Skip to Content

CABECEIRA

DÍA, PAZ

Plan lector. Día da PAZ

Xa está dispoñible na nosa canle de youtube o vídeo do Plan Lector do Día da Paz, no que, ademais da voz, empregamos a linguaxe de signos. Moitas grazas a Ricardo pola colaboración. Podedes velo premendo neste enlace.

E neste outro podedes ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que interpretaron Imagine, de John Lennon

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos no centro un Plan Lector conxunto con motivo da celebración do Día da Paz. Nel recitamos un poema-canción onde ademais da voz empregamos a linguaxe de signos que estamos a aprender co profe Ricardo ao que lle queremos agradecer a súa colaboración nesta actividade. Nas vindeiras horas publicaremos o enlace para ver os vídeos. Seguide, ata ese momento, desfrutando cos soños de paz do noso alumnado!!!

DÍA DA PAZ

Ola de novo,

Mañá conmemoramos o Día da Paz no centro. Estivemos informándonos sobre Denis Mukwege e Nadia Murad, xa que foron os que acadaron moi merecidamente o Premio Nobel da Paz 2018.

Asimesmo, recordamos a figura de Martin Luther King Jr. e a súa loita pacífica en defensa dos dereitos da persoas de raza negra.

Distribuir contido


by Dr. Radut