Actividades
Genial.ly "Descubrindo a Rosalía"
Entrade neste Genial.ly para xogar a descubrir novas cousas de Rosalía de Castro, tendo presente que o 24 de febreiro é o seu aniversario.
Máscaras de Rosalía e Xela Arias
Dende a primeira homenaxeada nas letras galegas, ROSALÍA DE CASTRO, ata a homenaxeada este ano 2021, XELA ARIAS.
Aquí vos deixo máscaras para poder xogar a ser estas poetas ilustres, referentes da nosa lingua.
Descargádeas aqui:
TABOLEIRO DA PAZ
No taboleiro da lingua deste mes de xaneiro elaboramos entre todos e todas un mural adicado ao Día Escolar da Non Violencia e a Paz 2021 e ao gañador do Nobel da Paz: o banco mundial de alimentos.
Aquí podedes ver qué bonito nos quedou:
Os nosos plans para 2021
No taboleiro da lingua podedes ler os nosos plans e desexos para o ano 2021 en forma de bolas de árbore de Nadal.
Boas festas e feliz ano! :)
Teño dereitos. Día Universal da infancia
Hoxe, 20 de novembro de 2020, celébrase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
Todas as aulas do colexio traballaremos co conto "Teño dereitos" de Miguel Robledo.
Recomendación de lecturas de medo para Samaín
Durante esta semana terrorífica podedes buscar e ler contos de medo da biblioteca do centro como estes que vos deixamos a continuación:
A verdadeira historia do Samaín
Aquí podedes ver e escoitar a historia da orixe celta do Samaín, orixinaria da nosa cultura:
Cantar e bailar no Samaín
Aquí podedes atopar cancións para cantar e bailar durante esta semana máxica de Samaín: