A nosa biblioteca abre unha nova xanela dende a que vos iremos amosando parte das nosas actividades, dos nosos traballos, proxectos, encontros con autores, … Se queredes compartir os nosos momentos non dubidedes en visitarnos.
O pasado 20 de marzo estivo na nosa biblioteca Fina Casalderrey. En breve publicaremos unha nova entrada na que vos contaremos como vivimos ese día dende o centro. Tamén publicaremos algunhas imaxes para recordar tan agardada visita.