|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150; Fax: 881 960 161; e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Portal Educación Xunta
A Xunta convoca os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior aberto a todos os alumnos que remataron estudos en 2022
Summary:
Estes galardóns, cunha dotación de 1.000 € por premiado, teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e o bo aproveitamento académico deste alumnado
O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o día 20 de abril
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de convocar os premios extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior correspondentes ao curso 2021/2022 para o alumnado que rematou os seus estudos no ano 2022.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de Formación Profesional de grao superior implantada en Galicia. Poderán optar a estes premios os estudantes que obtiveran unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
O prazo de presentación de solicitudes para optar aos galardóns estará aberto ata o día 20 de abril. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.
A dotación orzamentaria para estes premios é de 23.000 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 1.000 € por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesConvocatoria de axudas de mobilidade complementarias Erasmus+ para as ensinanzas artísticas superiores, curso 2022/23
Xúntase a Orde do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2022/23 (código de procedemento ED322A).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
File:
Orde do 10 de marzo de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 10 de marzo de 2023 (DOG)Tema:
Bolsas Programas e plans ErasmusEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22
Xúntase a Orde do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311B).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
File:
Orde do 7 de marzo de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 7 de marzo de 2023 (DOG)Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño
Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese.
Tema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado Centros EmpresasA Xunta impulsa o sector dos recursos naturais e enerxías sostibles co vínculo dos sistemas educativo e empresarial a través do plan Conecta FP
Summary:
Preto de 1.500 estudantes cursan as ensinanzas desta familia profesional nos 47 ciclos e 17 centros que a imparten, preto dun 38% máis que hai unha década
Roman Rodríguez salienta a aposta por “asegurar unha oferta educativa de alta cualificación” que sexa capaz de dar resposta ás demandas socio-económicas
Ánxeles Vázquez reivindica o apoio da Xunta ao emprego verde combinando o desenvolvemento dunha economía sostible coa protección dos recursos naturais
Actualmente un total de 355 empresas deste sector punteiro están colaborando coa Formación Profesional en Galicia
A análise dos sectores produtivos e das necesidades das diferentes comarcas galegas é un dos pasos para crear 9.500 novas prazas de FP cun investimento de 30,7M€
Idioma GallegoO Goberno galego, a través do Plan Conecta FP Galicia, afonda na colaboración co empresariado galego do sector dos recursos renovables e as enerxías sostibles co fin de asegurar unha formación de calidade neste ámbito en liña coas demandas socio-económicas de futuro e a aposta pola sostibilidade.
A este reto responde o encontro de hoxe no Centro Integrado de FP As Mercedes, de Lugo, que abriron os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, e que contou coa presenza de representantes do Cluster de Enerxías Renovables de Galicia e de empresas como Navantia, Frio Industrial Clima Miño, Madeiras Besteiro S.L, Herbón S.L. ou Vestas Eólica, entre outros, ademais de directores, dinamizadores e profesorado dos centros que ofertan ensinanzas de Formación Profesional na nosa Comunidade.
Trátase do segundo encontro sectorial (o primeiro foi do sector forestal e da madeira) dos cinco previstos dentro do Plan Conecta FP, unha iniciativa da Xunta de Galicia, dotada con 30,7M€, para crear nos dous próximos cursos 9.500 prazas para estudar Formación Profesional, así como para impulsar a avaliación e acreditación das competencias adquiridas pola experiencia laboral. No que atinxe aos encontros territoriais, celebráronse xa catro dos 14 programados.
No caso concreto do sector de Recursos Naturais e Enerxías Sostibles, actualmente conta con 1.449 alumnos matriculados nos 47 ciclos e 17 centros que imparten esta familia profesional. Isto supón un incremento de matriculados do 38% con respecto a hai unha década. Do total de matriculados, 110 alumnos cursan a modalidade de FP Dual, o que supón un 450% máis que no curso 2017-18.
Alta cualificación e empregabilidadeO conselleiro de Educación salientou que este crecemento exponencial de matrícula “é a proba de que son unhas ensinanzas moi demandadas, que aseguran unha alta cualificación e empregabilidade”, cuestión que “non sería posible sen o apoio das 355 empresas do sector que actualmente colaboran connosco”, abondou.
