O 26 de Xaneiro Gael cumpliu 5 anos! Como non podía ser doutro xeito soprou a vela e sacou unha foto co seu curmán Marco. Moitos parabéns Gael!
Blog de Infantil
APRENDEMOS LINGUA DE SIGNOS
O CENTRO SEGUE IMPLICADO NA APRENDIZAXE DA LINGUA DE SIGNOS. COA PROFE MIRIAM ESTAMOS APRENDENDO AS CORES E MOITO VOCABULARIO!
NADAL (4 ANOS)
Agora xa só faltan un par de días para que veña Papá Noel! Na aula das tartarugas (4 anos) estivemos contando os días para a súa chegada (anotándoos no noso calendario de advento). O Día 1 de decembro recibimos a visita dun Elfo moi especial (o que chamamos Picachu) que todas as noites viaxaba a xunto de Papá Noel para dicirlle que tal nos portabamos e cada día nos traía unha serie de probas que tiñamos que superar. (bailar o burrito sabanero, pensar unha adiviña...) e algúns xogos que empregamos en varias ocasións:
- Un puzle que consistía en unir a grafía do número coa cantidade correspondete (neste caso de elemendos do Nadal, bolas, renos...).
- Imaxes para facer series (por exemplo, árbore-regalo-árbore-regalo).
- Uns paos de madeira que tiñamos que ordear númericamente para que nos saíse unha imaxe navideña, como un calcetín ou un gorro de Papá Noel.
- Un dominó navideño
Aquí vos deixamos a mostra fotográfica xogando con eles:
Algunhas actividades que nos propuxo Picachu no último día de clase antes das vacación de Nadal foron:
- Formar palabras relacionadas co Nadal con letras móviles ou escribilas na pizarra.
- Traballar a direccionalidade, colocando debaixo das frechas correspondente aos Reis Magos segundo a dirección á que estaban mirando (esquerda, fronte, dereita)
Por suposto, como non podía ser doutra maneira, antes das vacacións tamén desfrutamos dunha merenda un pouco diferente, o reno Rodolfo (o cal fixemos con galletas e outras cousiñas).
E nos despedimos de Picachu, xa que ten que axúdarlle a Papá Noel a repartir os regalos na Noiteboa e non o imos ver ata o próximo Nadal. Botarémolo moito de menos!
No segundo trimestre agardánnos máis aventuras, mentres tanto a desfrutar das merecidas vacacións. Felices festas tartarugas!
ANIVERSARIO CLOE
ESTE LUNS 21 DE DECEMBRO ESTIVO DE ANIVERSARIO A MÁIS PEQUENIÑA DA AULA.
PARABENS CLOE, XA TEMOS 3 ANIÑOS!!
ACTUACIÓN DOS NENOS/AS DE INFANTIL NO "FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL 2020"
As nenas e nenos de educación infantil do CEIP Gándara-Sofán teñen o pracer de presentarvos a súa actuación "Tres reis en bicicleta", neste "Festival de Nadal virtual 2020".
Esperamos que vos guste :)