Graduación de infantil do curso 2019/20 pendente de celbración por COVID

O curso pasado 2019/20 quedou pendente a celebración da graduación do alumnado que rematou educación infantil. A mellora nas condicións da pandemia permitiu, aínda que con algo de atraso, festexar no comezo deste curso dita graduación. Dende o C.E.I.P GÁNDARA-SOFÁN queremos felicitar a todo o alumnado graduado.

NORABOA A TODOS!.

Desexamos que a entrada en educación primaria sea estupenda e teñades un futuro próspero e cheo de cousas fermosas!!.

TODO VAI SAIR BEN!

 

NA CASA PERO XUNTOS

Uxío realizando as fichas relacionadas coa Auga. Que ben!

PEQUEFEIRA

Pequefeira en Carballo

O venres 31 de maio, o curso de 2º de primaria acudimos a vender na feira os produtos que se cultivaron no invernadoiro durante este curso. Foi moi divertido e gracias ás familias conseguimos vender todo. Noraboa!!!

MAXIA

Maxia no cole

Que divertida é a maxia!!! Gracias á ANPA poidemos disfrutar no cole dun divertido día de maxia.

 

ACTIVIDADES CO HORTO ESCOLAR 2018/2019

HOXE OS/AS NENOS/AS DE 1º DE EP ESTIVERON PREPARANDO A TERRA DO NOSO HORTO ESCOLAR.

NADAL 2018

OS/AS NENOS/AS DE 1º DE EP ENTREGANDO AO CARTEIRO AS SÚAS POSTAIS DE NADALRisa!!!!

 

NADAL 2018

OS/AS ALUMNOS/AS DE 1º E DE 2º PASÁRONNO MOI BEN DECORANDO O COLE E ENSAIANDO PARA O FESTIVAL DO NADAL 2018!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN

Chegou o Samaín!!! Todos e todas traballamos moito coas nosas familias, facendo unhas cabazas moi terroríficas e orixinais. Tamén tivemos a oportunidade de disfrazarnos e pasámolo moi ben!!!!

 

TALLER SAUDABLE

Asistimos a un taller saudable, onde nos explicaron a pirámide de alimentos e fixemos unha bruxa moi terrorífica, pero tamén moi comestible!!!

 

TABOLEIRO DA LINGUA

Con motivo da celebración do día das bibliotecas, participamos con todo o cole no taboleiro da lingua, colocando os refráns que trouxemos de casa coa colaboración das nosas familias.