Animación á lectura

Gatuxo: teatro para escolares

O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco.

A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos.

Pasámolo xenial!!

Premio mellor xornalista Prensa Escuela

A alumna, do noso cole, Lara Vidal Seara, de 6º de Ed. Infantil, acadou o Primeiro Premio, de Galiza, ao Mellor Xornalista Infantil (Nivel 1).

Desde Prensa-Escuela, invitaron á gañadora a asistir á festa fin de curso de Voz Natura, que o xornal "La Voz de Galicia" celebra o 3 de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña) e que é o marco elixido para entregar os galardóns do programa.

A gañadora recibirá un premio que consiste nunha fin de semana no Parque Warner, en Madrid, con todos os gastos pagados para 4 persoas.

Asemade, tamén resultou premiada a mestra Ana Mª Carballo, que recibirá como premio unha cámara de fotos dixital. 

Moitos parabéns, para as dúas!!

Pescudando sobre Carlos Casares

Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos".

Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén  facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo.

A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes.

Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10.

XXII encontros de teatro escolar de Bande

O alumnado de 4º de Ed. Primaria participou, o día 16 de maio, nos prestixiosos encontros de teatro infantil que organiza o Concello de Bande coa colaboración dos centros educativos da vila.

Este ano, o noso alumnado, representou a obra "Comerei dous" adaptada de xeito maxistral polo seu titor. A posta en escena da mesma fixo disfrutar a todo o público presente, resultando ser un gran éxito.

Desde o noso cole, queremos felicitar á comunidade educativa do CEIP de Bande e ao Concello por esta iniciativa cultural que xa é, desde hai tempo e por méritos propios, un referente na semana das Letras Galegas.

 

Homenaxe a Carlos Casares

O alumnado de sexto curso participou no homenaxe a Carlos Casares, que organizou a Concellería de Cultura do Concello de Ourense, o 15 de maio na Praza de San Martiño.

Durante o acto, o alumnado dos centros presentes deu lectura a diversos contos do autor. Como actividade central participamos nunha versión didáctica do conto da "Galiña azul" que encandilou ao público presente.

Como remate do acto, entonamos o Himno galego coa axuda de membros da Escola de música do Concello. 

VI Concurso de poesía do Círculo poético Ourensán

O 29 de abril falláronse os premios da VI edición do Círculo poético ourensán que este ano tiñan que versar sobre "Sentimentos na escola".

Un alumno do noso centro, Diego J. García González, resultou finalista, polo que o seu traballo formará parte da antoloxía que será publicada para a próxima edición do concurso. Esta, estará formada polos 20 mellores poemas de Ed. Primaria e os 20 mellores de ESO.

O evento tivo lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Ourense, quedándose pequeno para acoller ao numéroso público presente no acto que estivo presidido pola directiva do Círculo poético.

Asemade, tamén se entregou o poemario "Inspiracións" cos poemas finalistas da "V edición do concurso" do ano pasado, no cal hai dous poemas creados polos alumnos do noso centro Diego García González e María López Randolfe.

Pescudando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas

Imos realizar unha gincana sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Para elo empregaremos códigos QR e tablets.

Para resolver todas as preguntas da gincana, teredes que ir resolvendo as cuestións que se propoñen. Nos códigos QR atoparedes a información e pistas necesarias para a súa resolución.

Unha vez resolta a pregunta iredes compretando o formulario que se achega ao final desta nova.

Cuestións:


Pista 1


  • Quen é o escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2017?
  • Cando naceu?
  • En que vila viviu de pequeno?

Pista 2


  • Como se chama a editorial do libro?
  • Quen a dirixiu desde 1985 ata 2002?

Pista  3.1      3.2


  • Como se chama o protagonista do libro?
  • Cal é o nome da súa mellor amiga?

Pista  4.1       4.2


  • Cidade que visita o protagonista?
  • Que museo visita o protagonista nesta cidade?

Pistas  5.1     5.2


  • De que libro falamos?
  • Como se chama o invento do protagonista?

 


FORMULARIO


 

 


ACTIVIDADES DE LECER PARA OS QUE REMATEN


Día do libro 2017

Galería de imaxes

Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:


Galería de imaxes


 


Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 

O meu libro favorito é...

O alumnado de apoio, na Hora de ler, durante a semana do Día do libro, completou o mural da Primavera con bolboretas que dan a coñecer cales son os seus libros favoritos...

 Galería de imaxes

Distribuir contido