Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña

Sección que contará cunha serie de cursos en formato aberto para o profesorado galego.
Ven, 09/04/2021 - 13:44
Formación aberta
Formación aberta

Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.

Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto. 

Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.

A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:

·         Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

·         Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.

Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.