Segundo explicou Román Rodríguez, para afondar nesa colaboración entre o eido educativo e o tecido socio-económico e garantir “os niveis de confianza, de prestixio, de calidade e de utilidade” que caracterizan as ensinanzas de Formación Profesional, a Xunta vén de poñer en marcha o Plan Conecta FP Galicia cun total de 19 encontros territoriais e sectoriais coma o de hoxe. A súa finalidade é escoitar ao sector e recabar as necesidades para, a partir de aí, establecer sinerxías e vías de colaboración entre o tecido produtivo e o educativo que redundará “en máis innovación e competitividade”, detallou.
Impulso do emprego verdePola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, puxo en valor a importancia que ten o emprego verde para o desenvolvemento efectivo dunha economía sostible. De feito, hai unhas 25.000 persoas que traballan en materias relacionadas co medio ambiente, sendo as actividades de xestión de residuos e as enerxías renovables os principais xeradores de emprego.
A maiores, Ánxeles Vázquez incidiu no compromiso da Xunta por combinar o desenvolvemento dunha economía sostible e de futuro coa protección dos recursos naturais da Comunidade. Así, o Goberno galego mantén a súa aposta polo impulso ás enerxías renovables desde o equilibrio, a planificación e o consenso, salvagardando sempre a biodiversidade e o patrimonio natural de Galicia.
CompetitividadeO obxectivo do Plan Conecta FP é formar profesionais cualificados que dean maior e mellor resposta ás necesidades das empresas favorezan a súa competitividade, así como a confianza da industria na FP. Isto redundará, ademais, nunha maior empregabilidade da poboación nova, nunhas ensinanzas cunha inserción do 85% e de case o 100% na modalidade dual.
A partir de cada un dos encontros territoriais e sectoriais coma o de hoxe, crearanse outros 19 grupos de traballo que identificarán as necesidades actuais e futuras das empresas, analizarán as posibles transformacións produtivas e a súa implicación nos novos perfís profesionais relacionados con empregos futuros. Da análise de cada un dos grupos xurdirán plans de acción de formación especializada para cada ámbito profesional e territorial, que conformarán o Plan Conecta FP Galicia para deseñar e planificar a oferta destas ensinanzas á medida do tecido produtivo galego e de cada zona.
En total prevese que participen nestas reunións máis de 10.000 empresas, entre as que se atopan as colaboradoras na formación do alumnado de FP, así como compañías referentes dos sectores significativos. Aos encontros son convidados máis de 400 asociacións, clústeres ou entidades vinculadas co sector produtivo, a totalidade das administracións implicadas (consellerías, axencias, fundacións, administracións locais...) e participarán máis de 300 centros educativos que imparten ensinanzas de FP.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA directora xeral de FP destaca o prestixio do Campionato de sumillería Suso Domínguez no ámbito da FP de Hostalaría
Summary:
Eugenia Pérez participa na entrega dos premios da novena edición deste certame, organizado polo Centro Integrado de FP Carlos Oroza de Pontevedra
A Xunta vai investir case 2,8M€ na ampliación deste centro de referencia nestas ensinanzas
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou hoxe na entrega dos premios do IX Campionato de Sumillería Suso Domínguez, do que destacou o seu prestixio no ámbito da FP de Hostalaría, un sector dos prioritarios no Plan Conecta FP . “Esta é, ademais, unha cita xa moi consolidada na que se reúnen estudantes de todo o norte de España e Portugal e que funciona como punto de encontro de centros de referencia destas ensinanzas, de establecemento de novas sinerxías e de creación de oportunidades”, dixo.
A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou tamén o feito de que o certame homenaxee a un profesor do centro, xa falecido, “o que lle confire un especial valor para a comunidade educativa do Carlos Oroza”. No campionato, que se celebra na Adega Martín Códax de Cambados, toman parte alumnado de centros de FP de Hostalaría e Turismo de Galicia, Asturias, Segovia, León, Navarra e Portugal.
A directora xeral lembrou, ademais, que a Xunta de Galicia vai investir case 2,8 M€ na ampliación do Carlos Oroza, “un esforzo orzamentario moi importante co que seguimos dando resposta ás necesidades deste centro, que ten avanzado moi significativamente na última década”.
Ampla oferta formativaO CIFP Carlos Oroza conta cunha ampla oferta de estudios de distintas especialidades vinculadas á familia de Hostalaría e turismo, con dous ciclos de FP Dual (de Xestión de aloxamentos turísticos e a dobre titulación en Dirección de cociña e Dirección de servizos de restauración) e un curso de especialización en Panadaría e bolaría artesanais.
Así mesmo, imparte o ciclo básico en Cociña e restauración, tres ciclos medios en Cociña e gastronomía, en Panadaría, repostaría e confeitaría e en Servizos en restauración; os ciclos superiores en Dirección de cociña, en Dirección de servicios de restauración, en Guía información e asistencia turísticas e en Xestión de aloxamentos turísticos.
O centro forma parte, ademais, da Rede galega de Formación Profesional de Hostalaría de Galicia, un espazo para a innovación e o intercambio de experiencias, de tal forma que favoreza o impulso dun sector que é clave para a economía de Galicia. Está integrada polos oito centros públicos dependentes da Consellería de Educación desta especialidade formativa, en concreto os CIFPs Paseo das Pontes (A Coruña), Compostela (Santiago de Compostela), Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo), ademais dos IES Fraga do Eume (Pontedeume), de Foz (Foz), Sanxillao (Lugo) e de Vilamarín (Vilamarín).
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesProbas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2023
Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Período de reclamación: do 20 ao 24 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
Alumnado CentrosRelación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de 20 anos (2023)
Xúntase a Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de 20 anos (2023).
Anuncio principal:
Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e instrucións para a súa realización no ano 2023Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Educación de persoas adultas Bacharelato de adultosDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente Educación de persoas adultasColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución definitiva do Programa educativo Obradoiros Talento Mozo
Xúntase a Resolución definitiva do 13 de marzo de 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Obradoiros Talento Mozo durante o curso 2022/23.
Anuncio principal:
Convocado o programa educativo Obradoiros Talento Mozo 2023 dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2022/2023Tema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia Entidades autonómicasColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínA Xunta reclama ao Ministerio de Educación financiamento para o novo real decreto de FP e máis facilidades para incorporar expertos
Summary:
Lamenta as présas do Goberno central por acelerar o desenvolvemento lexislativo e normativo, “o que dificulta a análise dos textos, o debate e a reflexión sosegada”
Advirte de que o Goberno central inclúe medidas cuxa posta en marcha supón un sobrecusto que non está disposto a compensar ás comunidades autónomas
A regulación dificulta a incorporación dos profesores expertos do sector produtivo aos centros educativos, malia a ser unha figura fundamental
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación as alegacións de Galicia ao proxecto de real decreto de Ordenación do Sistema de Formación Profesional, centradas na falta dunha memoria económica e nas dificultades que se pon para incorporación de persoas expertas dos sectores produtivos como docentes.
Tal e como sinalou o conselleiro, o proxecto de real decreto non supón grandes novidades para a FP galega, “dado que xa se están aplicando a maior parte das medidas desde hai tempo. De feito en Galicia xa se incorporou no currículo un módulo inglés nos currículos implantados nos últimos cursos, xa existen as dobres titulacións, a FP Dual xa está deseñada a medida das empresas e nos centros educativos xa se ofertan accións formativas para desempregados”, destacou entre as cuestións de maior importancia.
En calquera caso, Román Rodríguez lamentou as présas do Goberno central por acelerar o proceso de desenvolvemento lexislativo e normativo antes das próximas eleccións estatais, “o que dificulta a análise dos textos, o debate e a reflexión sosegada”. De feito, no caso da análise deste real decreto, remitíronse documentos diferentes para a Conferencia Sectorial de hoxe e para as reunións técnicas previas. “O último documento corrixe varias cuestións e incorpora suxerencias de outras comunidades que aínda non puidemos estudar”, explicou.
Falta de financiamentoO titular do departamento educativo da Xunta sinalou como a principal eiva do novo texto a falta dunha memoria económica, que tampouco figura na nova lei de FP. Neste sentido, explicou que a posta en marcha de determinadas medidas como a redución de ratios (e, como consecuencia, a necesidade de adquirir equipamentos para os novos grupos), os cursos de formación específicos preparatorios para o acceso á FP de grao superior ou o incremento das axudas ao desprazamento do alumnado vai supoñer un sobrecusto que o Ministerio non aclara como financiar.
“Volvemos estar, como xa vén sendo habitual, cun exemplo de normativa na que o Goberno central impón medidas que deben sufragar, sen apoio, as comunidades autónomas. Por exemplo a equiparación salarial dos profesores técnicos de FP supón só en Galicia un investimento anual de 3,5M€ que asume a Xunta en solitario”, lembrou.
Expertos do sector produtivoNo caso dos profesores expertos do sector produtivo, as alegacións feitas desde a Xunta advirten de que o proxecto normativo permite só a contratación destas persoas se non houbese outro docente dispoñible. “Isto limita a posible incorporación á docencia desta figura clave para a FP –lamentou o conselleiro–, que permite manter unha conexión directa cos sectores empresariais, garante a óptima formación do alumnado en certos módulos profesionais e contribúe á actualización dos currículos formativos”.
A este respecto, Galicia solicita que a incorporación destes expertos á docencia en centros educativos non estea condicionada a que non existan outros docentes dispoñibles, que se regule con máis claridade o sistema de selección destas persoas e que se especifique cal é a modalidade contractual, entre outras cuestións.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesConvocatoria do Programa Educativo Navega con Rumbo
Xúntase a Resolución do 15 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a XI edición do programa educativo Navega con Rumbo dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2022-2023.
- O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir da publicación desta convocatoria no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
File:
Resolución do 15 de marzo de 2023 Anexo ITema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínA Xunta e o Colexio Profesional de Informáticos renovan a colaboración para levar Navega con rumbo a 240 centros de ensino este curso
Summary:
O conselleiro de Educación e o presidente da entidade asinan un convenio para o desenvolvemento da undécima edición desta iniciativa
Guíase aos rapaces cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, asinaron hoxe o convenio de colaboración para desenvolver neste curso o programa Navega con rumbo en 240 centros educativos de toda a Comunidade. Trátase da undécima edición desta iniciativa incluída entre as accións da Estratexia de Educación Dixital 2030.
O programa está encamiñado, por unha banda, ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, 1º de ESO e 1º de FP Básica, para guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede. Por outra banda, faise partícipe a profesorado e familias das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.
Ao abeiro do mesmo, especialistas do Colexio de Enxeñaría Informática levarán a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración nos colexios e institutos. Ademais, desenvolverá unha nova web asociada ao proxecto na que se porá a disposición información de interese para a comunidade educativa.
Desde que se puxo en marcha, a través do Navega con rumbo leváronse a cabo máis de 2.000 accións formativas.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesResolución de avaliación do rendemento do programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade B, conv. ano 2019
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da InvestigaciónColectivo:
AlumnadoInstrución 1/2023 sobre avaliación final programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade A, ano 2019
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da InvestigaciónColectivo:
AlumnadoPublicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións da lista de Orientación, corpo de mestres, no curso académico 2022/2023
Xúntase a Resolución do 13 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes á lista de Orientación do corpo de mestres (597039).
As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), do seguinte xeito:
A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Alegacións” da instancia de matrícula na especialidade correspondente que lle permita á incorporación á lista de Orientación.
B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Neste caso, o formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 13 DE MARZO DE 2023 (ORIENTACIÓN MESTRES)
- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.
As listaxes de persoas admitidas poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/
File:
Resolución provisional Anexo I Relación provisional de persoas excluídasServizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación infantil Educación primariaDepartamento:
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoSección:
BoletínPublicación das listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de ensino secundario, especialistas en sectores singulares da FP, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño e de mestres
Xúntase a Resolución do 13 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022 e anunciada mediante Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG n.º 242, do 22 de decembro)
- O prazo de reclamacións contra estas listas é de dez (10) días hábiles e comeza o día 15 de marzo de 2023 e remata o día 28 de marzo de 2023 (ambos días incluídos).
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base sexta da Orde do 5 de decembro de 2022.
Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada
2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal
3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo (código de procedemento ED001A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DO 5 DE DECEMBRO DE 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001A).
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.
No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
Anuncio principal:
Concurso-oposición aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de EOI, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestresServizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRomán Rodríguez coñece en Xenebra o labor dos científicos galegos no maior acelerador de partículas do mundo
Summary:
O titular de Educación salienta que a colaboración científica universitaria de Galicia con Suíza “é a proba do gran nivel que teñen os nosos centros de investigación máis punteiros”, de cuxa rede forma parte o IGFAE
Este centro mixto da Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela é un referente internacional nos ámbitos da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear
Un terzo dos seus investigadores, entre os que se atopan cinco con contratos posdoutorais da Xunta de Galicia, traballan nestas instalacións no país helvético
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe a sede da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, onde puido coñecer de primeira man o traballo que desenvolven un grupo de científicos do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) neste centro de referencia internacional onde opera o maior acelerador de partículas do mundo.
Na visita, na que estivo acompañado do científico galego e director do IGFAE, Carlos A. Salgado, Román Rodríguez fixo un percorrido polas instalacións, onde lle explicaron o funcionamento do acelerador de partículas e as importantes funcións que desenvolve este centro. Ademais, coñeceu os proxectos de investigación universitaria que desenvolven os científicos galegos do IGFAE alí destinados, cos que mantivo un encontro. Tamén participaron na visita o vicerreitor de Política Científica da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri, e o director científico asociado do IGFAE, Abraham Gallas.
Este centro mixto da Xunta e a Universidade de Santiago, un dos oito que forman parte da Rede de Centros de Investigación de Galicia, creouse no ano 1999 para coordinar a participación da comunidade española de física de partículas no CERN. A día de hoxe está posicionado como un referente internacional nos ámbitos da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear grazas, en gran medida, a súa estreita colaboración con grandes infraestruturas científicas a nivel mundial como o mencionado CERN en Xenebra, o GSI/FAIR en Darmstadt (Alemaña), o Laboratorio Pierre Auger en Argentina ou a colaboración científica LIGO en Estados Unidos.
No caso concreto de Xenebra, froito desta colaboración, unha parte dos investigadores deste centro realizan fisicamente o seu traballo en Xenebra (algúns deles son investigadores en formación que están realizando a súa tese doutoral) e outros fano a distancia desde a sede de Santiago de Compostela compaxinando con visitas regulares á sede suíza para a súa participación en proxectos nucleares de eido internacional. En total, é un terzo do persoal investigador do IGFAE o que está vencellado ao CERN, entre o cal se atopan cinco con contratos posdoutorais da Xunta de Galicia.
Compromiso da Xunta coa investigaciónRomán Rodríguez manifestou que esta colaboración científica entre o IGFAE e o CERN “é a proba evidente do grandísimo nivel que teñen as nosas universidades e os nosos centros de investigación”. O conselleiro dixo sentirse “moi orgulloso” do labor destes científicos, da súa contribución ao avance social e tamén “da súa maneira de facer país desde a investigación máis punteira”.
O conselleiro aproveitou para reafirmar o apoio da Xunta de Galicia coa investigación universitaria e lembrou que o seu departamento está traballando nun reforzo orzamentario para financiar a investigadora dos oito centros científicos integrados na Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia, entre os cales se atopa o IGFAE. De feito, nos últimos cinco anos, a Xunta leva investidos preto de 30 millóns de euros para blindar e consolidar a actividade investigadora destas estruturas.
Así pois, Galicia conta cun sistema completo e consolidado de apoio á investigación universitaria enfocado á formación, retención e captación de talento científico a través da financiación dos centros de investigación da rede CIGUS, de grupos de investigación e de contratos preodutorais, posdoutorais e investigadores distinguidos.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesProbas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2023
Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2023.
Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2023.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
Alumnado CentrosA Xunta e as Universidades impulsan un modelo de graos e másteres duais pioneiro en España
Summary:
Román Rodríguez destaca que a iniciativa quere “reproducir o éxito que a opción dual tivo na FP tamén nas nosas universidades”
O alumnado combinará a súa formación académica cun contrato laboral regrado e remunerado nunha empresa
“Coas titulacións duais seguiremos afianzando a excelencia e a innovación que fixeron das universidades galegas un modelo de referencia”, destaca o conselleiro
Idioma GallegoO Sistema Universitario de Galicia contará a partir do vindeiro curso cun modelo de graos e másteres duais pioneiro en España, nos que o alumnado combinará a súa formación nas tres universidades públicas cun contrato laboral regrado e remunerado nunha empresa. Anunciouno hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, no transcurso da xornada Formación Dual universitaria: unha aposta de futuro para estudantes e empresas, celebrada na Cidade da Cultura, na que participaron os reitores das universidades de Santiago de Compostela (USC), Antonio López; da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa.
No decurso da xornada, na que se analizaron as vantaxes deste modelo así como os principais retos para a posta en marcha deste novo programa, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo destacar que esta iniciativa quere “reproducir o éxito que a opción dual tivo na FP tamén nas nosas universidades”. Neste sentido, o conselleiro lembrou que o alumnado da FP Dual acada unha taxa de empregabilidade de case o 100%, grazas á confianza de máis de 800 empresas colaboradoras, “o que demostra que se trata dun modelo educativo de éxito para a captación de talento e para a formación de calidade de profesionais cualificados e necesarios para o tecido económico”.
Avánzase, así mesmo, sobre o traballo previo para achegar a oferta universitaria á realidade dos sectores produtivos galegos, “un camiño que conta cunha folla de ruta, o Mapa de Titulacións para o período 2021-2026, que afonda na adaptabilidade ao mercado laboral e a especialización de cara a un escenario profesional máis diverso”. Esta estratexia inclúe a mellora da oferta cunha decena de másteres e unha ducia de novos graos nos sete campus galegos que permitirán dotar a Galicia de profesionais cos perfís adaptados ás necesidades da sociedade do futuro.
Marco específicoRomán Rodríguez explicou que a iniciativa parte dunha análise encargada á Fundación Empresa–Universidade Galega (FEUGA), en colaboración coa Universidade de Mondragón, que achegou a súa experiencia nun proxecto similar. “Esta análise previa permitiu definir un marco específico de actuación común para as universidades galegas, cun proceso xeral de desenvolvemento e execución da implantación”, expuxo.
O representante da Xunta fixo fincapé no esforzo de todos os axentes educativos e económicos para impulsar esta iniciativa e sinalou a necesidade de ”seguir unindo forzas para avanzar, consolidar e asegurar o éxito deste programa”. Non en balde, os próximos pasos pasan polo traballo conxunto coas universidades e as empresas para sistematizar un método de traballo a través do que ir deseñando os plans de estudos, ben sexan titulacións totalmente novas ou adaptadas á modalidade dual.
“Estamos satisfeitos de ter no noso sistema universitario un motor conectado á realidade que fai que Galicia avance con máis fortaleza e benestar. Coa chegada das titulacións duais seguiremos afianzando a excelencia e a innovación que fixeron do Sistema Universitario de Galicia un modelo de referencia”, salientou.
Na xornada de traballo de hoxe participan tamén o director de FEUGA, Francisco Javier Pereiro, que afonda nos principais procesos implicados no desenvolvemento do modelo dual desde as perspectivas empresarial e universitaria, e o vicerreitor académico da Universidade de Mondragón, Jon Altuna, que presenta a experiencia da súa institución académica. Ademais, celébrase unha mesa redonda arredor dos retos actuais e futuros deste modelo en Galicia, na que interveñen o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e representantes das tres universidades públicas galegas e do mundo empresarial.
A primeira iniciativa autonómicaO programa de titulacións duais da Xunta é a primeira iniciativa autonómica liderada por unha Administración educativa para todo o territorio baixo a súa xestión, o que constitúe un modelo sistematizado e integral que vai máis aló da experiencia desenvolvida pola Universidade de Mondragón. A proposta xa foi analizada polo Consello Galego de Universidades o pasado mes de decembro.
Ata o momento só existe unha regulación da formación dual universitaria moi xenérica e inconcreta, a través da Mención Dual, que en Galicia funciona no grao en Enxeñaría Eléctrica, da UDC no campus de Ferrol, no Grao en Hostalaría da USC, no campus de Santiago. O que se propón agora é configurar un marco normativo que permita sistematizar para o Sistema Universitario de Galicia un procedemento único regrado para a implantación das titulacións duais que, á súa vez, confira seguridade a estudantes e empresas colaboradoras.
Este marco incluirá tanto a esixencia de que a titulación dual sexa un proceso de aprendizaxe integrado no contorno académico e no contorno profesional e que exista unha especial corresponsabilidade entre a universidade, a empresa e o estudantado no codeseño do programa formativo. Ademais, en cada plan de estudos deberán quedan fixados tamén os requisitos a cumprir por parte das entidades colaboradoras.
A modalidade dual avanza sobre o modelo de prácticas en empresas ao esixir unha secuenciación de períodos formativos na entidade colaboradora, unha maior integración do período formativo na empresa no curriculum formativo, unha coordinación máis estreita entre a universidade e a entidade colaboradora, unha titorización da parte académica e da entidade colaboradora máis integrada e a incorporación do traballo fin de grao ou máster.
Como resultado, ofrécese unha alta cualificación ao alumnado, moi axustada ás necesidades reais do mercado de traballo e, polo tanto, con maiores expectativas de empregabilidade.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta presenta 33 achegas á Lei de ensinanzas artísticas e esixe ao Ministerio apoio económico para a súa aplicación
Summary:
Insiste na equiparación real entre os estudos artísticos superiores e os universitarios, reclama maior flexibilidade nas guías docentes e claridade na xestión
Lamenta as présas do Goberno do Estado por pechar con urxencia unha batería de leis educativas e a “falta de rigorosidade” da nova norma de artísticas
Idioma GallegoA Xunta eleva ao Goberno do Estado as achegas de Galicia ao anteproxecto de lei de Ensinanzas Artísticas, un borrador que se abordou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación na que participo o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. En total, o Goberno galego remite ao Ministerio 33 alegacións entre as que destacan a equiparación real entre as titulacións de ensinanzas artísticas superiores e as universitarias, o reforzo económico necesario para a aplicación da nova normativa e as reivindicacións relativas á xestión do profesorado.
Román Rodríguez debullou esta trintena de propostas presentadas e que foron dialogadas previamente nunha mesa de traballo cos directores dos conservatorios de Música e de Danza e das escolas de Arte e Superiores de Deseño, Arte Dramática e de Conservación e Restauración de Bens Culturais dependentes da Xunta, aos que asisten 6.000 alumnos.
Tamén lamentou “a falta de rigorosidade por parte do Goberno do Estado” que queda patente nesta proposta de texto lexislativo, ao xerar un “novo caos” no que atinxe á xestión académica e nos novos corpos docentes como xa está a suceder coa lei de Educación e a lei de FP. Tras apuntar ás “demasiadas présas” por pechar todo o marco lexislativo educativo, advertiu dos “efectos negativos” que despois lles toca arranxar ás comunidades autónomas.
Acceso ás mesmas axudasUnha das principais propostas é que se remarque de xeito explícito que os estudantes de ensinanzas artísticas superiores teñan exactamente a mesma consideración que os universitarios en relación a cuestións como o acceso ás axudas públicas ao estudo, á cultura, á promoción profesional, á mobilidade, ou ás prácticas remuneradas, entre outros.
“Moitas convocatorias de axudas -matizou o conselleiro- van dirixidas só a universitarios e obvian a existencia dos de artísticas superiores simplemente por descoñecemento”. De aí que unha das reivindicacións da Xunta sexa que estes dereitos deben facerse extensivos a todos os efectos. Tamén se demanda a creación dun rexistro único de centros e de titulacións, que blindará aos estudantes no marco europeo á hora do recoñecemento e homologación de títulos.
Non separar centros profesionais e superioresDoutra banda, a Xunta é contraria á proposta normativa de avanzar cara unha diferenciación de centros que imparten especialidades de ensinanzas artísticas profesionais dunha banda e superiores por outra. En Galicia, os centros que imparten simultaneamente estas ensinanzas artísticas son, en palabras do conselleiro, “un modelo de éxito” polas sinerxías e as facilidade para os estudantes que amplían estudos. Pola contra, a súa segregación podería derivar en “importantes problemas loxísticos” en canto á dispoñibilidade de novos edificios e profesorado.
Tamén se rexeita que as artísticas superiores se teñan que someter a un novo proceso de acreditación e verificación universitaria cando xa dispoñen dun órgano específico de validación e actualización dos currículos, o Consejo Superior de Enseñanzas Artísticas.
Definición clara de novas figuras docentesDo mesmo xeito, o conselleiro reclamou que a normativa “vaia acompañada dunha memoria económica que resulta absolutamente imprescindible” para que as comunidades autónomas poidan asumir o incremento de gasto que van supoñer as obrigas que derivan da súa aplicación práctica. Román Rodríguez referiuse, en concreto, á que a nova lei recolle figuras como profesorado emérito, profesorado especialista de nacionalidade estranxeira e profesorado visitante. Tamén contempla que o persoal de administración e servizos poida asumir tarefas técnicas. Todas estas figuras, segundo as advertencias da Xunta, “non contan cunha definición clara que debe concretarse na futura lei”.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades