Skip to Content

Fotografía de Nadal

No seguinte vídeo podedes ver as fotografías de Nadal das nosas fotógrafas e fotógrafos. Son moi fermosas do mesmo xeito que o son estas datas!

FOTOGRAFÍA DE OUTONO

Aquí podedes ver unha presentación coas fotografías realizadas polo alumnado sobre a temática de outono.

 

ACTO DE PRESENTACION DE "ADEUS CHUPETE" DA AUTORA ALBA MATO SOUTO

Hoxe celebrouse o acto de presentación do libro "Adeus Chupete" de Alba Mato Souto,  exalumna do Ceip Gándara Sofán, presentou e explicou aos alumnos de 5º e 6º de Primaria o porque da publicación deste libro e como foi posible. Tamén acudiron ao acto que tivo lugar na Biblioteca do centro ás 13:00 horas, membros da comunidade educativa do Gándara Sofán (nais, mestres e alumnos).

Logo de contarnos moitas cousas e contestar todas as preguntas que lle fixeron e que foron moitas, fixéronlle unha entrevista na Radio Sofán, que xa podedes escoitar na nosa canle de ivoox:

TITORIAL AGUEIRO

Na seguinte publicación podedes ver os pasos a seguir para acceder á plataforma Agueiro, na que imos realizar as prácticas de fotografía e prensa dixital. No segundo punto da publicación tedes os pasos a seguir para subir as fotografías que estades realizando nas diferentes prácticas.

 

El texto del párrafo por Prensa Sofan

Benvidos a Sofán Dixital

Benvidos ó blog Sofán Dixital, no que o alumnado irá colgando diversas noticias, traballos, imaxes... relacionados cos proxectos de radio, prensa dixital e fotografía que estamos a realizar no centro.



by Dr. Radut