Celebrando o Nadal
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º fixeron diversas actividades para festexar o Nadal, e tamén recibiron con moita alegría, ao Apalpador que lles trouxo uns agasallos.
Fomos de excursión a Carballo para coñecer a biblioteca municipal. Recibíronnos con moita alegría e compartimos a mañán co alumnado de infantil de 3 e 4 anos e cunha clase do CEIP FOGAR. Levamos unha gran sorpresa cando descubrimos aos ratiños da biblioteca, que nos explicaron como facernos socios e poder solicitar os libros, e xa de paso, contáronnos algúns dos libros que alí podemos atopar. Foi moi divertido!!!
Como todos os anos no outono celebramos o peón e o magosto o mesmo día. Pola mañán facemos un concurso de peón por clase e pola tarde coa axuda de David degustamos as castañas .
Como todos os anos celebramos a festa do samain, fixemos manualidades, adornamos o cole e finalmente disfrazámosnos de personaxes de terrorrrr!!!!
Queridas familias!!
Aquí deixamos o vídeo editado da nosa espectacular actuación no festival de Nadal deste ano!
Esperamos que vos guste e o pasedes ben nestas entrañables datas!!
Bo Nadal e Feliz 2015!!!
Vaia festa!!! Gracias á aportación das familias e á colaboración de David, o alumnado disfrutou de ricas castañas!!!
3ANOS
4 ANOS
5 ANOS
PRIMEIRO
CIENCIA EN RUTA
Seguindo o proxecto da biblioteca que xira en torno á ciencia, tivemos un taller donde nos ensinaron como construir un foguete. Fixémolo por grupos, puxémoslle un nome e a continuación fomos ao patio para lanzalos ao espacio. Que ben o pasamos!!!
O alumnado do primeiro ciclo quedou encantado por comer froita no cole,probaron e comeron pera, mazá, fresa, albaricoque, melón, sandía,amorodo, plátano e paraguaio. Gustounos moito comer a froita e incluso repetimos algunhas veces!!!
Todos os días viñan anunciando a froita que tocaba cunha adiviña, e sempre acertabamos!!!