Skip to Content

Radio

Día de Rosalía en Radio Sofán

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía realizando un maratón de poemas na radio, no que participou todo o alumnado de Educación Primaria.

Queremos dar as grazas ó grupo Evoéh por deixarnos usar a súa fermosa música.

Ademais, Roberto de 3º, quixo facer unha homenaxe especial coa súa propia versión de Negra Sombra.

3º EP entrevista a Sabela

O alumnado de 3º EP entrevista a Sabela, pola súa próxima viaxe a Malta xunto con outros dous mestres, pola nosa participación no programa Erasmus+

5º EP e o día da PAZ

O alumnado de 5º EP fálanos sobre o día da paz, e sobre todo o que aprenderon de Etiopía e o Premio Nobel da Paz.

ACTO DE PRESENTACION DE "ADEUS CHUPETE" DA AUTORA ALBA MATO SOUTO

Hoxe celebrouse o acto de presentación do libro "Adeus Chupete" de Alba Mato Souto,  exalumna do Ceip Gándara Sofán, presentou e explicou aos alumnos de 5º e 6º de Primaria o porque da publicación deste libro e como foi posible. Tamén acudiron ao acto que tivo lugar na Biblioteca do centro ás 13:00 horas, membros da comunidade educativa do Gándara Sofán (nais, mestres e alumnos).

Logo de contarnos moitas cousas e contestar todas as preguntas que lle fixeron e que foron moitas, fixéronlle unha entrevista na Radio Sofán, que xa podedes escoitar na nosa canle de ivoox:

Distribuir contido


by Dr. Radut