Gallego

S1701011 - Deseño e fabricación de mobles con Polyboard

Summary: 

Polyboard é un software para facer deseños de mobles e proxectos (por exemplo: unha cociña enteira). Curso de 25 horas no CAFI do 10 ao 13 de xullo.
Gallego

Código actividade: S1701011

20 prazas

25 horas

Temporalización: 10, 11 e 12 de xullo (de 9 a 15 horas) e 13 de xullo (de 9 a 16 horas). No horario do xoves 13 está incluída unha visita á empresa TOGAR COCINAS, de SANTIAGO (visita de 2-3 horas).

Relator: Francisco Martín Martín (Empresa SICAM)

Corpo/Especialidade:

511123 - Procesos e produtos en madeira e moble

590123 - Procesos e produtos en madeira e moble

591204 - Fabricación e instalación de carpintería e moble

Obxectivos:

Deseñar mobles segundo estancias como salóns, cociñas, baño, dormitorio etc.

Fabricar mobles baseándose nas listas de cortes, mecanizados, listas de materiais etc xerados polo software.

Xerar presupostos tendo en conta o que se definiu no moble (tipo de material, tipo de cantos, tipos de ferraxes etc).

Contidos:

Descrición xenérica das funcións do programa. Deseño dun moble básico.

Personalización do programa. Creación das bibliotecas de materiais de taboleiros e cintas e as de ferraxes e regras de posicionado.

Métodos de fabricación. Gabeta. Tipoloxía. Submétodos para o corpo do moble, o estilo do material e dos cantos, para a división, as ferraxes e os caixóns.

Funcións de deseño. Concepto de programa paramétrico. Facilidade para modificar as dimensións e posicións dos compoñentes, mover e axustar a posición das ferraxes. Tipos de compoñentes interiores como estantes, montantes, divisións libres ou dobres fondos.

Opcións avanzadas de deseño. Caixeado interior. Baleirado. Definición de inclinacións en teitos. Mecanizado de compoñentes, interior, cantos, esquinas. Pezas compostas (estruturas).

Información para fabricación e presuposto. Listas de corte. Informe con vistas do moble, listados e planos acoutados. Etiquetas. Obtención de programas para CNC.

Proxectos. Concepto. Creación de solos e muros. Inserción e posicionado de mobles nun proxecto. Acoutación.

Web do programa informático:

http://www.sicam-info.com/polyboard.htm

Asesor encargado da actividade: antonvicente@edu.xunta.es

 

S1701011 -  Deseño e fabricación de mobles con Polyboard
S1701011 - Deseño e fabricación de mobles con Polyboard

S 1701006 O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), unha aproximación práctica

Summary: 

Curso do plan 2017-18
Gallego

O día 10 de xullo comezará o curso “O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), unha aproximación práctica” programado para o profesorado de Formación Profesional da familia de Administración e Xestión .

Contidos do curso:

1.Rendas exentas e rendas suxeitas, unidade familiar e tributación conxunta, sancións e recargas, IRPF dos arrendamentos.

2.Rendementos de actividades profesionais en estimación directa, rendementos de actividades agrícolas e gandeiras, réxime especial de agricultura gandería e pesca.

3.A obriga de declarar. As obrigas fiscais do comercio minorista. O aprazamento das débedas tributarias. O embargo de soldos e salarios. Retencións e cálculo.

4.As ganancias patrimoniais. Módulos: obrigas fiscais de bares e restaurantes.

5.Reducións, mínimos persoais, plans de pensións, deducións. Supostos prácticos

 

Esta actividade desenvolverase dende o 10 ata o día 14 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e terá lugar nas aulas do CAFI

Enlace a Fprofe:

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78285

curso IRPF
curso IRPF

S1701021 Técnicas luminotécnicas para espectáculos musicais e visuais en vivo

Summary: 

Curso do Plan Anual 2017-18
Gallego

A partir do vindeiro 3 de xullo de 2017 iniciarase un curso programado para profesorado da familias de Imaxe e son “Técnicas luminotécnicas para espectáculos musicais e visuais en vivo”.

Os obxectivos deste curso inclúen:

1.Elaborar memorias por zonas, escenas ou cues, definindo grupos de canles, intensidades e posicións de aparellos de iluminación fixos e robotizados

2.Memorizar na mesa de luminotecnia e en controis accesorios as intervencións de equipamentos especiais, como proxectores láser, flashes estroboscópicos e máquinas de fume

3.Executar en vivo as evolucións de iluminación acordes coa escaleta da sesión de animación músico-visual, sincronizando a entrada de efectos coa música, as actuacións e a proxección de medios visuais, e realizar improvisacións

Temporalización: do 3 ao 5 de xullo

Lugar de celebración: IES Arcebispo Xelmirez. Santiago

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78312

técnicas luminotécnicas
técnicas luminotécnicas

L1703002 - Novas formas de xestión empresarial: a economía circular

Summary: 

Encontros a desenvolver no salón de actos do CFR de Lugo os días 11 e 12 de xullo de 2017
Gallego

Esta actividade ten 12 horas de duración e está dirixida a profesorado de:

  • Bacharelato
  • Ciclos formativos
  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional

Obxectivos

  1. Adquirir coñecementos básicos sobre a economía circular para a súa aplicación na elaboración de proxectos de empresa. Principios da economía circular.
  2. Aplicar a responsabilidade social empresarial como elemento de marketing na empresa.
  3. Utilizar a marca como elemento de calidade das empresas na economía circular.

Contidos

  1. A economía circular: concepto e alcance. Principios da economía circular.
  2. A responsabilidade social empresarial: a súa vantaxe competitiva no mercado.
  3. A marca como elemento diferencial na economía circular.

Relatora

  • Tamara Rodríguez Silva

Máis información

Novas formas de xestión empresarial: a economía circular
Novas formas de xestión empresarial: a economía circular

G1602040: Apaixónate

Gallego

Data: 

13/05/2017

Lugar: 

Salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago

Horario: 

De 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00

Sección: 

G1602040: Apaixónate

Summary: 

Xornada formativa de temática transversal ao profesorado de FP, e destinada preferentemente ao profesorado de FP da especialidade de FOL, aos orientadores dos CIFP, aos coordinadores de emprendemento e aos titores de viveiros de empresas dos CIFP.
Gallego

Estas Xornadas foron organizadas pola Subdirección de Formación Profesional, en concreto dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia eduemprende. Por esta mesma razón, aínda que se considera que a temática pode ser do interese de todo o profesorado, está dirixido principalmente aos orientadores dos centros integrados de Formación Profesional (CIFP), aos titores de viveiros de empresas dos CIFP, aos coordinadores de emprendemento e ao profesorado da especialidade de formación e orientación laboral.

Contará coa participación de persoas relevantes do ámbito non educativo, na formula de conferencias de non mais de 30 minutos. Achégase o programa das Xornadas, no cal poderá apreciarse o variado tanto das temáticas coma do perfil dos relatores.

Data de comezo:  13/5/2017

Data de finalización: 13/5/2017

Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago

Número de horas totais: 8

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=77645

apaixonate

G 1601006 Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

A partir do vindeiro 28 de marzo iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Administración e Xestión: “Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática de contabilidade NominaSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 9 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a titora propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso na Rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73656

Nóminas
Nóminas

Estadías formativas en empresas

Summary: 

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017
Gallego

Ata o vindeiro día 6 de marzo, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa  Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial e de Artes plásticas e Deseño.

O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.

As Estadías Formativas brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:

Temporalización

O período de realización das estadías comprende dende o 17 de abril de 2017 ata o 8 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:

  • A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.

  • Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas ininterrompidas e o máximo é de 8 horas.

  • Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.

  • A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fóra do horario lectivo.

Solicitude

O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitar a súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.

É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o modelo que se pode descargar do seguinte enderezo.

http://www.edu.xunta.es/fp/estadias-formativas-en-empresa

 

  1. O prazo para facer a preinscrición é ata o próximo día 6 de febreiro (incluído).

  2. O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 20 de marzo (incluído).

  3. Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.

  4. Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.

Certificación

Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:

  • unha memoria final, resumindo a súa experiencia.

  • unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.

  • Unha declaración responsable de posuír, como autores/as, plenos dereitos de divulgación e publicación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados, e de que estes non estean comercializados.

  • Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets etc.

Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160x0,3 = 48 horas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/estadias-formativas-en-empresa

 

Estadías formativas
Estadías formativas

G1503007 O modelo experimental da FP dual en Galicia

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Os vindeiros días 14 e 15 de febreiro, en horario de 17:00 a 21:00 horas, terá lugar no salón de actos do CIFP Compostela a actividade presencial O modelo experimental da FP dual en Galicia.

Esta é unha actividade do Plan Anual 2016-17, cuxos obexectivos inclúen coñecer o marco normativo da FP dual, coñecer a estrutura dos proxectos de FP dual en Galicia así como elaborar un plan de estudos para un proxecto de FP dual.

Nesta actividade formativa participarán como relatores asesores da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, así como o director dun centro educativo con modalidade de FP dual e representantes de empresas colaboradoras.

 

FP dual
FP dual