Skip to Content

Educación física

RECAUDACIÓN SOLIDARIA CARREIRA ENKI 2022

Hoxe venres 20 de xaneiro fixemos entrega, a Ángel López presidente da Fundación Abrente,do importe recaudado na Carreira Enki celebrada no noso colexio o día 2 de Decembro de 2022.

AS FAMILIAS VEÑEN Á ESCOLA

Hoxe tivemos a visita do pai de Elsa de Infantil.

Contounos como é o seu traballo como adestrador no clube Orlando Pirates de Johannesburgo en Sudáfrica co que recentemente gañou a Copa.

Puidemos facerlle moitas preguntas sobre o deporte que tanto lles gusta a algúns como é o FÚTBOL.

 

            

 

  

  

 

 

BREAK DANCE!

BREAK DANCE CON AD A RÚA

ACROBANZA - BreakDance

  Nesta xornada, un bailarín da asociación AD A Rúa, da Coruña, especialista en Break Dance, acudiu ao centro dentro do programa "Coñece ao meu clube" para impartir sesións desta modalidade deportiva a cativada de 3º a 6º de primaria. Comezamos cuns divertidos exercicios de quecemento, xa que é un baile moi esixente fisicamente:

 

  Despois aprendemos unha chea de pasos con nomes moi curiosos e algúns realmente difíciles de reproducir pero... Claro que os nenos e nenas do Cornide o lograron! Ata parecía sinxelo! Non volos perdades no vídeo adxunto.

  

 

  E para rematar a sesión, ademáis dunha demostración de baile, retos en círculo para ver que ousados emprendían unha batalla no centro da pista. Non faltaron voluntarios!! 

 

  Por sorte, esta escola queda moi pretiño do colexio así que se quedastes con gañas de máis, non dubidedes en apuntarvos!!

 

   Pero se prefires botarlle unha ollada antes.. En Instagram podedes ver as marabillas que fan nesta escola.

 https://www.instagram.com/cd_darua/

Cociña saudable

COCIÑA SAUDABLE

 

Este ano a nosa colleita de tomates cherri foi espectacular e durante os recreos serviu de parva a moitos dos nenos e nenas. Pero queriamos ir un chisco máis alá. Estamos participando de forma paralela nos programas PVDA e no contrato programa Edusaúde. A través dos mesmos, trataremos de fomentar hábitos máis saudables, polo que a alimentación se converte nun pilar excepcional.

                

 

Propuxemos un reto á nosa cativada: Idear receitas con base de tomate e con temática animal ou fantástica que despois puidesen ser levadas a cabo.

  Os resultados foron, canto menos, moi orixinais e o proceso moi didáctico e divertido. Estamos desexosos de poñer en marcha o horto e ver como da froitos. Non vos perdades o próximo capítulo mentres gozades destes saborosos pratos.

 

      

 

 

Mmm..  Delicioso!!!  

 

    

 

 

 

Polo San Martiño, trompos ao camiño

coledaseca: 2016

O 11 de novembro celebramos no centro o magosto cunha xornada chea de actividades. Neste día, celebración do san Martiño xa se sabe que... "Polo San Martiño, trompos ao camiño"! Tivemos a ocasión de asistir a un espectáculo de peonza cun campión de sona internacional que nos fixo unha chea de trucos a cada cal máis abraiante. Velaquí unha mostra visual para que vos fagades unha idea do moito que gozamos:

 

A continuación, o alumnado de 5º e 6º organizou un circuíto de xogos con castañas. Por fin puidemos compartir grupo alumnos e alumnas de distintos niveis e realmente foi un tempo que disfrutamos ao máximo. Noraboa aos organizadores!

 

    

 

   

  

Coñece o meu club: SILVA FC

COÑECE O MEU CLUB: SILVA CLUB FÚTBOL

 

Club Silva SD

É innegable o poder de atracción que ten o fútbol para a cativada e, dende a área de EF, non podemos deixar de aproveitar este tirón para afrontar os valores deste deporte e dirixilos cara un estilo lúdico no que predomine o xogo limpo e as ganas de pasalo ben fronte a gañar. Os entrenadores do Silva acudiron ao colexio para desenvolver unha xornada de aproximación a este deporte para os máis novos de primaria: os alumnos de 1º e 2º, algúns dos cales nunca tiveran contacto co mesmo. Foi unha oportunidade perfecta para que perdesen o medo e se iniciasen nos golpeos, as conducións e outras habilidades que fan o fútbol tan característico. En canto as condicións sanitarias o permitan, continuaremos con esta práctica nos recreos. Grazas equipo!

 

Coñece o meu club: EDUKAIUDO

COÑECE O MEU CLUB: EDUKAIUDO

Nuestras equipaciones - edukajudo

Os responsables e profesores do club Edukaiudo, que impartirán esta actividade coma extraescolar no centro, acudiron ao colexio a mostrarnos en que consiste este deporte. Non só fixeron unha exhibición senón que mesmo... O probamos!! Cativada de todos os cursos, dende infantil ata primaria, gozou cunha xornada deste deporte aprendendo técnicas sinxelas básicas e loitando de forma atenta e controlada cos compañeiros. 

Os obxectivos perseguidos foron os seguintes:

  • Posición de seguridade no judo chan.
  • A posición estable o inestable no chan. 
  • Introducción os volteos no judo chan. 
  • Exercicios e xogos que faciliten o descubremento guiado no judo chan. 
  • Aproximación a práctica libre no chan. 
  • A posición estable o inestable no judo pe. 
  • Exercicios de habilidade e introducción o concepto de estabilidade. 
  • Concepto de agarre e importancia de éste no Judo. 
  • Exercicios e xogos que faciliten o descubremento guiado de movementos no judo pe. 
  • Aproximación a práctica libre no judo pe

Foi unha experiencia que non deixou a ninguén indiferente e na que todos e todas aprendemos divertíndonos. Repetiremos!!

Coñece o meu club

Coñece o meu club: RUGBI UDC

todos los deportes > deportes alternativos > rugby tag

A última semana de febreiro e a primeira de marzo, son as datas escollidas para a celebración do taller de rugbi-tag impartido por dúas das xogadoras do equipo feminino de rugbi da Universidade da Coruña. Nelas fixemos unha aproximación aos aspectos técnico-tácticos máis importantes deste deporte, que é importantísimo para desenvolver valores de cooperación, xogo limpo e traballo en equipo. 

 

Foron 4 sesións nas que o alumnado de 3º s 6º vivenciou este deporte e con todo quedamos con gañas de máis. Agardamos repetir en próximos cursos. Déixovos a continuación unhas fotografías nas que se ve o ben que o pasamos.

 

EDUCACIÓN VIAL SOBRE RODAS

APROXIMACIÓN Á EDUCACIÓN VIAL: DESPRAZÁMONOS EN BICICLETA.

 

  A Policía Local, conxuntamente co concello da Coruña e o servizo Bicicoruña, organizou este curso un programa de educación vial que busca mellorar a seguridade dos escolares neste ámbito, transmitindo valores e actitudes de conducta cívicas. Do mesmo xeito, preténdese potenciar o emprego da bicicleta como medio de desprazamento habitual, mesmo para os traslados ao colexio nos cursos superiores.

  No noso colexio estamos moi concienciados co deterioro medioambiental, atopando neste medio de transporte un recurso moi útil. Con todo, non podemos obviar os inconvenientes que conleva, sendo imprescindible que dende idades ben temperás se incida e traballe na prevención de accidentes sensibilizando ao alumnado cara unha educación viaria responsable.

 

  Calqueira actividade con bicicletas de por medio é de por si moi atractiva para o alumnado así que todos se mostraron moi dispostos a colaborar. Este programa levouse a cabo en tres fases diferentes:

  • Inicialmente e para constatar que era viable levala a cabo, os nenos e nenas de 5º e 6º trouxeron ao centro as súas bicicletas. Mediante un circuíto e distintas actividades, puxeron a proba as súas habilidades e demostraron que, aínda que todavía temos que mellorar, son amplamente capaces. A motivación e o interese que mostraron foi enorme.

 

  • O luns 9 de maio realizáronse no colexio dous talleres. Mentres un grupo aprendía normas básicas de circulación e sinalización nos desprazamentos cunha charla dada pola policía local, no outro un responsable de Bicicoruña explicaba aspectos básicos de mecánica e manexo de bicicleta: Regulación do sillín, funcionamento de cambios e utilización de frenos, sustitución de cámara, axustes varios, etc. Incluso os organizaron en parellas e cronometraron o tempo que tardaban en sustituír unha cuberta cuns resultados sorprendentes e unha incrible facilidade. Noraboa!

 

  • E finalmente o día tan agardado: a ruta ciclista. O mércores 18 de maio foi o día escollido. A mañá apareceu chuviosa e pouco agradable pero finalmente a chuvia dou un respiro e facilitou a saída. Para garanter a seguridade dos nenos e nenas, acudiron ao centro 3 compoñentes da policía local, xunto con persoal responsable do programa Mobi-Liza e a furgoneta de Bicicoruña, que facilitou as bicicletas para o alumnado que non dispoñía da súa propia.  Antes da saída comprobamos que todas as bicicletas estaban en condicións óptimas para poder saír e, seguidamente, déronnos unhas indicacións para circular axeitadamente incidindo na importancia de respectar a distancia de seguridade co compañeiro de diante. Iniciamos o percorrido na rúa do Ferrocarril e circulamos en grupo ata chegar ao centro de Bombeiros, onde nos ofreceron avituallamento e nos explicaron o funcionamento do parque e dalgúns dos elementos que se empregan nunha emerxencia, coma as grúas e mangueiras. Finalmente, volvemos ao colexio contentos aínda que cansos e desexando repetir a experiencia en cursos vindeiros.

 

 

 

Vémonos na próxima!

DÍA DA EF NA RÚA

DÍA DA EF NA RÚA

 

 #DEFC2022 #DEFR2022

 

  Este 27 de abril celebramos o esperado Día da E.F. na rúa. Esta actividade, organizada polo COLEF, tiña este curso o lema "EF sosteniendo la salud y el planeta" e buscaba unha maior conciencia social empregando material de refugallo. As familias fostes as encargadas de dar forma a este proxecto e construír os implementos necesarios. Saíron cousas xeniais! 

  Deste xeito, armados con discos voadores, paladós e bipalas fomos ata o parque de Vioño para desfrutar dunha xornada de actividade física ao aire libre na que todos os participantes se entregaron ao máximo e colaboraron para que os xogos fosen aínda máis divertidos.

 

  Queda por aquí unha mostra de como foi esta experiencia. 

  Sen dúbida, os nosos alumnos e alumnas amosaron a todos aqueles que se detiveron a mirar,  o que é a actual Educación Física e como é o traballo que se realiza nas aulas. Ademais, sentíronse orgullosos de demostrar que a Educación física é unha disciplina integral e integradora, para todos e para toda a vida, e a base para instaurar uns hábitos saudables e un estilo activo de vida. Así que non nos queda máis que dicir...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut