A mochila viaxeira visitou a casa de Breixo, e enviounos estas preciosas fotos do seu traballo. Noraboa Breixo!!!
Sofía enviounos unhas fotos da mochila viaxeira, parece unha gran cociñeira!!!! Que sorte que lle tocou ao mesmo tempo que á súa irmá Alba!!!
Delia enviounos as fotos do traballo da mochila viaxeira. Canto traballou!!! Moi ben!!!
A mochila viaxeira tróuxonos máis información do traballo feito na casa.
Fiz enviounos unhas fotos das receitas que fixo coa súa familia, teñen moi boa pinta!!! Felicidades polo traballo!!!
Lucía enviounos fotos das actividades, estiveron plantando semillas de cabazas, pirixel e flores. Tamén fixeron unha grilanda con botellas de plástico vellas. Noraboa polo traballo en familia!!!
Izan mandounos unhas fermosas fotos sobre a mochila viaxeira. Fixo unha gran manualidade e unha tarta cunha pinta espectacular, que aproveitou para celebrar o seu aniversario. Moi ben!!!!