ADIVIÑA QUE FROITA VAS COMER HOXE...

A EIRUGA LARPEIRA COMEUME

PERO QUEDOUSE CON FAME.

BLANCANEVES MORDEUME...

E TI, ATREVERASTE?

ADIVIÑA QUE FROITA VAS COMER HOXE...

Son pequena, laranxa e doce,

se non me quitas a monda non me comes.

Podes confundirme coa mandarina,

pero son moito máis fina.

Quen son?

ADIVIÑA QUE FROITA VAS COMER HOXE...

Redondos coma unha canica,

pequenos coma unha cereixiña. 

Poden ser azuis coma a noite

ou vermellos coma unha mora pequeniña. 

 

Pista:

Na terra non os aran,

dos arbustos os sacan!

 

Que son?

ADIVIÑA QUE FROITA VAS A COMER HOXE...

Podes tomala co almorzo

e de merenda tamén,

se vitamina C queres beber

de zume sabe moi ben!

 

Quen é?

 

Adiviña que froita vas comer hoxe...

É verde e amarela,

tamén é colorada.

É famosa pola súa tarta,

pero tamén podes comela,

sen que esté cociñada.

 

Podo ser amarela, verde ou vermella,

para gustos, cores.

Escolle a que queiras.

 

Que froita vas comer?

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

Benqueridas familias,

Achéganse unhas datas de descanso para a comunidade escolar, polo que dende a Biblioteca do centro, queremos facer unha serie de recomendacións literarias para gozar do tempo libre durante as vacacións, e non se nos ocorre mellor xeito de pasar algunha destas horas de lecer que lendo algunhas das historias que aquí vos propoñemos.

Bo Nadal a tod@s!!!

 

AdxuntoTamaño
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL.pdf740.15 KB

DÍA DA INFANCIA 2020

Hoxe, 22 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia e nós, por suposto, quixemos celebralo no centro escolar. Para iso, o pasado venres e nas diferentes aulas, lemos e reflexionamos sobre o libro titulado TEÑO DEREITOS de Miguel Robledo. Feliz Día da Infancia a tod@s dende a Biblioteca do CEIP Gándara!!!