ENTROIDO 2021

ENTROIDO DE CINE

Chegou un ano máis a celebración da nosa festa favorita: O ENTROIDO! Este ano o tema foi o cine. Houbo personaxes para todos os gustos: Brancaneves, Jack Sparrow, O Rei León, Ninjas,  Superheroes, Vilanas como Cruela de Vil... Despois rematamos a festa coa degustación de doces típicos desta época: filloas, rosquillas , orellas... Pasámolo moi ben !!!

ENTROIDO ARTÍSTICO

CELEBRAMOS O NOSO ENTROIDO ARTÍSITICO

Estivemos de festa, festexando unha das celebracións que máis nos gusta do ano: O ENTROIDO!!  Este ano tivemos a temática do arte, máis concretamente , pintores e cadros destacados. Tamén, outro día, puidemos vir disfrazados do que quixeramos da casa. Fixemos unha merendola onde degustamos postres típicos destas datas que trouxeron da casa: orellas. filloas, rosquillas.... Estaban riquísimas!!! Moitas grazas, pola colaboración de todas as familias. 

Agora deixámosvos unhas fotos dos disfraces tan orixinais e divertidos que trouxeron os nenos e nenas.

 

ENTROIDO

O entroido deste ano foi moi colorido e imaxinativo, as familias traballaron moito para a confección duns disfraces moi orixinais. Con tanta diversión, ao alumnado entroulle a fame e comemos un montón de filloas, rosquillas, orellas e todo tipo de produtos de entroido.  O tema era a robótica seguindo un dos proxectos do centro.

ENTROIDO

O entroido é unha festa moi divertida, este curso ademáis dos mandadiños disfrazámosnos de espantallos, e gracias ás familias, degustamos dunha deliciosa merenda con filloas, rosquillas, orellas, biscoito e incluso en segundo con galletas que tiñan as iniciais dos nomes do alumnado. Gracias a tod@s.

ENTROIDO

 

O entroido 2016 estivo adicado a "Neira Vilas" e ó seu libro "Memorias dun neno Labrego". Todo o alumnado veu vestido para a ocasión e grazas á colaboración das familias,degustaron comida típica de entroido. Como todos os anos, o xoves pola tarde trouxeron disfraz libre e pasárono moi ben xogando.

 

  

 

 

  

ENTROIDO 2015

Este curso seguindo coa temática relacionada coa Paz, e dado que Gandhi e Satyarthi son da India e Malala é de Paquistán, decidimos disfrazarnos con vestimenta hindú.

Agradecemos ás familias a aportación de doces relacionados co entroido. Estaban boísimos!!!!

Entroido PITUFO

Despois de varios días celebrando o entroido cos mandadiños do Meco, chegou o día da festa pitufa. Para colller forzas comemos unhas filloas, orellas e rosquillas riquiiiiiisimas feitas polas familias.

 

 

 

Unha vez que collimos forzas, fomos ao pavillón do cole para facer a actuación que levabamos tantos días ensaiando " Asereje pitufo". Saiunos xenial!

 

 

 

Despedimos a nosa sardiña

O ENTERRO DA SARDIÑA

Xa morreu a sardiña,

levana enterrar,

con moita morriña 

o cura e o sacristán.

Xa choran as boas xentes,

Ai...,mira, chorando están!

Dando berros doloridos,

Dando berros sin parar

Que se escoitan na rúa,

Na praza e no bar.

Ai… que loito máis riguroso!

Que pena máis colosal!

Desmaio…dolor…angustia

levana enterrar,

con moita morriña 

o cura e o sacristán.

A máis fermosa sardiña 

E o entroido acabado está.

(Isabel Medina, adaptación)

Disfraces

O xoves pasamos unha tarde xenial cos disfraces que trouxemos da nosa casa, bailamos, xogamos...

   

   

 

 

Os turistas de Sofán

Como somos todos ben guiadiños, o xoves viñemos equipados con todos os complementos que nos propuxo o Meco.

 

Estabámos ben guapos, va que si??