Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 1 ao 20 de marzo de 2024, ámbolos dous incluídos para todo o alumnado que se matricula por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos/as que desexen cambiar de centro escolar sempre que existan prazas vacantes.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

-Solicitude Modelo ED550B-G asinado obrigatoriamente polos dous proxenitores.

-Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do alumno/a).

-Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

-Para acreditar o criterio  "Familia monoparental" deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas. 

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

1.- A través da aplicación admisionalumnado

2.- No centro educativo

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

  • Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL.
  • Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.
  • Pubicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO.
  • Formalización da matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO.

IMPORTANTE

As familias poderán consultar as listaxes provisionais e definitivas:

- Presencialmente no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.

- Por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

 

AnexoTamaño
ED550B-G.pdf1.39 MB


blog | by Dr. Radut