Skip to Content

Educación física

ESCALADA NA ESCOLA

BAUTISMO DE ESCALADA

 
  Este venres 5 de marzo de 2022 o alumnado de 3º a 6º viviu unha intensa xornada de ciencia, visitando o MUNCYT, e deporte: nada menos que a práctica do bulder. Grazas ao convenio que o Concello da Coruña ten con AMI, a Asociación de Montañeiros Independentes situada na mesma cidade, gozamos dun bautismo de escalada no rocódromo de Riazor. 
 
  Os deportes de montaña teñen un potencial educativo que trascende do meramente motriz, ademais de desenvolver capacidades físicas e de brindar experienccias moi enriquecedoras en aspectos psicolóxicos e sociais. Ensínannos a xestionar o medo, a confianza, a superación de barreiras e a cooperación. Os nosos alumnos comprobaron persoalmente que isto é así e todos e todas, incluso aqueles máis reacios, superáronse a si mesmos tratando de ascender polos percorridos marcados. Son uns auténticos campeóns!! E para mostra as seguintes imaxes:
 
 
  Este tipo de actividades, polos condicionantes de material, organización e instalacións que precisan, non son doadas de seren postas en práctica de xeito habitual así que agradecemos aos monitores de AMI a posibilidade de experimentar esta modalidade deportiva tan interesante. Se queredes repetir a experiencia podedes consultar no seguinte link os cursos e xornadas que ofertan:
 

https://amimontanismo.es/actividades/cursos/

 

  AMI
 
 

O ATLÁNTICO PARTE DE TI

O ATLÁNTICO PARTE DE TI

  O pasado 28 de xaneiro de 2022 os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron no programa "O Atlántico parte de ti", organizado polo Concello da Coruña en colaboración coas consellerías de Deportes e Educación, e que ten como finalidade acercar o mundo da vela á rapazada destas idades. A primeira hora da mañá acudimos ás instalacións do RC Clube Náutico da Coruña, onde os monitores nos recibiron e explicaron en que ía consistir a xornada.

Los optimist, en la bahía coruñesa. |  // PEDRO SEOANE

  O obxectivo desta actividade complementaria era adquirir as técnicas básicas da vela, ademais de coñecer, comprender e respectar as normas de seguridade e protección para practicar actividades e deportes acuáticos. Foi unha experiencia sumamente divertida, interesante e enriquecedora na que o bo tempo se aliou con nós e a única pega foi que o vento fixo que nos tivesen que remolcar para voltar ao porto.

  Aprendemos terminoloxía específica do mundo da vela... A que xa non volveredes a dicir "corda", senón "cabo" ou a confundir babor e estribor? E para poñerlle a guinda ao pastel o director do clube permitiunos facer unha breve viaxe nunha embarcación a motor... A zodiac.

 

  Agardamos que esta visita poida repetirse no vindeiro curso e, en calqueira caso se quedastes con gañas de máis, podedes participar nalgún dos campamentos de verán ou cursos de navegación que ofrecen.

 

  Xa para finalizar, déixovos o link do vídeo que resume á perfección que "O Atlántico forma parte de nós":

 

 

https://fb.watch/b2jdkV8xO2/

CARREIRA ENKI 2021

O venres 22 de outubro levouse a cabo no noso colexio a CARREIRA ENKI; unha carreira de obstáculos que se desenrola como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

ENKI PROYECTO

Que ben o pasamos!!!!

 

 

 

SOMOS GAÑADORES!!!!!!!!!!!

Photocall máis orixinal

 

 

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

Ao longo deste curso estivemos traballando os hábitos saudables e a promoción da actividade física. Estes contidos foron traballados tanto nas sesións de educación física como nas diversas actividades puntuais que se levaron a cabo no centro. 

Carreira solidaria polo día da paz

Con motivo desta conmemoración levamos a cabo unha recollida solidaria en favor do banco de alimentos Rías Altas e, ademais, implicamos ao alumnado na realización dunha carreira no recinto do centro. 

 

Modalidades novas

Grazas á adquisición de novos materiais e á colaboración da mestra que tivemos en prácticas, puidemos iniciar ao noso alumnado en modalidades deportivas menos coñecidas como son o rugby cinta, o disc golf e o béisbol. 

 

Xogos tradicionais

Vencellado ao traballo relacionado polo alumnado de 5º e 6º sobre o parque de Vioño, aproveitamos para coñecer, tanto neste parque coma no centro, modalidades tradicionais, como o varapau e tirafungueiro, entre outros. 

 

Carreiras de orientación

Aproveitando as saídas ao parque de Vioño, levamos a cabo traballo de carreiras de orientación. O alumnado implicouse na elaboración dos mapas e dos diferentes percorridos que posteriormente empregamos para a realización de carreiras. 

 

Imaxes nun ficheiro adxunto. 

FIN DE CURSO 2019/2020

Ola a todos e a todas!

Quero darvos a noraboa polo esforzo feito nestes meses, sodes uns valentes!!!!

 

Gustaríame desexarvos unhas felices vacacións e que pasedes un bo verán. Aproveitade as ocasións que teñades para facer calquera tipo de actividade física, o que máis vos guste. Facede fotos practicando e á volta, ensinádesmas.

 

Quero facervos unha proposta, a ver se buscades algún ratiño de tempo libre e construides algún material que poidamos empregar o próximo curso. Déixovos a continuación algúns vídeos para que collades ideas e se inventades vos algún outro material ou xogo, moito mellor. 

VÉMONOS EN SETEMBRO CON MOITOS MÁIS XOGOS E AGARDO QUE ALGÚN QUE OUTRO XOGUETE NOVO.

Moitos bicos e abrazos para todos e todas, que dende a distancia sí que se poden dar.

 

MANS Á OBRA!!!!

SOLUCIÓNS Facendo deporte polo noso barrio

Ola a todos e a todas!!!

Como foi o reto do deporte no barrio?

Algúns xa me mandastes fotos dos vosos paseos.

Déixovos aquí un collage que me enviaron. Se queredes que o poña aquí, enviádeme os vosos.

E aquí tedes as solucións!!!!!!  Quen acertou todas???? Poñédeo aquí nos comentarios.

 

FACENDO DEPORTE NO NOSO BARRIO

Solucións

LUGAR

Nome do sitio

Enderezo

Foto

1

Cis

Rúa Francisco Tettamancy, 26

Ver

2

Pavillón CEIP Rosalía de Castro

Rúa Pontedeume

Ver

3

Ximnasio IES Sardiñeira

Avda. Arteixo, s/n

Ver

4

Pavillón Sagrada Familia

Rúa Pasteur, 2

Ver

5

Parque estación RENFE

Praza San Cristóbal

Ver

6

Campo de fútbol A Grela

Rúa Galileo Galilei, 6

Ver

7

Mesa ping pong Vioño

Parque de Vioño

Ver

8

Bike & Fit

Rúa Cardenal Cisneros, 11-13

Ver

9

Complexo Deportivo Sardiñeira

Avda. Arteixo, s/n

Ver

10

0,0 Pádel

Rúa Gutemberg, 30

Ver

11

Círculos xardín Vioño

Parque de Vioño

Ver

12

Parque Centro cívico

Rúa Puerto Rico

Ver

13

Pista de Chave Sagrada Familia

Rúa San Jaime, 29-25

Ver

14

Padel & Beer

Avda. Finisterre, 269

Ver

15

Meraki

Avda. Arteixo, 88

Ver

 

 

FACENDO DEPORTE POLO NOSO BARRIO

 

Semana do 18 de maio

Ola a todos e a todas!

 

Espero que sigades facendo algo de exercicio agora que xa se pode saír un pouquiño pero recordade tomar as precaucións necesarias.

 

Esta semana propóñovos un xogo de búsqueda, trátase de facer algo de exercicio polo barrio, aproveitando o momento do paseo, de xeito lúdico. Tedes a continuación un mapa do barrio, cuns lugares sinalados. Estes lugares están relacionados co deporte. Creo que dende os vosos domicilios non hai mais de 1 km pero se así fora, non fai falla que vaiades a todos.

 

O obxectivo deste xogo é localizar estes lugares no mapa, achegarse a eles e ver que hai alí que teña que ver co deporte. Despois do paseo debedes cubrir a táboa que vos mando coa información que se vos pide. Se ademais disto adxuntades unha foto vosa neses lugares, moito mellor. No cadro, marcade se fixestes ou non a foto e despois podedes enviala por correo ou Whatsapp.

 

A VER QUEN CONSIGUE DESCUBRIR O MAIOR NÚMERO DE LUGARES DEPORTIVOS DO BARRIO!!!!

 

A continuación tedes a táboa para cubrir e abaixo podedes deixar os vosos comentarios sobre esta actividade:

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA

Semana do 5 ao 8 de maio

Ola a todos e a todas!!!

Espero que sigades todos ben e agora que xa se pode saír algo, estedes un pouquiño máis animados.

O que vos propoño a partires de esta semana é que aproveitedes o tempo de paseo para facer algo de exercicio.

LEMBRADE facer antes algo de quecemento, podedes seguir a folla que vos deixei a outra semana: exercicios de movilidade articular, algo de carreira suave e exercicios intensos.

E despois do quecemento, a desfrutar do paseo como máis vos guste: 

    nino-y-nina-imagen-animada-0125nino-y-nina-imagen-animada-0220      

 

Consideracións a ter en conta nas saídas coa poboación infantil realizadas polo COLEF "Consejo General de la Educación Física y Deportiva".

      

    

    

 

 

Aspectos a ter en conta segundo as idades:

3 a 5 anos

 

Nas primeiras idades atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e os hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicacións e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademáis facilitarase que nenas e nos elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.

 

6 a 11 anos

Nesta idade, a competencia motriz debe permitir comprender o seu propio corpo e as súas posibilidades e desenvolver as habilidades motrices básicas en contextos de práctica que se irán complicando a medida que se progresa nos sucesivos cursos.

O xogo é un recurso imprescindible nesta etapa!!

 

 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020

O CEIP José Cornide Saavedra segue activo na casa.

+EF!

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA

Semana do 27 ao 30 de abril

 

Proposta para todos os días

 

NIVEL I NIVEL II NIVEL III
     

Xogo de Simón di

Déixovos un xogo de coordinación de pés para que practiquedes na casa. Só necesitades ver o vídeo e seguir todos os niveis.
Conseguirás chegar ao último?. Xa me contarás.
No vídeo aparecerán cores, non tedes que pintar no chan, simplemente aproveitade as baldosas de casa, usade cinta de pintor ou pegade gomets no chan. Saltade cara adiante ou cara atrás sen equivocaros.
Cando apareza un pé só, apoiades un pé. Da igual que sexa o esquerdo ou o dereito.
Se saen dous pés, apoiades os dous.
Imoooooos

 

OS RETOS DESTA SEMANA

Ánimo a todos e a todas!!!

Acordádevos de deixar os vosos comentarios pinchando máis abaixo.

Distribuir contido


by Dr. Radut