Hora de ler

A gruta da Torre

A gruta da Torre, escrito por Lois Pérez e publicado por Ed. Xerais.

Lois viaxa de vacacións a Ribadeo, pero ese verán non será como os anteriores, a biblioteca, unha nova amiga, un misterioso pasadizo con moita historia... farán  que sexa inesquecible.

O alumnado de quinto leu este libro en silencio, algúns foron adiantando capítulos na casa e outros preferiron lelo na clase... os que remataron antes axudaron a preparar as preguntas para o Kahoot que fariamos despois de ir xunto cos alumnos de 6º aos Encontros co autor” no CEIP Mestre Vide

Formigas4S

O alumnado de quinto descubre que os FORMIG4S investigan cal é a causa de que a obra de Rosalia este desaparecendo, para esclarecer este estraño suceso viaxarán no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro.

Ao rematar o libro decátanse de que todo era ficción. Rosalia de Castro nunca desaparecerá, esta máis de moda ca nunca... se o queres comprobar só tes que pinchar nas seguintes ligazóns:

  • MALAXENTE (Versión do poema de Rosalía de Castro coa música de Rosalía)

Visita á biblioteca de Super Leo

O día 24 de outubro, o noso compañeiro de lecturas e actividades na biblioteca do cole, LEO, decidiu que despois de tantos anos axudando e guiándonos polo mundo das Bibliotecas Escolares, xa era tempo de marchar e deixar o posto noutras mans.

O mesmo LEO nomeou ao seu sucesor, SUPERLEO, un superheroe ou superheroína, cadaquén que elixa. O sucesor amosou por LEO moito agarimo, o mesmo que todos/as os/as que estabamos na biblioteca.

E se alguén pensaba que LEO ía pasar os seus días de ben merecido descanso sen facer nada, ..., trabucouse!

Xa montou un Club de Lectura, algo distinto dos que temos en marcha no cole. No club de LEO só hai dous membros: LEO  e a súa e nosa benquerida e sempre lembrada ABUELA MIMÍ.

Cantas risas botarán os dous elixindo libros novos ou volvendo a ler os vellos libros de sempre. E estamos seguros que por un buratiño disfrutarán ollando as actividades e as novidades da biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.

Moitos bicos para os tres, e a nosa das mellores benvidas a SUPERLEO.

Exposición de fondos para o Samaín

O Samaín xa está aquí!!

Como todos os anos a nosa biblioteca énchese de libros terroríficos para que gocedes desta festa.

Temos unha pequena exposición a vosa disposición así que non dubidedes en coller aquel libro que vos pareza máis terroríficooooooo!!

We Love English

Os nenos e nenas de 1º E.P. aprenderon que ENGLISH STARTS IN THE HEART.

Non hai mellor xeito de aprender que pondo agarimo en todas aquelas tarefas que nos propomos.

E na semana da alimentación, puxemos imaxinación e moito amor:

  • O noso HEART foi un cachiño de watermelon.
  • A NOSE outro heart máis pequeño, pero doce.
  • Os EYES e a MOUTH fixémolos con chocolate.

O noso HEART estaba DELICIOUS e para lambóns!!!

Presentación do proxecto Nós tamén creamos!

O 18 deoutubro contamos na biblioteca do centro coa presenza dun dos responsables de impartir a docencia no programa Nós tamén creamos!, no que imos a participar este curso co alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria.

Nesta sesión fcilitounos varios libros en galego da editorial OQO sobre os que temos que realizar a curta co noso alumnado.

Asemade, tamén se nos facilitaron diversas apps e programas cos que podemos empezar a fedellar para crear animacións nas nosas clases.

Xa estamos desexando comezar a traballar, pero o primeiro que teremos que facer é escoller un dos textos facilitados para realizar o noso proxecto.

Presentación do libro elaborado no club de lectura de 4º de Ed. primaria

O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre.

Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma.

Kahoot! final sobre Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

Como actividade final do club de lectura de 3º curso participamos nun Kahoot! no que puxemos en valor todo o traballado ao longo deste trimestre no Club de lectura sobre a lectura do libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

Foi unha boa maneira de despedir o curso. Pasámolo xenial!!


Kahoot sobre o libro



Kahoot sobre o autor do libro


 

 

Concurso de lectura: Unha bolsa de patatas fritas na Polinesia

 O 10 de xuño realizamos o concurso de animación á lectura sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia que estivemos traballando no club de lectura de terceiro curso ao longo dos meses de abril, maio e xuño.

O nivel de traballo e coñecemento do libro foi moi alto,  e redundou en que o desenlace final do concurso non se decidise ata a última pregunta, resultando gañador o equipo formado por Tiago, Lorenzo, Jordana e Mateo.

Nesta ocasión, todos os participantes no club de lectura tiveron un pequeno agasallo e un diploma que acreditaba o seu nivel lector. Asemade, os gañadores obtiveron un diploma de equipo gañador e outro agasallo máis.

Palabras de auga

O derradeiro libro traballado no club de lectura de sexto curso foi Palabras de auga de Macos Calveiro e publicado por edicións xerais.

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado...

Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

O libro móstranos como é a vida diaria duha sociedade africana que non dista moito do que podería ser a vida no Neolítico.

Como remate final, realizamos o concurso de lectura sobre o libro no que participou a totalidade do alumnado de 6º curso de Ed. primaria. Para elo, conformamos catro equipos heteroxéneos creados aleatoriamente por sorteo.

O equipo vencedor foi o formado por Diego, Gustavo e Andrés. Recibiron como agasallo o libro titulado El ladrón del rayo de Rick Riordan.

Distribuir contido