Recursos didácticos

Agasallo do alumnado de 3º para Mariña

4 de xuño de 2020

 

Un millón de grazas a todos e cada un dos nenos e nenas de 3º e ás súas familias polo mellor agasallo que calquera mestra pode recibir: o recoñecemento e o agarimo dos seus alumnos. ENCÁNTAME! Sodes moi grandes e xa formades parte da miña vida para sempre. Un bico enorme para todos! 

 

Trabalinguas

29 de abril de 2020

 

Deixámosvos aquí unha recompilación dos trabalinguas enviados por aqueles que participastes na actividade lingüístico-musical proposta por Patricia. Recoñecedes as voces dos trabalingüistas?

Parabéns!

 

Probas semanais 3º e 4º

Sabemos que todos estades desexando vervos as caras de novo e por momentos algúns de vós estades aburridos, así que propoñemos esta actividade na que debedes realizar a proba semanal que se vai publicar cada luns. Tedes toda unha semana, así que animádevos a participar!

Para iso, empregaremos esta ferramenta que se chama "padlet". Non vos esquezades de gravar un vídeo ou sacar unha foto facendo cada proba e despois colgalos aquí, onde irán aparecendo todas as vosas aportacións. Só tedes que darlle ao icono de + e xa vos aparecen as opcións para poder subir o que queirades (só as nais/pais poden colgar as fotos ou os vídeos). Se tedes calquera dificultade á hora de facelo, escribídenos ao correo prensasofan@gmail.com.

 

 

Día de Rosalía

24 de febreiro de 2020

 

O noso colexio quixo homenaxear a Rosalía de Castro no seu 183 aniversario realizando varias actividades. Por unha banda, puxémoslle fermosos nomes á estrela Rosalía e, por outra, recitamos algúns dos seus poemas desde Radio Sofán.

Ademais, na clase de 3º, destacamos a un alumno amante da poesía cun aquel especial por Negra Sombra, que nola quixo recitar tamén a través da radio.

Deixámosvos aquí as ligazóns a todas estas actividades:

- Nomes para a estrela Rosalía:

  

Día da amizade

14 de febreiro de 2020

 

Hoxe celebramos o "Día da amizade" elaborando piruletas de goma eva para os nosos amigos invisibles.

 

Obradoiro do mel

6 de febreiro de 2020

 

Esta mañá non só puidemos achegarnos un pouco ao mundo apícola e á diferenciación de distintos tipos de mel, senón que tamén lembramos a importancia de respectar e coidar ás nosas amigas as abellas, que tan necesarias son para a vida. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet