos dos seus poemas, ben coñecidos polos galegos e galegas, fan apoloxía á beleza da nosa terra, da nosa lingua e das nosas costumes.

Para recordala, este curso quixemos facer algo distinto en conxunto todo o centro. Os días anteriores a esta data, aprendemos a facer papel reciclado, como símbolo do amor que ela tiña pola natureza e os nosos bosques. Cada alumno fixo unha folla de papel, e logo unha rosa de papel vermella en homenaxe ao seu nome. Logo, nesas follas, escribimos anacos das súas verbas, e con todo iso, e aproveitando unha preciosa ilustración que nos fixo a artista Tania Solla, creamos un mural na entrada do centro.

Que vos parece o resultado? Nos estamos moi orgullosos/as do noso traballo, tanto como de ser herdeiros/as de Rosalía.

Menú marzo 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut