HortocolSigu

CANDO A ILUSIÓN MEDRA TANTO COMO O PROXECTO!

Como auténticos profesionais, o alumnado de 6º deixou o rego preparado para poder disfrutar deste tempiño soleado nas vacacións sen preocuparse polo horto.

 

Como podedes ver, tiveron uns axudantes de excepción, xa que o alumnado de infantil está moi implicado no proxecto.

Un agradecemento especial merece ó profe Juan Vilas de 1º, quen demostrou ser todo un especialista na materia!

Isto si é auténtico traballo en equipo!

EU REGO, TI PLANTAS, ELA ABONA!

Os alumnos e alumnas de 5º encheron as súas parcelas de vida!

ENTUSIASMO NA NOSA HORTA!

Canto traballo, pero que emocionante! Primeiro sacar pedras, despois dividir as leiras, delimitalas e poñerlle o cartel correspondente.

 

Deseguido sachamos, plantamos, regamos, botamos borralla...

 

 

E por hoxe xa se nos foi o tempo! Toca recoller, lavar as mans e marchar.

 

 

UNHA BOA XEIRA!

Aproveitando o día, o noso horto non tivo descanso!

Proxecto "Lanzadeiras"

O alumnado de 6º está que non para!

O luns 27 de marzo participaron nun taller para fomentar a implantación da cultura emprendedora, impartido por Modesto Gómez,  quen de xeito moi ameno conseguíu contaxiarnos da súa ilusión.

Este taller, parte do proxecto de Eduemprende, enmárcase dentro do programa Lanzadeiras,  creado para o desenvolvemento de miniempresas educativas en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na provincia de A Coruña. 

Taller de Habilidades para ó Éxito

O alumnado de 6º participou o venres no Taller de Habilidades para ó Éxito, impartido por Alejandra Sánchez, "coach" da consultoría Bevel, e especializada en adestrar habilidades a través da formación,  promovendo a busca activa de respostas e solucións mediante o  acompañamento.

Enmarcado dentro da serie de actividades que están a desenvolver co seu proxecto Hortocol, esta  dinámica pretende favorecer a adquisición de técnicas de liderazgo, traballo en equipo, creatividade e asertividade, a través de dinámicas lúdicas e proactivas.

ESTRENAMOS HORTO!!!

Agora que xa temos preparada a nosa parcela trasladamos os nosos primeiros chicharos e allos.

 

E non paramos; xa temos leitugas, cebolas, repolos... Que ilusión!!!

 

E máis plantas esperando para ir para fóra.

 

 

 

 

Comezando con...

Os protagonistas desta aventura son os rapaces e as rapazas de sexto que con moita ilusión dan os seus primeiros pasos para crear Hortocol, o noso proxecto de miniempresa.

 

  

 

Charla Benigno Pereira

Este mércores tivemos a sorte de contar con Benigno Pereira, xerente de Queixerías Bama e Bodegas A Corga.  Explicounos como naceron as súas empresas, como é o traballo diario, a organización  dos distintos departamentos... e como non,  as claves para o seu éxito: cooperación, traballo en equipo, liderazgo, responsabilidade, moitas das aptitudes que estamos traballando na aula co  noso proxecto HORTOCOL. Gracias Benigno e ata a próxima.