QUE BOAS ESTÁN AS MAZÁS DE SOFÁN
ALIMÉNTANNOS PARA TODA A MAÑÁ
Ten ollos pero non ve
ten coroa e non é rei
ten escamas sin ser peixe
dime que froita é?
NO COLE HOXE HAI MANDARINA
QUÌTALLE A MONDA QUE ESTÁ MOI RICA
TEN AUGA E VITAMINAS
PARA TER ENERXÍA
Hoxe comemos uvas.
Aquí vos deixamos unha regueifa que fixemos na clase de 4º sobre as uvas.
COPLA DA FROITA
Pode ser de varias core
Tes que comela lavada
Ten unha extraña forma
Como unha mazá estricada
Máis grande que a mandarina.
Redonda coma unha bóla.
A min gústanme amargas.
ESTA FROITA SI QUE MOLA!
Hoxe martes toca froita
É de cor amarela
Se ti a queres comer
Tes que baixar a por ela
Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Gándara - Sofán deséxanvos unhas felices festas e un próspero aninovo 2022 con estas regueifas de Nadal.