Actividades
Feliz día das letras galegas 2022
Feliz día das letras galegas dende a radio escolar de Grecia.
Erasmus + 2022
Regueifando no Entroido
Aquí podedes ver as regueifas que elaboraron os nenos e nenas para conmemorar o Entroido 2022.
Esperamos que vos gusten!
Febreiro mes da paz e do amor!
Para celebrar a amizade e o amor traballamos este mes de febreiro con cancións e palabras relacionadas en galego, como a que podedes ver no blogue de educación infantil "Eu teño alguén no meu corazón".
Non hai fronteiras! (Día da Paz 2022)
Partindo da canción de Tanxugueiras "Terra" e baseándonos no seu lema de "Non hai fronteiras!" traballamos o folklore de diferentes países da Terra.
Podedes ver no taboleiro da lingua os lapbooks que cada aula fixo do país que elexiu:
Regueifando polo Nadal
Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Gándara - Sofán deséxanvos unhas felices festas e un próspero aninovo 2022 con estas regueifas de Nadal.
Taboleiro "Stop, non quero que..." sobre a violencia de xénero
Esta semana incorporamos unha nova dinámica no cole: colocamos sinais de "Stop, non quero que..." por todo o colexio. Estas son para utilizar cando alguén faga algo o cal queremos que pare. Podemos ir cara o stop e dicirllo e solucionalo ou tamén avisar a mestra/e do que pasa.
No taboleiro da lingua colocamos frases en relación a esta nova dinámica, colocando frases en relación a situacións de violencia, moitas delas de "violencia de xénero".
Aquí as podeses ler e xa sabedes, podemos ir aos stops se algunha destas situacións suceden no día a día.
Música para celebrar o Samaín e o Magosto
Aquí vos deixamos música en galego para celebrar o Samaín e o Magosto.
O TRAXE TRADICIONAL GALEGO
Comezamos o curso cun novo proxecto anual relacionado coa nosa música tradicional.
Pero non só a podemos escoitar, senón que a podemos ver. Cómo? Pois vendo estas imaxes non vos comeza a soar música nas orellas?
Sóanvos algúns destes artistas?
Invítámosvos a investigar sobre os traxes, música e instrumentos do noso folklore.
No seguinte blogue tedes información para comezar.
Taboleiro da lingua de Xela Arias
Neste mes de maio o noso Taboleiro de Lingua estivo cheo de información sobre Xela Arias.
Ademais na bilbioteca temos un novo libro dos Bolechas onde nos fala da súa vida e obra.