Skip to Content

Concurso De Recitado Poético: Rosalía sempre viva

O alumnado da clase de 1º e 2º de Educación Primaria participou no VIII Concurso De Recitado Poético “Rosalía sempre viva” convocado pola casa-museo de Manuel María. Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e de Manuel María.

Na primeira fase, que se levou a cabo no centro, resultaron gañadores Arón, David e Mía. Os tres seleccionados foron o pasado sábado 2 de marzo a Outeiro de Rei para participar na fase final. E aínda que a gañadora da fase final foi Daniela do CPI de Xanceda. Arón, David e Mía tamén o foron porque foron os protagonistas dunha xornada única na que brillaron con luz propia. Ademais tiveron a sorte de visitar a Casa Museo de Manuel María que é unha caixa de lembranzas tanto da súa persoa coma da súa obra. Puidemos ver os seus libros, as súas fotos, a súa maquina de escribir, unha colección de navallas...

Só nos queda agradecer a Arón, David e Mía e as súas familias a súa total colaboración para que a xornada decorrese con tanto éxito e que os/nos acompañaran con tanto agarimo, así como polo trato que nos dispensaron Antón e todas as persoas da casa-museo do poeta.

Agora, e para poñer o punto final a esta actividade, o vindeiro martes 12 de marzo, ás 14:45 o alumnado de 1º e 2º recitará no salón de actos do centro os poemas que prepararon de Rosalía de Castro e Manuel María. Toda a comunidade educativa do noso centro está convidada. Non vos podedes perder aos nosos virtuosos artistas!



blog | by Dr. Radut