Skip to Content

Trabalinguas (actualizados con novas incorporacións)

Aquí podedes escoitar os trabalinguas tan divertidos que enviastes estes días! Recoñecedes ós vosos compañeiros pola voz? mmmm algunhas son difíciles de adiviñar!

Deixoa aberta a novas incorporacións por se alguén que non participou, pero quedou con ganas ou non lle deu tempo, se anima máis adiante!

Espero que vos guste e vos animedes un pouco escoitando! Xa queda un pouco menos!

 

Música dende a casa 1

Aquí vos deixo un pequeno resumo coas actividades que fixestes ata agora! Están xenial! Espero que vos anime! A min gustoume moitísimo vervos! Espero que non me olvidara de ninguén ó montar o video! Se me esquecín avisademe!!!

Xa tedes unha nova proposta para esta semana na carpeta da vosa aula. A partir de agora intentarei subir unha todos os luns!

https://musicasofan0.wixsite.com/retosmusicais 

Saúdos e ata pronto!

 

Materiais 1º EP

Pinchando neste ENLACE podedes acceder á programacion de actividades mensual que imos facendo na aula ó longo do curso. 

Deixo tamén algúns xogos que adoitamos facer na PDI para que poidades practicar na casa.

Para 1º EP 

 

Para 2º EP

 

Rosalía vs Rosalía

ISTO É SAMAÍN

CADERNO DE FRAUTA

Picando nas seguintes imaxe poderedes acceder a unha presentación cos vídeos e audios que utilizamos na aula de música. Só tedes que darlle a "Iniciar presentación" no lateral superior dereito da pantalla. Despois escolledes a canción eeee... a practicar!!

                              

 

Benvidos ó blog de Música

Benvidos ó blog da aula de música. No menú podedes acceder ós materiais empregados nas clases de música en cada curso.



by Dr. Radut