Igualdade e integración, valores do planeta son: As profesións

Neste curso, no  P.D.I. traballamos a igualdade entre homes e mulleres. O grupo de 3º e 4º de Educación Primaria fixámonos nas profesións e oficios para ver se aínda o alumnado cre que hai traballos de homes e traballos de mulleres. Tamén fixemos pescudas entre as familias e xente próxima ao alumnado.

Na maioría dos casos existía unha grande coincidencia entre a forma de pensar dos nenos/as e as súas familias.

As respostas da enquisa no alumnado vense perfectamente as diferencias entre os nenos e as nenas. Mestres as nenas opinan que a gran maioría de profesión non hai diferencia para ser desempeñado por uns ou outras, nos nenos obsérvase que si consideran profesións de homes, por exemplo apagar incendios, pilotar avións ou arranxar coches.

E, si son de mulleres, planchar, limpar a casa, facer de canguro ou  traballos agrícolas. No referente a traballos para ámbolos dous sexos, eles pensan en medicina, avogacía, perruqueira ou coidar enfermos.

Nos pais e nais, maioritariamente, pensan que nas profesións propostas na enquisa non habería diferencia entre ámbolos dous sexos.

Fixéronse actividades de lecturas e debates coa intencionalidade de modificar algúns estereotipos e contabamos repetir a enquisa cara finais de curso. Non se puido realizar polo tema do covid 19. Ao igual que as actividades de conversas co alumnado de  mulleres  de profesións maioritariamente masculinas: taxistas, garda civil...  da nosa cidade, que xa tiñamos practicamente concertadas. Queda pendente para o próximo curso.

Como inicio do noso Proxecto fixemos a presentación del, na biblioteca do centro para todo o alumnado.

Cada neno e nena de 3º e 4º  representaba un oficio ou profesión, sempre facendo referencia a igualdade de traballo entre ambolos dous sexos, levando algo relativo ao mesmo  e o resto do alumnado tiña averigualo.

Tamén realizamos debuxos dalgunhas  profesións facendo fincapé nos estereotipos de xénero que a sociedade ten sobre as mesmas para o mural do PDI do centro.

Na entroido  disfrazámonos de todo o persoal sanitario con enfermos /as incluídos, representando sempre a homes e mulleres en tódolos estamentos deste colectivo.

Avaliación
Valoramos positivamente os seguintes aspectos:

  • Aceptación do alumnado
  • Os nenos/as foron protagonistas
  • As actividades realizadas
  • Os recursos proporcionados pola biblioteca
  • A metodoloxía de aprendizaxe por proxectos
  • Desenvolvemos os obxectivos iniciais
  • O proxecto aplicase a vida cotiá do alumnado

Foi susceptible de mellorar:

  • Exposición do proxecto final
  • Temporalización
  • Consecución dos obxectivos específicos propostos