Adicaremos esta semana a realizar diferentes tarefas en torno á defensa dos dereitos da infancia e contra todo tipo de violencia. Estade atent@s ó traballo feito, que será publicado nos distintos blogs do centro.
Onte, día 4 de novembro o alumnado de primeiro e segundo de primaria realizou un obradoiro coa autora de "O LADRÓN DE SOÑOS", Sabela Fernández Trelles. Tamén aproveitou a visita ao noso colexio para presentar a súa nova publicación " QUÉ QUERES SER DE MAIOR, PEQUENA?"
Amosamos algunhas das imaxes que nos deixaron a xornada.
Os nenos e nenas de infantil presentámosvos "Airiños, airiños, aires", un poema de Rosalía de Castro.
Con este poema cantado conmomoramos o día das bibliotecas 2021.
Para desexarvos un bo Día das Bibliotecas, o alumnado de 5ºA interpreta "Quen puidera namorala", un poema de Álvaro Cunqueiro musicado por Luis Emilio Batallán.
Benqueridos lector@s,
Aquí vos deixamos unha serie de recomendacións literarias para desfrutar lendo este verán!
Boas vacacións a tod@s
Moncho, O Sapoconcho e o Equipo de Biblioteca
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LECTURAS Verán 2021 FINAL.pdf | 2.89 MB |
Os nenos e nenas de 4 anos desfrutaron moito cos libros da mochila viaxeira!
Desfrutaron lendo algúns dos contos que había nela, o seu favorito foi: Es ti o meu amigo!
...facendo unha das cousas que máis lles gusta que é cociñar, seguindo as receitas de Dora a Exploradora!
...e por suposto tamén desfrutaroon moito facendo as súas grandes obras de arte seguindo un libro de manualidades, o que máis lles gustou foi o floreiro!
En definitiva, pasarono xenial!
O vindeiro curso seguiremos desfrutando da mochila viaxeira!
"Os tres porquiños" en lingua de signos.
Este curso para conmemorar o día do libro as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º aprendemos este conto tan entretido en lingua de signos.