Skip to Content

Blogue de admin

As mochilas xurásicas

O alumnado de 4º 5º e 6º de primaria recibiu esta semana unha mensaxe importantísima de Toni, a nosa mascota. Resulta que Toni está inmerso nunha viaxe interespacial, e está recrutando a lectores expertos para o seu club. Para lograr entrar nel, os nenos e nenas candidatos tiveron que superar unha serie de probas para adiviñar o primeiro libro no que deberán somerxerse. Seguiremos informando sobre as aventuras destes mozos e mozas!


Avaliación de diagnóstico: Cuestionarios de alumnado e familias

Estimada familia,
A súa filla vén de participar nas probas de avaliación de diagnóstico. No día de hoxe foille entregada unha carta dirixida a vostedes na que se solicita que respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias. Na carta indícase a páxina web: https://enquisas.edu.xunta.gal/649647 e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña. O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024. Para encher o cuestionario en liña, é preciso ter conexión a Internet e un dispositivo electrónico (ordenador, teléfono intelixente, tablet). Se o necesitan, o centro pon á súa disposición o equipamento informático necesario para cubrir o cuestionario. Ademais, se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar a súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través da súa filla. Moitas grazas pla súa colaboración.

Asturias, préstanos!

Comezamos o curso 23/24 cheos de ledicia, polos novos comezos e tamén, coa ilusión de que o noso alumnado de 6º se gradúe e remate o seu paso polo centro coa viaxe de fin de etapa que o noso centro leva organizando nos derradeiros anos.

Por iso, entre os días 2 e 5 de abril volvemos a Asturias! Para isto despedímonos cunha viaxe chea de emocións e novas amizades. Foron catro días moi emocionantes no que compartimos vivencias na marabillosa compañía dos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Con eles compartimos divertidísimos momentos e aventuras. Para compróbalo, non hai máis que ver os sorrisos na cara do alumnado e eses olliños brillando coa ilusión!

Momentos de gran valor non só a nivel pedagóxico senón tamén a nivel emocional que, agardamos queden sempre gravados nos corazóns e na memoria do alumnado ao que con moitísimo agarimo tentamos despedir. Esperamos que vos guste tanto coma a nós e vos transmita a mesma felicidade!

Aquí tedes unha pequena mostra.


Visita á cidade Herculina

O venres 12 de abril o alumnado de 4º 5º e 6º de Educación Primaria foi de excursión á Coruña.

Tocou madrugar moito pero pagou a pena! Primeiro visitamos SOGAMA, complexo medioambiental situado en Cerceda no que se xestionan e tratan os residuos urbanos producidos no territorio galego. Aquí, repasamos como reciclar correctamente ademais fixemos un xogo que superamos con nota!

Tamén fixemos unha visita pola planta cunhas gafas virtuais e percorremos en bus os diferentes espazos onde se realiza a separación dos residuos.
Para xantar visitamos a Torre de Hércules, onde gozamos dunhas fermosas vistas e dun día espectacular!

Á tarde visitamos o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). Un museo que ten diferentes espazos expositivos nos que puidemos ver a parte dianteira e o tren de aterraxe dun BOING 747, un acelerador de partículas, aparatos tecnolóxicos, instrumentos científicos e ata vehículos de transporte. Participamos nun obradoiro de química no que en pequenos grupos fixemos algúns experimentos.

Unha saída moi enriquecedora que compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP O Castiñeiro de Laza.

Tras un longo e divertidísimo día, emprendemos a viaxe de volta na que fixemos unha parada técnica para merendar. Foi unha xornada xenial!


Recuperando voces perdidas

A vindeira semana, con motivo da celebración da Semana do Libro, queremos celebrar un recitado de poemas virtual entre o alumnado, baixo o lema "Recuperando voces perdidas". Cada alumno/a recibirá un poema dun autor ou autora ilustre, e a tarefa consistirá en investigar como era a súa voz e gravar un vídeo recitando ditos versos imitando o seu ton de voz. Os vídeos deberán ser remitidos ao correo do centro, entre os días 22 e 26 de abril, e serán colgados na nosa web durante a semana seguinte. Estamos desexando ver os resultados!

Spring has sprung

Chegou a primavera, e na clase de Arts and Crafts empezamos a experimentar coas acuarelas novos tonalidades propias desta época. Os "BUGS" poboan as nosas flores e plantas e imos aproveitar para aprender cousas sobre eles mentres traballamos!

Mes do comic na biblioteca. Abril 2024

Este mes, é a quenda do cómic. Un xénero que combina elementos literarios e gráficos ideal para achegar a lectura ao noso alumnado. Non vos perdades tódalas novidades que temos! 

What can you do in the playground?

Para repasar o vocabulario que estamos aprendendo, os nenos e nenas de segundo e primeiro de primaria fixemos este vídeo contando cousas que podemos e non podemos facer as veces no patio do noso colexio. Non te perdas esta produción! Ademais quixemos incluír unhas divertidas tomas falsas. Non so aprendemos e practicamos o idioma, tamén fixemos de cineastas! Acción!

O noso cole... nas rotativas!!!

Como cada mes Voz Natura proponnos un novo reto. O mes de abril é a quenda do #RetoConcienciamos e nesta ocasión fomos noticia na Voz de Galicia! Non vos perdades a publicación! Podedes atopala no seguinte enlace:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2024/04/01/nuevo-mes-nuevo-ecorreto-participantes-voz-natura/0003_202404G1P24992.htm

#ECO-RETO CONCIENCIAMOS

Dende o noso centro cremos que é fundamental seguir impulsando as accións e a concienciación medioambiental, por este motivo, e dende que comezou o curso, non paramos!

Consideramos que a relación que temos as persoas coa natureza esixe cambios inmediatos que freen o dano que se está a ocasionar ao medio ambiente e ao noso planeta.

Conscientes de que o Nadal é unha data onde se consume moito e se mercan infinitos enfeites de Nadal decidimos crear adornos reciclados cos que puidemos decorar de forma sostíbel a nosa árbore de nadal.

En novembro da man de Tomás, axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e máis concretamente do Seprona, participamos nunha xornada formativa sobre Protección da Natureza.

Ademais participamos en proxectos como Pilabot, ou o Plan Proxecta, concretamente o de Recíclate con Sogama. Coa nosa participación nos mesmos pretendemos que o noso alumnado sexa unha parte activa na xestión dos refugallos e que os nosos nenos e nenas actúen como axentes dinamizadores das boas prácticas ambientais na súa contorna familiar e social.  

No centro temos convocado un concurso de fotografía medioambiental que está a resultar un éxito! Non só polo extraordinario material que estamos a recibir senón porque unhas actividades están a desencadear outras. Un exemplo é a familia do noso alumno Gael que aproveitou para recoller e reciclar o lixo que atopou namentres facía fotografías para o concurso. Non pode ser máis satisfactorio!

Distribuir contido


by Dr. Radut