Despedimos a nosa sardiña

O ENTERRO DA SARDIÑA

Xa morreu a sardiña,

levana enterrar,

con moita morriña 

o cura e o sacristán.

Xa choran as boas xentes,

Ai...,mira, chorando están!

Dando berros doloridos,

Dando berros sin parar

Que se escoitan na rúa,

Na praza e no bar.

Ai… que loito máis riguroso!

Que pena máis colosal!

Desmaio…dolor…angustia

levana enterrar,

con moita morriña 

o cura e o sacristán.

A máis fermosa sardiña 

E o entroido acabado está.

(Isabel Medina, adaptación)

 

Chegou o día de despedir a nosa queridiña sardiña, Todos estabamos moi tristes e viñemos preparados para a ocasión.