Gallego

G 1601008 Inglés técnico nas familias profesionais de ADG-COM-FOL

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

A partir do vindeiro 30 de xaneiro de 2017 iniciarase un curso na Rede programado para profesorado das familias de Administración e xestión, Comercio e marketing e Formación e orientación laboral “Inglés técnico nas familias profesionais de ADG-COM-FOL”

Os obxectivos deste curso inclúen mellorar as capacidades comunicativas do profesorado de FP en Inglés, facilitar a comprensión de documentación técnica en Inglés e dotar ao profesorado de capacitación para adaptar a súa docencia ao Inglés.

A actividade estenderase ata o día 2 de abril. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a titora propoña. Como axuda estará dispoñible a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que o titor estableza.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73658

inglés_técnico
inglés_técnico

Convocatoria de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional

Summary: 

Convocatoria de proxectos de formación para o curso 2016-2017
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2016-2017. Esta modalidade de formación, que se desenvolve nos propios centros educativos , favorece e estimula o traballo en equipo do profesorado e propicia a innovación, a mellora da práctica docente e a actualización científico-técnica, de modo que incida na mellora da educación. Isto supón a participación do profesorado no deseño da súa propia formación, desde unha perspectiva de equipo e en función dun proxecto conxunto, cos seguintes obxectivos:

-Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado de formación profesional, e facilitarlle ao resto do profesorado o acceso á información obtida mediante a elaboración e a difusión de actividades de aplicación directa a aula.

-Fomentar a súa formación nas competencias profesionais para abordar con eficacia todas as situacións do proceso de ensino e aprendizaxe, e no desenvolvemento das funcións que o profesorado debe desempeñar nunha sociedade complexa e en permanente cambio.

-Potenciar a relación entre o profesorado de formación profesional e as empresas para, deste xeito, ofrecerlle unha mellor orientación ao alumnado de formación profesional.

-Establecer liñas de traballo e de toma de decisións para a mellora consensuada da educación do alumnado e do funcionamento dos centros, así como para a posta en práctica e a avaliación de accións que repercutan na mellora da calidade dos procesos curriculares e organizativos.

-Promover a formación e a actualización metodolóxica e científico-tecnolóxica dos equipos docentes a través do traballo colaborativo e do fomento da súa autonomía, partindo da experiencia e da capacidade do profesorado.

Bases da convocatoria

Na convocatoria de proxectos de formación en centros prevista para o curso 2016-17, detallaranse as bases da convocatoria, o número de prazas, a documentación a presentar etc.

Enlace a convocatoria: http://www.edu.xunta.es/fp/proxectos-formacion-para-profesorado-fp-2016-2017

proxectos de formación FP
proxectos de formación FP

G1601015. Seguridade e alta dispoñibilidade por proxectos

Gallego

Data: 

17/10/2016 - 29/11/2016

Lugar: 

Platega2

Sección: 

G1601013. Programación con Arduino

Gallego

Data: 

17/10/2016 - 02/12/2016

Lugar: 

Platega2 e sesión presencial no IES Espiñeira (Boiro)

Horario: 

2/12/16 11:00-14:00 e 16:00-19:00

Sección: 

G1601015 Seguridade e alta dispoñibilidade por proxectos

Summary: 

Nova edición deste curso na rede, destinado ao profesorado de FP das familias de Informática e comunicacións e de Electricidade e electrónica. O curso pretende achegar ao profesorado os diferentes sistemas para protexer as comunicacións de datos así como para garantir o funcionamento de servizos telemáticos fronte a avarías.
Gallego

Neste curso abórdanse, cun enfoque práctico, diferentes aspectos relativos á seguridade da información. Entre outras cousas se estudará:

  • como protexer o perímetro dunha organización mediante o uso de devasas.
  • como comprobar a debilidade dos sistemas de autenticación por contrasinais e as diferentes aproximacións para mellorar este sistemas (fortificación do servizo e autenticación por claves).
  • como revisar o estado do sistema con ferramentas de análise automáticas.
  • como protexer as comunicacións mediante o uso de técnicas criptográficas.
  • como garantir a dispoñibilidade dos servizos empregando técnicas de alta dispoñibilidade.
  • cales son os principais puntos da lexislación vixente a esta temática e como abordar o seu estudo nas nosas aulas.

O titor é profesor da familia de Informática e comunicacións, e conta cunha longa traxectoria impartindo docencia neste área temática. Titorizou anteriores edicións desta actividade formativa, tanto no seu actual formato na rede como en formato presencial.

