MOCHILA VIAXEIRA

Izan mandounos unhas fermosas fotos sobre a mochila viaxeira. Fixo unha gran manualidade e unha tarta cunha pinta espectacular, que aproveitou para celebrar o seu aniversario. Moi ben!!!!

 

 

 

    

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Lemos o libro "PARECE UNHA ROSA", cantamos o poema "Adiós ríos, adiós fontes" e fixemos unha careta.

 

 

MOCHILA VIAXEIRA

MOCHILA VIAXEIRA

Xa temos os primeiros traballos que se fixeron coa nosa Mochila Viaxeira. Noa Antelo e Elena quixeron compartir con nós o ben que o pasaron cociñando e facendo as manualidades do libro de títeres. 

   

ENTROIDO 2021

ENTROIDO DE CINE

Chegou un ano máis a celebración da nosa festa favorita: O ENTROIDO! Este ano o tema foi o cine. Houbo personaxes para todos os gustos: Brancaneves, Jack Sparrow, O Rei León, Ninjas,  Superheroes, Vilanas como Cruela de Vil... Despois rematamos a festa coa degustación de doces típicos desta época: filloas, rosquillas , orellas... Pasámolo moi ben !!!