Segunda semana da froita na escola
Entre os días 23 e 27 de febreiro, celebramos a segunda semana da froita nos primeiros minutos do recreo, tivemos moita variedade e os pregoeiros visitáronnos cada día para adiviñar a froita, estaba boísima!!!!
Celebramos o enterro da sardiña, este ano non nos acompañou o bo tempo, e decidimos incinerala.
O ENTERRO DA SARDIÑA
Xa morreu a sardiña,
levana enterrar,
con moita morriña
o cura e o sacristán.
Xa choran as boas xentes,
Ai...,mira, chorando están!
Dando berros doloridos,
Dando berros sin parar
Que se escoitan na rúa,
Na praza e no bar.
Ai… que loito máis riguroso!
Que pena máis colosal!
Desmaio…dolor…angustia
levana enterrar,
con moita morriña
o cura e o sacristán.
A máis fermosa sardiña
E o entroido acabado está.
(Isabel Medina, adaptación)