Nada mellor que iniciar aos máis pequenos no reciclado para facer alumnos responsables co medioambiente. En 5ºB de infantil xa o están a poñer en marcha facendo colectores de papel.
Nada mellor que iniciar aos máis pequenos no reciclado para facer alumnos responsables co medioambiente. En 5ºB de infantil xa o están a poñer en marcha facendo colectores de papel.
Este ano damos un pasiño máis e plantamos patacas no noso horto. A idea e que participen todos os grupos dende infantil a 6º de primaria. Xa pasaron dous grupos, 6º e 2º, seguiremos cos outros para a semana. Moitas grazas a avoa de Rita e Martín que nos mandou unha caixa de patacas, xa cortadas, para plantar.
Xa temos o invernadoiro cuberto, agora a coidar as nosas leitugas.
Esta vez foron os rapaces de segundo B os que foron ao horto a plantar porros e allos.
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |