Skip to Content

Portal Educación Xunta

Distribuir contido
Actualizado: hace 8 horas 51 min

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2019/2020. Resolución definitiva

Lun, 25/11/2019 - 15:51
Idioma Gallego

Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 4 de outubro do 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2019-2020 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Tema: Información xeralProxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Carnés e habilitacións profesionais. Listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B. Segunda convocatoria 2019

Lun, 25/11/2019 - 15:48
Idioma Gallego

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

O chamamento para a realización da proba terá lugar o sábado 30 de novembro nos enderezos que se indican na listaxe.

 

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación licita por 1.123.154,86 € a rehabilitación enerxética do CPI da Cañiza

Lun, 25/11/2019 - 14:12
Summary: A previsión é adxudicar as obras antes de xuño de 2020 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación enerxética do CPI da Cañiza (A Cañiza) por un importe de  1.123.154,86  €.

A actuación centrarase na mellora da eficiencia enerxética dos diferentes edificios que compoñen o centro. Para iso colocarase illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS, nas fachadas do edificio principal, no de educación primaria e no de educación infantil, ademais do aulario de música; así como inxección aillante en cámara de aire no edificio de ladrillo cara vista.

Ademais substitúense as cubertas por panel sandwich con illante intermedio no aulario principal, aulario de dúas unidades e aulario de música, así como na antiga vivenda do conserxe convertida en sala de caldeiras. E se substitúe a cuberta do patio central do aulario principal por unha cuberta plana autoprotexida, engadindo claraboias nos lucernarios que dan ao comedor principal.​

En canto ás actuacións comúns para todos os edificios, consistirán na renovación das fiestras por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e das persianas (coas súas caixas e mecanismos de accionamento) por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Ademais, illaranse todas as cubertas sobre forxado horizontal de cuberta con lá mineral, substituiranse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética e instalaranse novas caldeiras de biomasa.

Todas estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético anual do 75,70% en consumo de enerxía primaria e do 78,90 % en emisións de CO2 no aulario principal; mentres que no de educación Primaria o aforro será do 86,70 % en consumo de enerxía primaria e do 90,20 % en emisións de CO2; no de Música e Psicomotricidade será do 80,60 % en consumo de enerxía primaria e do 82,90 % en emisións de CO2; e no de Infantil será do 70,30 % en consumo de enerxía primaria e do 78,20 % en emisións de CO2.

A maiores está previsto instalar falsos teitos rexistrables constituídos por paneis acústicos autoportantes de lá de roca, reparar e pintar os paramentos interiores e realizar diversas melloras na carpintería interior, decoración e acabados.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, o proceso de licitación e adxudicación de obras estará rematado antes do vindeiro xuño de 2020. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación licita por 725.113,07 € a rehabilitación enerxética do CEIP plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove)

Lun, 25/11/2019 - 14:09
Summary: A previsión é adxudicar as obras antes de xuño de 2020 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove) por un importe de 725.113,07 €.

Os traballos estarán centrados na mellora da eficiencia enerxética do centro. Para iso instalarase illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS, así como illamento de cuberta sobre forxado horizontal ou en falso teito con lá de roca. Ademais renovaranse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e colocaranse tamén novas persianas (coas súas caixas e mecanismos de accionamiento) por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Xunto coa instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética, todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 22,52% en consumo de enerxía primaria e do 23,80 % en emisións de CO2.

Por outra banda, instalaranse falsos teitos rexistrables constituídos por paneis acústicos autoportantes de lá de roca. Tamén se acometerá a reparación e pintado dos paramentos interiores, así como diversos traballos de decoración e acabado e reparacións varias en cubertas e instalacións.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, o proceso de licitación e adxudicación de obras estará rematado antes do vindeiro xuño de 2020. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.

 

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación licita por 634.507,93 € a rehabilitación enerxética do CEIP plurilingüe de Palmeira (Ribeira)

Lun, 25/11/2019 - 14:07
Summary: A previsión é adxudicar as obras antes de xuño de 2020 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira) por un importe de 634.507,93 €.

A actuación centrarase en mellorar a eficiencia enerxética do centro mediante a aplicación de illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS, a substitución das das actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e a instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética. Substituiranse tamén as actuais persianas, coas súas caixas e mecanismos de accionamento, por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 39,57% en consumo de enerxía primaria e do 41,88% en emisións de CO2.

