HortocolSigu

Os martes, produtos Hortocol

Como cada tarde de martes, a entrada do noso cole énchese dunha cor verde intensa; pois é día de compra de produtos "Hortocol". Pero o proceso comeza xa pola mañá cando o noso alumnado selecciona e recolle coidadosamente os produtos que están no seu punto de maduración directamente dende a nosa horta. Despois colócanse nos expositores da entrada co seu prezo. E xa están listos para a súa venda!

 

Coas mans na terra

En plena época de semente e aproveitando o bo tempo destes últimos días, o alumnado de Educación Infantil puxo as botas e achegouse á horta para plantar unhas espinacas e uns repolos. Mirade que compenetración facendo os buratos, poñendo as plantas e regando, isto si que é traballo en equipo! Parabéns rapaces! Agora, a coidalas con moito mimo e agardar a que medren.

Ademais de plantar, reutilizamos

Non nos esquecemos que un dos nosos obxectivos para preservar a natureza é reducir o lixo que xeramos, reutilizar o que se poida e por último reciclar os produtos para que teñan outras vidas, os 3 Rs. E así o levamos á práctica no noso cole, reutilizando botellas de plástico para facer un cerre para as árbores que plantamos ou vellos canalóns para facer uns fermosos maceteiros.

 

 

 

Saímos mercar novas plantas para a nosa horta

 Queremos que a nosa horta siga medrando e xa que estamos no tempo de plantar, saímos a mercar repolos, acelgas, espinacas... Pero que verduras tan ricas e sans imos producir!

 

E da horta á cociña: hoxe empanadillas de espinacas

O alumnado de 6º de Infantil estivo na horta recollendo espinacas e despois preparou unha receita moi especial con elas.

   

Trátase de empanadillas de espinacas. Tiveron que cocer, picar, mesturar, encher, meter no forno... e voilá! como eles din, "listas para papar".

  

Podedes seguir o paso a paso da receita no seu blog.

 

Producindo a pleno rendemento

Pois si! O noso invernadoiro está dando novas leitugas cada semana e tamén algunhas espinacas. Coma cada martes, esta tarde estarán á venda por un módico prezo no edificio de Primaria. Pasádevos a probalas. Son sans, son naturais, son de Hortocol.

Plantación de carballos e castiñeiros

Despois da plantación que fixemos no patio do noso colexio, hoxe tocou contribuír a reforestar o entorno do Camiño Inglés. Por iso o alumnado de 6º de E. Infantil e tamén o de 6º de E. Primaria desprazouse ata un tramo do camiño preto do polígono industrial de Sigüeiro para colaborar na plantación de especies autóctonas. Plantáronse un total de 24 árbores (entre carballos e castiñeiros) coa axuda de membros de Protección Civil.

  

 

Podedes ver fotos da xornada no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Plantación: Día da árbore

Leitugas e espinacas

Xa estan aquí, máis leitugas fresquiñas da nosa horta e tamén as nosas primeiras espinacas. Esta tarde terémolas á venda para as familias que se acheguen polo cole. Animádevos a comer san e natural. Animádevos cos produtos de Hortocol!

  

Primeira produción de leitugas

Xa temos á venda as primeiras leitugas, coma sempre todo natural, 

a módico precio, a por elas!

Que ledos nos puxemos cando baixamos ao invernadoiro. A primeira plantación de leitugas xa estaba lista para recoller. E as seguintes medrando que da xenio velas!

Ben..., hai que dicir que a primeira tanda de leitugas xa se esgotou antes de acabar de escribir esta publicación. Pero mira que sodes rápidos! As boas novas son que axiña teremos máis produción. Estade atentos. Seguiremos informando.

Máis leitugas

O alumnado de 2º de primaria tamén se animou a plantar unhas leitugas dentro do noso invernadoiro. Agora, a mimalas moito para que medren axiña!