NADAL LITERARIO

Ola a tod@s,

Xa quedan menos horas para a celebración do noso Nadal Literario. Alba Mato, antiga alumna do centro, e autora do libro Adeus Chupete, fará a presentación do mesmo mañá, na biblioteca do centro, ás 13:00 horas. Ademais, contará o seu conto ó noso alumnado e comezaremos unha nova etapa de Radio Sofán, cunha entrevista radiofónica, que será realizada polo alumnado de 6º curso.

Recordade que podedes disfrutar mañá tamén da nosa Feira Do Libro. Estades tod@s invitados

 

VISÍTANOS MARÍA CANOSA

LETRAS GALEGAS 2018:

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e despois de ler os libros de María Canosa titulados Muriel e A Cazadora de Estrelas, recibimos a visita da autora, que nos contou moitas cousas relacionadas coa súa paixón pola escritura e á que tamén lle fixemos unha entrevista. Ao remate da sesión firmou moitos libros!!!

FINA CASALDERREY EN IMAXES