CLÁUSULA COVID BIBLIOTECA

Remitimos documento específico en canto ó funcionamento da biblioteca no presente curso escolar 2020-2021, tendo en conta as medidas que deben ser adoptadas no relativo á crise sanitaria actual.

Equipo de Biblioteca

AdxuntoTamaño
CLAUSULA COVID PARA A BIBLIOTECA.pdf77.52 KB

DÍA DO LIBRO 2020

23 DE ABRIL 2020

O Sapoconcho Moncho quere desexarvos a tod@s un moi feliz Día do Libro!!!

 

Anímavos tamén a participar na actividade titulada:

ONDE LES DURANTE O CONFINAMENTO?

A participación é moi sinxela. Tod@s @s que queirades podedes enviar unha fotografía vosa lendo algún dos libros que estades a desfrutar durante estes días. Deste xeito, estaredes recomendando tamén ó resto de compañeir@s títulos que lles poden resultar moi interesantes!

Simplemente tedes que enviar esas fotografías ó correo prensa Sofan e listo. Poderedes envialas ata o 30 de abril. O Sapoconcho Moncho está desexando verv@s a tod@s!!!

Ata pronto e moito ánimo!!!

 

ESTRELA ROSALÍA, MARATÓN DE LECTURA

ESTRELA ROSALÍA, MARATÓN DE LECTURA

Como xa puidestes comprobar no programa de radio adicado ao aniversario de Rosalía de Castro, celebramos un maratón de lectura dende Radio Sofán:

 

ANIVERSARIO ROSALÍA 2020

24 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Conmemoramos esta data tan importante no centro, recordando que a nosa poetisa máis importante xa ten estrela no firmamento. O noso alumnado aportou ideas en torno aos nomes que el@s lle porían á Estrela Rosalía. Estas son algunhas mostras:

 

 

ANIVERSARIO ROSALÍA 2020

24 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Conmemoramos esta data tan importante no centro, recordando que a nosa poetisa máis importante xa ten estrela no firmamento. O noso alumnado aportou ideas en torno aos nomes que el@s lle porían á Estrela Rosalía. Estas son algunhas mostras:

 

 

ENTROIDO 2020

ENTROIDO 2020

O pasado mes de febreiro conmemoramos o Entroido no centro, adicado ao proxecto no que estamos inmersos, Emocionarte coas Artes. Deste xeito, convertemos o centro nun lugar cheo de artistas tales como Yayoi Kusama, Salvador Dalí, Frida Khalo, Pablo Picasso, Vincent Van Gogh, etc...

Mirade aos nosos artistas!!!

PAZ 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2020

Con motivo da celebración do Día da Paz 2020, elaboramos unha exposición adicada ao Premio Nobel da Paz 2019, O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Amed Ali. Aprendemos tamén moitas cousas sobre este país e bailamos unha danza típica. Velaquí as imaxes:

SOFÁN NEWS. XANEIRO

Xa está aquí a revista máis esperada do CEIP Gándara-Sofán. Se queredes enterarvos de todas as noticias relacionadas co noso centro ou cos arredores, das entrevistas máis destacadas, das recomendacións literarias e culturais, os pasatempos e retos máis divertidos, e incluso do voso horóscopo mensual contado polos mellores reporteiros da volta, non vos perdades Sofán News!!! Cada mes sairá a luz un novo número!

 

FEIRA DO LIBRO

O mércores 18 de decembro celebramos a Feira do Libro de Nadal no centro, coincidindo coa presentación do libro de Alba Mato, antiga alumna do centro, titulado Adeus Chupete! Ademais de contar o conto ao alumnado de 3 a 7 anos, mantivemos unha xuntanza na que nos contou cómo xurdiu a idea de escribir este libro. O alumnado tamén lle fixo preguntas e foi entrevistada na nosa primeira emisión de Radio Sofán.

Velaquí unha mostra de como transcorreu a xornada:

ACTO DE PRESENTACION DE "ADEUS CHUPETE" DA AUTORA ALBA MATO SOUTO

Hoxe celebrouse o acto de presentación do libro "Adeus Chupete" de Alba Mato Souto,  exalumna do Ceip Gándara Sofán, presentou e explicou aos alumnos de 5º e 6º de Primaria o porque da publicación deste libro e como foi posible. Tamén acudiron ao acto que tivo lugar na Biblioteca do centro ás 13:00 horas, membros da comunidade educativa do Gándara Sofán (nais, mestres e alumnos).

Logo de contarnos moitas cousas e contestar todas as preguntas que lle fixeron e que foron moitas, fixéronlle unha entrevista na Radio Sofán, que xa podedes escoitar na nosa canle de ivoox: