Gallego

C1701008: Revenue management, distribución e márketing hostaleiro

Summary: 

Desenvolverase no CFR da Coruña os días 4, 5 e 6 de setembro de 2017.
Gallego

Revenue management, distribución e márketing hostaleiro

Competencias profesionais: Especialista na súa materia - Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Curso

Referencia: C1701008

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  04/09/2017  -  06/09/2017 
Data límite de inscrición: 03/07/2017
Lugar: A Coruña
Prazas:  17 

Horas presenciais: 24

Horas non presenciais: 0
 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades: 

511106 - Catedráticos de ensino secundario. Hostalaría e turismo

590106 - Profesores de ensino secundario. Hostalaría e turismo

Criterios de selección: Os do plan anual

Obxectivos:

1.Desenvolver unha estratexia de revenue management

2.Elaborar unha estratexia de márketing e distribución hostaleira

3.Realizar unha estratexia e práctica integral de revenue management e distribución hostaleira con ferramentas de software

Datas: do 4 ao 6 de setembro. Lugar: aula audiovisuais. CFR A Coruña.

Contidos:

1.Conceptos básicos e historia

2.Traslado de datos ás ferramentas de xestión.

3.Elaboración dun modelo de análise de punto morto para xestionar grupos.Breves nocións do márketing dixital integrado nunha estratexia de revenue management e distribución hostaleira.

 

Asesor:  PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT

Enderezo Electrónicompenelas@edu.xunta.es

revenue management
revenue management

S1702008 Xornadas de transporte e mantemento de vehículos. Curso 2017-2018

Summary: 

As Xornadas de Transporte e mantemento de vehículos celebraranse no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela os días 12 e 13 de setembro.
Gallego

Data de comezo: 12 de setembro

Data de remate: 13 de setembro

Lugar de realización: CIFP Politécnico (Santiago de Compostela)

Horas totais: 16 horas

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78464

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=272

 

Organización das Xornadas

Como en anteriores edicións, celebraranse 3 obradoiros teórico-prácticos en paralelo que se repetirán os días 12 e 13. Cada asistente poderá participar en dous destes obradoiros.

O día 12 de setembro de 9:30 a 10:00 terá lugar a presentación das Xornadas no salón de actos do CIFP Politécnico.

 

Data

Relator/a

Título charla

Contidos do relatorio

12/09/17

09:30-10:00

José Manuel Grille

Coordinador das xornadas

Presentación das Xornadas

  • Presentación de cursos e aspectos organizativos.

  • Presentación dos relatorios e obradoiros.

  • Inscrición nos obradoiros.

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Pedro Álvarez

Normativa aplicada á climatización e novas tecnoloxías

Teoría:

  • Derrogación do RD 795/2010 e entrada en vigor do RD 115/2017

  • Sistemas de detección de fugas e controis periódicos

  • Rexistros

  • Redución dos hidrofluorocarburos a partir de 2020

Análise dos sistemas de climatización máis habituais instalados en vehículos:

  • Sistemas de expansión seca e sistemas inundados

  • Sensores electrónicos de presión

  • Dispositivos de control para o seu correcto funcionamento

Características dos sistemas utilizados en automóbiles eléctricos e híbridos:

  • Variantes para climatizar o habitáculo e a batería

  • Solucións para dar resposta térmica aos momentos de paro de motor en semáforos

  • Tecnoloxía inveter para os compresores en coches eléctricos

Refrixerante HF01234Yf como solución verde ao reto global:

  • Manipulación, seguridade e hixiene

  • Almacenamento e toxicidade

  • Relación de presións e temperaturas

Diagramas de Mollier:

  • Interpretación dos mesmos

  • Situar sobre eles as condicións de traballo dun sistema de climatización

  • Obtención de datos e resultado

Prácticas:

  • Verificar o control de funcionamento do sistema de climatizaciónn e os seus periféricos

  • Proceso de recuperación e cargha de refrixerante

  • Protocolo de estanqueidade, baleirado, reposición de aceite e carga de refrixerante

  • Control de presións e temperaturas de traballo

  • Rexistro de datos para ser trasladados ao diagrama de Mollier

  • Conclusións obtidas sobreo diagrama así como posibles dúbidas

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Ángel Enciso Martínez

ZF Services España S.L.U.

Caixa de cambio automática ZF

Evolución da caixa de cambios automática ao longo da historia

Composición e funcionamento do convertedor de Par

Práctica de desmontaxe e montaxe do convertedor

Composición global e funcionamento básico das caixas de cambio ZF

Práctica de desmontaxe do casquillo do conector da mecatrónica

Perigos por descarga estática na manipulación do conector

Correcta identificación da caixa cambios

Precaucións antes de realizar o cambio de aceite

Como realizar correctamente o mantemento das caixas ZF

Mantemento por gravidade e por máquina (vantaxes e inconvenientes)

Importancia de facer mantemento ás caixas de cambio e usar o aceite orixinal

Precaucións e recomendacións despois de realizar o mantemento

Comprobación das diferentes pezas do vehículo que poden afectar á caixa de cambios

Práctica de desmontaxe e montaxe dunha 6HP 26

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Roberto Bosch España, S.L.U.

 

Normativas anticontaminación

Medidas previas para redución de emisións

Tratamento posterior de gases de escape:

  • Catalizador de oxidación

  • EGR

  • Filtro de partículas (sistema con aditivo e sen aditivo)

  • Sistemas SCR/Denoxtronic

  • Sensores involucrados

Descrición/comprobación de emisións en ITV

 

Preinscrición nos Obradoiros

Como cada obradoiro contará cun máximo de 20 prazas é preciso facer unha distribución dos asistentes entre os diferentes obradoiros segundo as súas preferencias. Para facelo, ao longo da presentación das Xornadas porase a disposición dos participantes unhas follas de inscrición, nas que os asistentes poderán elixir os dous obradoiros da súa preferencia.

Reserva para o xantar

Cada asistente deberá asumir o custo do seu xantar. Para aqueles que estivesen interesados facilitaranse os teléfonos dos resturantes próximos ao centro educativo con prezos de menú do día económicos para que poidan facerse reservas.

XTMV2017
XTMV2017

S1702002 Introdución ao software de análise deportiva para deportes colectivos

Summary: 

A partir do próximo 5 de setembro de 2017 dará comezo un curso programado para o profesorado das familias de ciclos formativos: Actividades físicas e deportivas, grao medio e superior e Ensinanzas técnico deportivas "Introdución ao software de análise deportiva para deporte colectivos".
Gallego

Os obxectivos deste curso inclúen: 
1- Afondar no coñecemento de novas tecnoloxías aplicadas á edición de informes técnicos nos deportes de equipo
2- Manexar de xeito fluído e con axilidade un dos programas más empregados para o análise do xogo en deportes colectivos, o programa Nacsport
3- Ser máis eficientes na recollida e tratamento da información

 

Temporalización : 5 e 6 de setembro

Horas curso: 10 horas

Lugar de celebración: CAFI

Enlace fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78301

software deportivo
software deportivo

S1701016: Lean Startup. Fundamentos, deseño e validación do modelo de negocio

Gallego

Data: 

07/07/2017 - 12/07/2017

Lugar: 

Aula 1.09 do CAFI

Horario: 

10:00 a 14:00

Sección: 

S1702007: Xornadas do profesorado de comercio e márketing. Curso 2017-2018

Gallego

Data: 

11/09/2017

Lugar: 

CIFP Compostela

Horario: 

de 09:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00

Sección: 

S1701018: Robótica e visión artificial

Gallego

Data: 

03/07/2017 - 07/07/2017

Lugar: 

Taller 5 do IES Macías O Namorado (Padrón)

Horario: 

09:00-15:00

Sección: 

S1701018: Robótica e visión artificial

Summary: 

Actividade formativa destinada ao profesorado de FP que imparte no ciclo superior de mecatrónica industrial, de automatización e robótica industrial ou no de programación da produción en fabricación mecánica, sobre o manexo do robot industrial multipropósito ABB IRB120 co que os centros educativos onde impártense estes ciclos foron dotados.
Gallego

O curso consta de dúas partes:

  • unha parte teórica, onde se repasan os aspectos básicos da configuración e funcionamento dos robots manipuladores e do equipo de visión artificial.
  • e outra práctica, onde ponse en práctica o aprendido, traballando con software de simulación e programación dos robots e mais con equipamento real.

Será impartido por un técnico especialista da empresa ABB, fabricante do robot ABB IRB120 e do software robotstudio nos que o curso está enfocado específicamente.

 

Data de comezo:  3/7/2017

Data de finalización: 7/7/2017

Lugar de celebración: Taller 5 do IES Macías O Namorado (Padrón)

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78309

Robotica_vision
Captura do sofware Robotstudio de ABB

S1702007: Xornadas do profesorado de comercio e márketing. Curso 2017-2018

Summary: 

Por primeira vez celebrarase no CAFI unhas xornadas destinadas ao profesorado da familia profesional de comercio e márketing. Nelas, ademais de asistir a conferencias coas novidades do sector, os participantes terán ocasión de encontrarse para debater sobre a situación actual das ensinanzas desta familia.
Gallego

 

O principal obxectivo destas xornadas é fixar un punto de encontro entre todo o profesorado da familia profesional de comercio e márketing de Galicia, para fomentar a colaboración e para poder compartir as boas prácticas.

As Xornadas comezarán ás 9:00 no salón de actos do CIFP Compostela, cando terá lugar a presentación das mesmas. A continuación e ata ás 14:00, haberá diversas conferencias que tocarán as novidades e as diversas temáticas demandadas polo profesorado desta familia profesional. Ás 11:20 haberá un breve descanso nos que os asistentes serán invitados a un café no CAFI.

Despois dun tempo onde todos os participantes poderán comer na cafetería do IES Lamas de Abade, as Xornadas continuarán no salón de actos do CIFP Compostela ás 16:00. As xornadas rematarán ás 19:00 tras unha mesa redonda onde se tentará analizar a situación actual do ensino dos ciclos desta familia profesional en Galicia.

 

9:00-9:20 Presentación
9:20-10:20 A transformación dixital do comercio
10:20-11:20 Medios de pagamento
Descanso
12:00-13:00 Xestión comercial
13:00-14:00 Emprendemento dixital e relacional
Comida
16:00-17:25 Configuración dunha tenda de comercio electrónico con Prestashop
17:25-19:00 Mesa redonda e clausura

 

Data de comezo:  11/9/2017

Data de finalización: 11/9/2017

Lugar de celebración: Salón de actos do CIFP Compostela

Número de horas totais: 8

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78320

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=876

Xornadas de COM