Skip to Content

Idioma estranxeiro

Saint Patrick’s Day

Como cada ano, os nosos pequenos colegas Irlandeses puxéronse en contacto co noso cole para que coñecésemos a historia do Saint Patrick’S Day e ata nos retaron nunha gymkhana que tivemos que resolver para conseguir un premio que agocharon detrás do arco da vella… estes leprechauns sempre facendo das súas… ben cadra que xa somos expertos e resolvemos todas as probas. Andade con ollo a finde! Hoxe, xa foron vistos varios polo cole… 

Erasmus+

No marco do noso proxecto Erasmus+, esta semana teacher Nuria foi á escola algo máis lonxe do habitual... Fixo estos días un cambio a un cole de Düsseldorf (Alemania) no que está aprendendo un montón para volver cargada de aventuras que contarnos e moitas ideas para traballar!!

St. Patrick´s day

Today a Leprechaun came to our school and left some kids locked in the library... Fortunately, they could finally solve the mystery and get  out...Happy Saint Patrick's Day! 
☘️
 
Hoxe, un Leprechaun veu ao cole e deixou a algúns nenos e algunhas nenas pechados na biblio... Afortunadamente, conseguiron finalmente resolver o misterio sair... Feliz día de San Patricio!
 

Para conmemorar este día realizáronse uns colgantes na impresora 3D e empregouse o chroma para facernos desaparecer!

Podedes ver as fotos premendo aquí.

 

Teatro

Hoxe, desfrutamos da gran oportunidade de ter un teatro en inglés pretiño da casa... Que ben o pasamos!

Obradoiro lettering

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou un obradoiro de lettering para seguir aprendendo sobre esta técnica, da que tiñan nocións básica polo seu traballo en plástica coa teacher Nuria. Gracias, Sonia por ensinarnos tantas cousiñas. Encantounos esta experiencia.

Teatro en inglés

Today we had the great opportunity of attending an original English display with the amazing acting of Michelle! Thank you for coming!
 

Hoxe tivemos a gran oportunidade de asistir a unha obra teatral orixinal inglesa coa increíble actuación de Michelle. Grazas por visitarnos!

 

Recunchos de lectura

 Achégase o Samaín e na nosa biblio estanvos agardando un montón de propostas… por cal queredes comezar? 

 

 

Pero non so temos historias de medo, na aula de inglés tedes un recunchiño cargado de contos.

Día de San Patricio

Entrega de diplomas e premios aos participantes no concurso de Leperchauns para conmemorar o Día de San Patricio, organizado pola mestra de lingua inglesa.

Agradecemos a todas as familias e alumnado a súa participacion e implicación!

Día de San Patricio

A vindeira semana o cole tinguirase de verde, queredes saber o motivo?

Escoitade estes dous podcast para descubrilo

 

Imos ao teatro

English play! It was an amazing experience!

Distribuir contido


by Dr. Radut