A maiores instalaranse falsos teitos cun sistema rexistrable de paneis acústicos autoportantes de lá de roca en aulas, colocarase pavimento vinílico e repararanse e pintaranse os paramento interiores.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, o proceso de licitación e adxudicación de obras estará rematado antes do vindeiro xuño de 2020. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación licita por 702.721,50 € a rehabilitación enerxética do CEIP do Carballal (Marín)

Lun, 25/11/2019 - 14:04
Summary: A previsión é adxudicar as obras antes de xuño de 2020 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación enerxética do CEIP do Carballal (Marín) por un importe de 702.721,50 €.

As actuacións centraranse na mellora da eficiencia enerxética do centro, a través da colocación na fachada de illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS. Así mesmo instalaranse fiestras novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e novas persianas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 24,19% en consumo de enerxía primaria e do 26,52 % en emisións de CO2.

A maiores realizaranse melloras nos revestimentos e carpintería interior e repararanse e pintaranse os paramentos interiores.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, o proceso de licitación e adxudicación de obras estará rematado antes do vindeiro xuño de 2020. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.

 

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento mañá 26 de novembro

Lun, 25/11/2019 - 12:40
Idioma Gallego

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 90-100km/h, que comezará mañá, martes día 26.11.2019 ás 14.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do día 27.11.2019. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do interior da provincia da Coruña, a Mariña, montaña e centro da provincia de Lugo, interior da provincia de Pontevedra, e o sur e montaña da provincia de Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1.      A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.

2.      A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.

3.       Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )

File:  ActaTema: Alertas e avisosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2019/2020

Lun, 25/11/2019 - 12:33
Idioma Gallego

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a Resolución provisional da convocatoria de Clubs de lectura, de 5 de setembro, destinada a centros públicos de ensino secundario para o curso 2019/2020. Xúntase arquivo con relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas.

  • Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións, no seu caso.
     
Anuncio principal: Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2019/2020Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Educación abre o prazo para a implantación de másters de excelencia universitaria en Galicia

Lun, 25/11/2019 - 11:16
Summary: A mención de Máster Universitario Excelente será un selo de calidade que acreditará a solvencia técnico-científica dos estudos que acaden este recoñecemento, ao tempo que será unha garantía para o alumnado Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de abrir o proceso para a implantación de másters universitarios de Excelencia no Sistema Universitario de Galicia (SUG). O Diario Oficial de Galicia, publica hoxe a Orde pola que se regula e se convoca a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas tres universidades SUG.

Esta mención -pioneira no conxunto do Estado- é un selo de calidade que acreditará, por unha banda, o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos acaden este recoñecemento; e, doutra banda, tamén suporá unha garantía de futuro para os estudantes.

As universidades dispoñen dun mes de prazo para solicitar ese selo de calidade para as titulacións que consideren, sempre que cumpran cos requisitos esixidos. Así, cada universidade do SUG poderá presentar, como máximo, ata cinco solicitudes correspondentes a outras tantas titulacións de máster universitario oficial, tanto se as imparten en exclusividade como se figuran como universidade coordinadora no caso de titulacións conxuntas.                                                                                                

Entre os requisitos para solicitar a mención están o de ser títulos de máster universitario de carácter oficial e validez en todo o territorial nacional, e que veñan sendo impartidos por algunha das universidades do SUG de xeito ininterrompido, como mínimo, dende o curso 2016-17, e que continúe impartíndose na actualidade.

Criterios de avaliación

A Orde publicada hoxe establece unha serie de criterios de avaliación para acceder a esta mención. Así, os aspectos xerais do máster como a taxa de demanda, entidades públicas e privadas que colaboren directamente co máster, procedemento de selección do alumnado, porcentaxe de alumnado estranxeiro, e a existencia de titorización e mentorización individuais, valoraranse con ata 25 puntos. Tamén con ata 25 puntos se valorarán os resultados do máster, para o cal se terán en conta os resultados das enquisas de satisfacción do alumnado, o seguimento dos egresados no mercado laboral e os indicadores externos de recoñecemento (artigos, ránkings).

O profesorado do máster computará con ata 15 puntos, con aspectos como os méritos relevantes do profesorado permanente, a adecuación do currículo docente e investigador do profesorado cos contidos que se imparten no máster, e o prestixio e recoñecemento do profesorado procedente doutras universidade sou doutros conferenciantes externos.

A estratexia do máster (visión, misión e desenvolvemento futuro do máster, o plan de xestión para os cinco próximos anos académicos e as melloras previstas en caso de obter esta mención) valorarase con ata 20 puntos. Con ata 15 puntos valorarase o Plan de estudos (porcentaxe de prácticas no plan de estudos, créditos dedicados a prácticas obrigatorias en empresas, emprego de metodoloxías docentes innovadoras); e con ata 10 puntos o apartado de Emprendemento, no que se terán en conta aspectos como a existencia ou o compromiso de inclusión dun módulo vinculado directamente cunha formación en emprendemento e autoemprego.

Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes, unha comisión avaliadora será a encargada de analizar ditas peticións así como toda a documentación presentada. Esa comisión estará integrada polo titular da Secretaría Xeral de Universidades (SXU), que actuará de presidente; dous representantes da SXU e un representante da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) en calidade de vogais; e a xefa do Servizio de Coordinación do Sistema Universitario, que exercerá de secretaria.

O recoñecemento como Máster Universitario Excelente terá unha vixencia de cinco cursos académicos ao fin dos cales poderá ser renovado por períodos sucesivos de igual duración.

Cómpre lembrar que a posta en marcha destas mencións de Máster de Excelencia das medidas contempladas no Plan para a Excelencia do SUG para o trienio 2018-20, co obxectivo de fixar unha estratexia coordenada que permita ás universidades galegas dar un salto de calidade e avanzar no camiño da excelencia.

 

MásterUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Novas Xunta

Educación reúne por primeira vez a axentes educativos e empresas para afondar sobre a FP Dual en Galicia

Dom, 24/11/2019 - 12:00
Summary: Na xornada presentarase a primeira Guía Básica de FP Dual Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reunirá por primeira vez o vindeiro martes 26 a axentes educativos e empresas nunha xornada técnica na que afondarán nos pormenores da FP Dual en Galicia. O evento desenvolverase no Pazo de Congresos e Exposicións, en Santiago de Compostela, e contará coa asistencia de, aproximadamente 800 persoas, entre equipos directivos de centros que imparten ciclos formativos, orientadores, profesorado, dinamizadores de FP Dual, empresas colaboradoras e titores de empresa.

O obxectivo é dar a coñecer o modelo de FP dual en Galicia, poñendo en valor esta experiencia compartida, analizando e tendo en conta a visión de todos os actores, dado o papel principal que todos eles desempeñan neste cambio formativo. Tamén con esta finalidade, no evento presentarase a Guía Básica de FP dual, dirixida aos devanditos axentes.

A xornada comezará cun acto de presentación e inauguración no que directivos de Navantia e Cortizo farán unha breve exposición da súa experiencia na FP Dual. A continuación desenvolverase unha sesión baixo a denominación Os actores do cambio na que un xornalista especializado formularalles  preguntas aos compoñentes de varias mesas nas que estarán representados todos os roles dentro da FP Dual. 

Dado que o perfil de asistentes é moi amplo, o programa da tarde dividirase, dun lado para as persoas que demandan información e doutro cunha actividade na que se traballarán aspectos máis organizativos.

Deste xeito, unha parte da programación dirixirase a equipos directivos de centros e de empresas interesadas nesta opción da FP, co obxecto de facilitarlles a información necesaria para o proceso; a orientadores, para darlles ferramentas coas que informar aos alumnos axeitadamente; e ao profesorado en xeral que nunca impartise ou imparta por primeira vez en ciclos de FP dual. Nela abordaranse cuestións como as bolsas FEUGA, a xestión por parte da empresa e a xestión académica de xeito específico.

Na outra actividade, equipos directivos de centros con proxectos en marcha de FP dual, porán en común esta experiencia compartida coas empresas colaboradoras neste eido; e exporase o papel clave de titores de empresa e centro educativo e do profesorado dos grupos de Dual. Así mesmo, abordarase a importancia da rede de dinamización de FP Dual á hora de facilitar a coordinación dos proxectos de FP dual, na comunicación entre o centro e a empresa así como na difusión dos proxectos entre o alumnado.

XornadasFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Formación ProfesionalProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Novas Xunta

Educación amplía a gratuidade das matrículas universitarias a todas as vítimas de violencia de xénero

Sáb, 23/11/2019 - 12:00
Summary: A conselleira Carmen Pomar explicou que o Decreto de Taxas e Prezos Públicos para o próximo curso eliminará a limitación temporal de cinco anos establecida ata o de agora para dita exención Idioma Gallego

A partir do vindeiro curso os estudantes recoñecidos como vítimas de violencia de xénero non terán limitación temporal para a exención do pagamento das matrículas universitarias nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG).

Así o anunciou esta mañá a conselleira de Educación, Carmen Pomar, que especificou que no Decreto de Taxas e Prezos Públicos para o curso 2020-21 se eliminará a limitación que establece un período máximo de cinco anos desde o recoñecemento como vítima para beneficiarse da exención das taxas universitarias. Isto é, equipárase a situación dos estudantes vítimas de violencia de xénero coas vítimas de terrorismo e, polo tanto, quedarán exentos do pagamento das matrículas universitarias en Galicia independentemente de cando teñan recoñecida esa condición. 

Con motivo da súa participación nunha xornada de Prevención da Violencia de Xénero desde a Escola que tivo lugar en Santiago, Carmen Pomar subliñou que esta medida forma parte do conxunto de accións “que está desenvolvendo o seu departamento e o Goberno galego no seu conxunto en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.

Entre estas iniciativas cómpre subliñar que os centros educativos dispoñen dunha dotación específica para que elaboren plans de igualdade no marco do súa programación xeral anual, as maletas da igualdade (con diversos materiais para traballar sobre a diversidade, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade ou as relacións de parella), e a oferta de dúas materias de Libre Configuración Autonómica nos centros como son Igualdade de Xénero en ESO (impartida en 55 centros e con 1.553 alumnos matriculados) e Coeducación para o Século XXI en Bacharelato (que neste segundo curso de implantación ofértase en 14 centros educativos e conta con 188 matriculados). 

Ademais do traballo co alumnado, a Consellería considera que a formación do profesorado é outro dos piares fundamentais nos que actuar para fomentar a igualdade. Así, a través do Plan Anual de Formación do Profesorado que cada ano deseña a Consellería, faise un especial fincapé na formación en materia de igualdade, diversificando a oferta de actividades formativas, e ampliando as edicións das actividades e as súas distintas modalidades.

“O xénero -subliñou a conselleira- non pode ser, en ningún caso, unha limitación para o desenvolvemento persoal nos distintos ámbitos da vida. Por iso, a igualdade é a única opción para lograr o avance socioeconómico e cultural de Galicia”. Pomar agradeceu a participación nesta xornada formativa que axudará a identificar estratexias e instrumentos para detectar situacións de violencia de xénero, compartir actuacións e boas prácticas que favorezan a prevención, e afondar nos protocolos de actuación ante este tipo de situacións.

Ademais de conferencias específicas, a Xornada de hoxe complétase cunha serie de obradoiros sobre convivencia escolar, casos prácticos, lecturas e accións de sensibilización; así como mesas de discusión que contan coa presencia de centros escolares e dos propios alumnos.

Información xeralXornadasEnsinanzas de réxime xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

A Xunta impulsará a formación do profesorado en educación emocional coa colaboración da USC

Sáb, 23/11/2019 - 11:00
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou no Congreso “NeuroEMOCIONA” Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá na sexta edición do Congreso de Educación Emocional e Neurociencia, “neuroEmociona”, que se celebra hoxe en Santiago.

Durante a súa intervención, Carmen Pomar adiantou que o seu departamento vai impulsar a formación específica do profesorado en educación emocional a través dun convenio coa Universidade de Santiago. Deste xeito, reservaranse 15 prazas para docentes no Curso de Especialización Emocional da USC para que, unha vez formados, exerzan á súa vez de formadores dos seus compañeiros nos centros escolares. 

A conselleira explicou que o tratamento da Educación Emocional está presente “desde unha perspectiva integral” nas principais liñas de acción da consellería, e en especial no eido da convivencia; pero que agora se verá reforzada no que atinxe ao ámbito da formación docente.

