Hora de ler en 6º de Ed. Primaria

A configuración da hora de ler foi deseñada os martes  e mércores por Dna. Tatiana Mª Fernández Abuín (Audición e Linguaxe)e os luns , xoves e venres por D. José Antonio Regal Vázquez ( titor de 6º curso).

Coma no curso anterior , mantivemos durante a hora de ler varios tipos de lectura ( en voz alta, silenciosa, individual e en grupos) e concretamos os resultados de tales lecturas nos dous CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA celebrados en base aos libros lidos.

Os títulos traballados no presente curso foron:

  • No corazón do bosque” de Agustín Fernández Paz.
  • Alas de mosca para Ángel” de Fina Casalderrey.
  • A balada dos unicornios” de Ledicia Costas. Lemos varios capítulos do libro pero , por mor do estado de alarma, non se rematou nin se fixo o concurso de animación á lectura para este  título.

No presente curso tamén se fixeron outro tipo de actividades, entre as que cabe salientar:

  • LIBRO :POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA. Lido e traballado co alumnado de educación infantil , en sesión PELO,  o alumnado que asiste o aula de audición e linguaxe e cos  alumnos e alumnas  de  sexto de educación primaria, dentro da hora de ler.

Lingua de signos Española (LSE)

A LSE foi integrada nas diferentes actividades e datas conmemorativas realizadas no centro co dobre obxectivo de dar visibilidade e que sexa accesible tanto para as persoas que asistan como aquelas que visualicen a paxina do centro.

  • Presentación do PDI do centro: realizado por alumnado de 6º EP. :“Hola, bos días ímosvos a presentar o PDI que leva por titulo “ cidadanía, igualdade e integración, valores do planeta son”.
  • Peche do festival de Nadal ca canción "Más allá del amor", onde o alumnado de sexto interpretaba en lingua de signos a canción, mentres que o resto do alumnado e profesorado a cantaba e os acompañaba signando o estribillo da mesma.
  • Canción do día da Paz, realizada por todo o alumnado as estrofas da mesma, primeiro en lingua de signos e logo cantada.
  • Programa aliméntate, onde o alumnado de sexto colaborou signando o menú semanal do comedor do centro.
  • Libro viaxeiro para o aprendizaxe de signos básicos, que levaron cada semana un dos alumnos de 6º EP, e posteriormente incorporouse a biblioteca para que todo o alumnado poda seguir practicando e aprendendo para poder utilizalo na comunicación cun dos alumnos do centro.

Lectura  funcional: follas de pedido, billetes de tren,  seguimento de instrucións para facer unha figura de Origami e  elaboración  da receita do brownie de chocolate co microondas do comedor na aula de audición e linguaxe.

Padriños lectores: Achado e selección na biblioteca de contos para os alumnos de Educación infantil  con  temática de aceptación das diferenzas : “O año que é un porquiño” ; “Princesa Kevin”; “Vivan las uñas de colores” ; “Elefante  Elmer “ e “ La princesa que quería escribir”.