NADAL

Celebrando o Nadal

 Os alumnos e alumnas de 1º e 2º fixeron diversas actividades para festexar o Nadal, e tamén recibiron con moita alegría, ao Apalpador que lles trouxo uns agasallos.

                 

 

 

               

                       

 

           

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL

Fomos de excursión a Carballo para coñecer a biblioteca municipal. Recibíronnos con moita alegría e compartimos a mañán co alumnado de infantil de 3 e 4 anos e cunha clase do CEIP FOGAR. Levamos unha gran sorpresa cando descubrimos aos ratiños da biblioteca, que nos explicaron como facernos socios e poder solicitar os libros, e xa de paso, contáronnos algúns dos libros que alí podemos atopar. Foi moi divertido!!!

 

 

 

 

PEÓN - MAGOSTO

Como todos os anos no outono celebramos o peón e o magosto o mesmo día. Pola mañán facemos un concurso de peón por clase e pola tarde coa axuda de David degustamos as castañas .

 

 

 

PEÓN - MAGOSTO

Como todos os anos no outono celebramos o peón e o magosto o mesmo día. Pola mañán facemos un concurso de peón por clase e pola tarde coa axuda de David degustamos as castañas .