Lembrou ademais que en Galicia os centros educativos poden traballar na educación emocional con accións de desenvolvemento curricular a través, entre outros, de áreas e materias de libre configuración en Primaria e Secundaria ou programas educativos como o de Educación Responsable, que forma parte da convocatoria anual dos Contratos-programa, e que incide tamén na formación do profesorado.

Esta edición do “NeuroEMOCIONA”, que conta con expertos científicos dos ámbitos da Psicoloxía, da Pedagoxía e da Bioloxía, así como con escritores e divulgadores,  céntrase nos últimos descubrimentos en educación emocional e neurociencia e no coñecemento das competencias socio-emocionais.

CongresosEnsinanzas de réxime xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Constituído o comité organizador do II Cumio Académico e do Coñecemento CELAC-UE que se celebrará en Santiago de Compostela

Ven, 22/11/2019 - 16:05
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o reitor da USC, Antonio López, presidiron a xuntanza de traballo deste evento que suporá a chegada de arredor de 500 participantes de universidades iberoamericanas e da Unión Europea en marzo de 2020Educación financia con 353.000 euros a celebración deste cumio internacional que organiza a Universidade de Santiago de CompostelaA USC exercerá como universidade anfitriona e organizadora dun evento no que tamén colaboran as universidades de Vigo (UVigo) e da Coruña (UDC) Idioma Gallego

A consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e máis o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presidiron esta mañá a constitución do Comité Organizador do II Cumio Académico e do Coñecemento da comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños e a Unión Europea, CELAC-UE, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo do próximo ano 2020 na capital de Galicia.

A de hoxe é a primeira das reunións de traballo para abordar a celebración deste evento internacional que suporá a chegada de arredor de 500 participantes de universidades iberoamericanas e da Unión Europea para debater e poñer en común estratexias de impulso da cooperación e o desenvolvemento inclusivo da educación superior, cun acceso equitativo e de calidade, facilitando o intercambio de coñecementos e a transferencia de tecnoloxías.

A USC será a anfitriona académica e local, así como a institución responsable da organización do cumio, no que ademais da Xunta, tamén colaboran as universidades da Coruña e de Vigo, o Consello Universitario CELAC-UE, a Secretaría General Iberoaméricana (SEGIB) e o Consello Universitario Iberoamericano (CUIB).

Esta xuntanza serviu para traballar na definición dos obxectivos deste Cumio que, como se puxo de manifesto, debe ser un espazo de traballo bidireccional arredor da educación superior, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Así, constitúe unha plataforma única para avanzar na construción do Espazo Común Euro-Latinoamericano e Caribeño neste eidos, permitindo ao tempo profundar no diálogo co mundo universitario e científico. Neste senso, o comité organizado debateu sobre a definición de catro eixos temáticos que vertebrarán o programa: a construción dese Espazo de Educación Superior Euro-Latinoamiercano e  Caribeño; unha Universidade comprometida coa Axenda 2030; Ciencia, Tecnoloxía e Innovación para a Sustentabilidade; e o reto da transformación dixital da educación superior.

Na xuntanza tamén participaron o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa;  o secretario executivo do Consello Universitario CELAC-UE, Félix García Lausín; a secretaria xeral da CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas), Teresa Lozano; e asistentes internacionais como o reitor da Universidade de El Salvador, Roger Arias; e representantes do Espazo latinoamericano e Caribeño de Educación Superior (ENLACES), da Asociación Nacional de Universidades e Institucións de Educación Superior de México, do Consello Superior Universitario Centroamericano (CSUCA) e da Unión de universidades de América Latina e do Caribe (UDUAL). 

Achegas da Consellería

A Consellería de Educación achega un total de 352.900 euros para financiar o desenvolvemento deste encontro que organiza a Universidade de Santiago de Compostela. 

A celebración deste II Cumio Académico e do Coñecemento CELAC-UE en Santiago de Compostela foi acordada en outubro de 2017 no marco do Consello Universitario desta entidade na Conferencia anual da Asociación Nacional de Universidades e Instituciones de Educación Superior de México (ANUIES), que tivo lugar en Guadalajara (México); e que contou co visto e prace das tres universidades do SUG.

A Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) é un instrumento intergubernamental de diálogo e concertación política, integrado por países de América Latina e o Caribe, que ten entre as súas atribucións a interlocución e diálogo coa Unión Europea.

