Son pequena, laranxa e doce,
se non me quitas a monda non me comes.
Podes confundirme coa mandarina,
pero son moito máis fina.
Quen son?
Redondos coma unha canica,
pequenos coma unha cereixiña.
Poden ser azuis coma a noite
ou vermellos coma unha mora pequeniña.
Pista:
Na terra non os aran,
dos arbustos os sacan!
Que son?
Podes tomala co almorzo
e de merenda tamén,
se vitamina C queres beber
de zume sabe moi ben!
Quen é?
É verde e amarela,
tamén é colorada.
É famosa pola súa tarta,
pero tamén podes comela,
sen que esté cociñada.
Podo ser amarela, verde ou vermella,
para gustos, cores.
Escolle a que queiras.
Que froita vas comer?
Benqueridas familias,
Achéganse unhas datas de descanso para a comunidade escolar, polo que dende a Biblioteca do centro, queremos facer unha serie de recomendacións literarias para gozar do tempo libre durante as vacacións, e non se nos ocorre mellor xeito de pasar algunha destas horas de lecer que lendo algunhas das historias que aquí vos propoñemos.
Bo Nadal a tod@s!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL.pdf | 740.15 KB |