Animación á lectura

Tonecho de Rebordechao

Galería de imaxes

Na primeira semana do mes de febreiro o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou un novo concurso de animación á lectura sobre a obra de Breogán Riveiro titulada "Tonecho de Rebordechao".

Esta obra recibiu o Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. O libro conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to dos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.

O desenvolvemento do concurso foi moi igualado ata o final do mesmo, debido ao amplo coñecemento que os lectores tiñan da obra. Ao final, os gañadores resultaron ser a parella formada or Uxía e Ivan que recibiron como agasallo un exemplar da obra de An Alfalla "O fío vermello" que se traballara na Hora de ler ao longo das próximas semanas.

Tonecho de Rebordechao

GALERÍA DE IMAXES

Día da Paz 2016

Ao longo da semana do Día da Paz traballamos nas aulas con recursos educativos compilados polo equipo de biblioteca.

O alumnado de 5º e 6º curso traballou sobre o exilio e as diferenzas culturais a través da unidade didáctica "La pequeña Carlota"de ACNUR. O alumnado de 2º traballou sobre o respecto, a educación e a tolerancia. O alumnado de 3º e 4º volveu a traballar sobre a historia de Malala e a súa defensa da educación para todo o mundo.

Unha das actividades centrais foi a interpretación da canción BLOWIN IN THE WIND de Bob Dylan polo alumnado de 1º,2º,5º e 6º na biblioteca do centro.

Galería de imaxes

Mellores lectores do 1º trimestre

Leo dálle moitos parabéns aos mellores lectores do primeiro trimestre.

Mellores lectoresEspero verte no próximo trimestre nesta imaxe!!

Tres grans de sal

Poema de Concha Lagos recitado polo alumnado de 1º de Ed. Primaria na Hora de Ler.

 

Alas de mosca para Angel

Ver imaxes

No mes de decembro, o alumnado de 6º curso participou no concurso de animación á lectura sobre o libro de Fina Casalderrey, traballado na Hora de ler, titulado "Alas de mosca para Ángel". Unha fermosa historia que nos fai pensar sobre o difícil que pode resultar a integración pero cunha lenguaxe sinxela e emotiva.

Sinopse do libro:

Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.

Pasámolo xenial demostrando o noso coñecemento sobre o contido do libro. Esta vez as puntuacións acadadas polos diferentes grupos estivo moi igualada ata a última pregunta.

Galería de imaxes

 

Alicia no país das marabillas

O 26 de novembro celebramos no centro o 150 cumpleanos da primeira edición do libro de Lewis Carrol, Alicia no país das marabillas.

Ao longo de todo o mes, realizamos múltiples actividades arredor desta obra e do seu autor:

  • Na hora de ler, realizamos lecturas da obra e pescudamos sobre a vida e obra do seu autor, Lewis Carrol.
  • Na entrada do centro, realizamos un recanto de Alicia, no que fixemos unha exposición dos traballos plásticos realizados polo alumnado.
  • O equipo de biblioteca fixo unha exposición de todos os fondos que tiñamos na biblioteca e estiveron á disposición de toda a comunidade ducaiva.
  • O día anterior ao cumpleanos visionamos na biblioteca a película que Disney creou sobre o libro.
  • O día 26, parte do alumnado, guiado pola Reina de Corazóns e Coelliño Branco, fixo unha representación teatral coa que nos animaron e convidaron a participar na festa de cumpleanos de Alicia.
  • Como remate da celebración toda a comunidade educativa entonou o cumpleanos feliz.

PASÁMOLO XENIAL!!!

Galería de imaxes

 

Lenda do corvo e o gavilán

Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán

 

Lenda do corvo e o gavilánFai moito tempo, todas as aves que vivían na terra eran de cor branca. Parecíanse tanto unhas ás outras que, a veces, as nais non podían recoñecer as súas cativas.

Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El  pintou a súa plumaxe de marrón.

Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas...

Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas.

O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo.

Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso.


RECURSOS EDUCATIVOS


  • Lenda en pdf
  • Versión sonora interpretada polo alumnado de cuarto.

 

No corazón do bosque

No corazón do bosque

O alumnado de 6º curso traballou ao longo do mes de outubro o libro de Agustín Fernández Paz titulado "No corazón do bosque".

Sinopse do libro:

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies.

A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

Como actividade final de Animación á lectura, realizaron un concurso literario no que era preciso ter lido o libro para ter posibilidades de éxito e pasalo ben. O premio para os gañadores foi o libro de Fina Casalderrey "Ás de mosca para Anxo" que será o que se traballará nas próximas semanas na Hora de ler en 6º curso.

Esta actividade gústalle moito ao alumnado e os engancha á lectura en tempo de lecer.

Xa están desexando que chegue axiña o próximo concurso!!

Galería de imaxes

Galería de imaxes

Hora de ler 2015/2016

O alumnado das aulas de apoio no curso 2015/2016 está a traballar sobre lendas populares dentro do proxecto documental integrado "Galicia arredende a aventura".

No seguinte mural iremos reflectindo o traballo realizado ao longo do curso:

O claro do bosque

O claro do bosque

O alumnado de 2º. 3º e 4º de Ed. Primaria realzou un libro ilustrado sobre a lenda "O claro do bosque" de Mónica Hughes que entregou á responsable da biblioteca do noso cole para que pasase a formar parte dos fondos documentais da mesma.

Como todo bo libro, i este o é, ten unha película que reflicte o seu contido cunha calidade excepcional segundo os críticos do sétimo arte...

Distribuir contido