Os cumios CELAC-UE reúnen os dirixentes europeos, latinoamericanos e caribeños co obxecto de fortalecer as relacións entre ambas rexións a través de foros de diálogo e cooperación entre os Estados da UE e América Latina e o Caribe.

O I Cumio Académico e do Coñecemento CELAC-UE celebrouse na Universidade de El Salvador en 2017. Os acordos alcanzados quedaron plasmados na Declaración de San Salvador, onde se recolle o ofrecemento do goberno galego como anfitrión do II Cumio Académico e do Coñecemento CELAC-UE.

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional da convocatoria de axudas a centros concertados en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura, para o curso 2019/2020

Ven, 22/11/2019 - 13:36
Idioma Gallego

Publícase a Resolución provisional da Orde de 7 de agosto de 2019 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, para o curso 2019/2020 (DOG de 2 de setembro). Concédense axudas a través de catro liñas contempladas na convocatoria: Plan de mellora de biblioteca escolares-concertados, Clubs de lectura-concertados, Radio na biblio-concertados e Biblioteca inclusiva-concertados.

  • Ábrese un prazo de 10 días para a presentación de renuncias , no seu caso, ou de alegacións a esta resolución provisional, segundo recolle o artigo 11, punto 2 da orde de convocatoria.
     

 

Anuncio principal: Convocadas axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/2020Tema: BolsasPlan LÍABibliotecas escolaresCentros concertadosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: Centros
Categorías: Novas Xunta

Apertura das listas de interinidades e substitucións no corpo de PES, especialidade de debuxo, alemán e organización e proxectos sistemas enerxéticos; no corpo de PTs de formación profesional, especialidade de cociña e pastelaría e soldadura

Xov, 21/11/2019 - 16:19
Idioma Gallego

Resolución do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de debuxo (590009), alemán (590012) e organización e proxectos sistemas enerxéticos (590113); no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de cociña e pastelaría (591201) e soldadura (591228).

  • Prazo cinco días hábiles do 22 ao 28 de novembro incluídos.
     
File:  Resolución do 21 de novembro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoFormación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de alemán, chinés, italiano e xaponés

Xov, 21/11/2019 - 16:08
Idioma Gallego

Resolución do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de alemán (592001), chinés (592004), italiano (592012) e xaponés (592013).

  • Prazo de solicitudes será de cinco días hábiles desde o 22 ao 28 de novembro.
     
File:  Resolución do 21 de novembro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

XIV Premios á excelencia musical Mans Futuro 2019

Xov, 21/11/2019 - 10:50
Idioma Gallego

Premios convocados ao abeiro do convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música do 19 de xullo de 2019.
 

File:  Convenio Bases da convocatoria Adxudicación dos premiosTema: Premios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Convocado concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Xov, 21/11/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 13 de novembro de 2019 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles e comprenderá desde o día 22 de novembro de 2019 ao 13 de decembro de 2019, ambos os dous incluídos.
     

 

Servizo relacionado: CXTFile:  Orde do 13 de novembro de 2019 (DOG)Tema: Programas e plansConcurso de trasladosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución do VI Concurso de traballos por proxectos da convocatoria 2018/2019

Mér, 20/11/2019 - 13:43
Idioma Gallego

Segundo Resolución do 20 de novembro de 2019, publícase a relación de centros que resultan galardoados no VI Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, correspondente a traballos realizados durante o curso 2018/2019. En vista de que algunhas sub-modalidades ficaron desertas, seleccionáronse máis proxectos dos previstos nas modalidades con maior participación, tal e como se recolle na resolución da convocatoria deste certame. Os traballos seleccionados serán difundidos a través da web de Bibliotecas Escolares de Galicia.
 

Anuncio principal: VI Concurso de Traballo por Proxectos. Convocatoria 2018/2019Tema: Premios autonómicosPlan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Corrección de erros da listaxe das persoas investigadoras que van realizar una estadía de investigación de 3 meses no ano 2020 financiada ao abeiro da convocatoria de axudas predoutorais do ano 2019

Mér, 20/11/2019 - 11:16
Idioma Gallego

Advertido un erro na relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de 3 meses de duración de acordo co indicado no artigo 3 da Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG número 21, do 30 de xaneiro de 2019), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019, publicada o día 15 de novembro de 2019, procédese a corrixir este erro.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta


by Dr. Radut