Data de comezo:  17/10/2016

Data de finalización: 29/11/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73680

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=421

Seguridad_y_alta_disponibilidad

Imaxe modificada a partires de "Firewalle" por  RRZEicons con licenza baixo CC BY-SA 3.0

G160101 Programación con Arduino

Summary: 

Segunda edición desta actividade formativa na rede destinada ao profesorado de FP da especialidade da Electricidade e electrónica. No curso preténdese familiarizar aos participantes no emprego dos microcontroladores Arduino e nas súas posibles aplicacións didácticas.
Gallego

Arduino é unha placa integrada de baixo custe, que conta cun microcontrolador e un entorno de programación de uso e distribución gratuíto. O seu tamaño é moi reducido e o seu obxectivo e o fomento do emprego da electrónica e dos microcontroladores en aplicacións domésticas.

O titor é profesor da especialidade de sistemas electrónicos, cunha longa traxectoria traballando con este tipo de microcontroladores e as súas aplicacións. Este curso xa fora ofertado en formato presencial, e por primeira vez o curso pasado ofertarase en platega.

A actividade inclúe unha sesión presencial obrigatoria de 6 horas de duración que terán lugar no IES Espiñeira (Boiro) o venres 2 de Decembro, en horario de 11:00 a 19:00 horas, cun descanso de 2 horas para comer. Esta sesión a impartirá o mesmo titor que a parte na rede.

É unha actividade centralizada polo que segundo o artigo 22.1 da Orde do 29 de xaneiro de 2016, o permiso para asistir á sesión presencial xa ven concedido de facto sen necesidade de solicitalo á inspección educativa.

Segundo o artigo 10.1.d da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13) a asistencia á sesión presencial é obrigatoria.

 

Data de comezo:  17/10/2016

Data de finalización: 2/12/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 36

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73677

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=417

Arduino

G1601001 Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade

Gallego

Data: 

03/10/2016 - 10/12/2016

Lugar: 

Platega2

Sección: 

G1601001 Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade

Summary: 

Curso na rede do Plan Anual de Formación para o profesorado de FP das familias de Informática e comunicacións e de Electricidade e Electrónica.
Gallego

Tras un lapso dun curso escolar, vólvese a ofertar a actividade “Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade”, curso na rede programado para o  profesorado das familias de Informática e comunicacións e de Electricidade e Electrónica. O curso aborda os conceptos básicos da virtualización e os tipos de virtualización existentes.

A actividade estenderase durante 7 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que o titor propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que o titor estableza.
Como é un curso na rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Data de comezo: 3/10/2016

Data de finalización: 10/12/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 50

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73649

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=418

Servizos de virtualización

G 1601009 Xestión administrativa e comercial avanzada con aplicación informática

Summary: 

Curso do plan anual 2016-17 para profesorado da familia de Administración e Xestión
Gallego

A partir do vindeiro 3 de outubro,  iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Administración e Xestión “Xestión Administrativa e comercial avanzada con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática FactuSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase ata o 30 de novembro. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a  titora  propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do correo electrónico e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores  establezan.
Ligazón Fprofe:

http://www.edu.xunta.es/fprofe

xestión administrativa e comercial con aplicación informática
G1601009 Xestión administrativa e comercial

S1601019 O Imposto sobre Sociedades (IS). Unha aproximación práctica

Summary: 

ACTIVIDADE DO PLAN ANUAL DE FORMACIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2016-2017
Gallego

Destinatarios:    Ciclos formativos de administración e xestión
    511101 - Catedráticos de ensino secundario. Administración de empresas
    590101 - Profesorado de ensino secundario. Administración de empresas
    591222 - Profesores técnicos de formación profesional. Proceso de xestión administrativa.

Datas / horario: 24 e 26 de outubro; 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23 e 28 de novembro

Lugar de celebración: Aula 1.10 do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

Obxectivos:
1.Analizar a normativa do IS en vigor
2.Coñecer o proceso de elaboración do imposto de sociedades
3.Realizar supostos prácticos de aplicación

Contidos:
1.Obriga de declarar, suxeitos pasivos do imposto, prazos de presentación das obrigas fiscais e modelos a presentar. Supostos prácticos.
2.Resultado contable antes de impostos e liquidación do imposto. Supostos prácticos.
3.Axustes extracontables: imputación temporal, amortizacións, deterioros, gastos no deducibles, operacións vinculadas. Réxime especial de PEMES. Supostos prácticos.
4.Deducións, reducións, cálculo da cota íntegra, retencións, ingresos a conta e pagos fraccionados. Supostos prácticos.

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73673

IS
IS